DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 24 de outubro de 2023 Páx. 58557

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Pino

ANUNCIO de información pública do Acordo da Xunta de Goberno Local de aprobación inicial do Plan especial de infraestruturas e dotacións en solo rústico para equipamento de albergue asociado ao Camiño de Santiago e ao espazo natural que o rodea.

Logo de adoptar o Acordo da Xunta de Goberno Local do Concello do Pino, en sesión ordinaria que tivo lugar o 26 de setembro de 2023, de aprobación inicial do Plan especial de infraestruturas e dotacións en solo rústico para equipamento de albergue asociado ao Camiño de Santiago e ao espacio natural que o rodea.

De conformidade co disposto no artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e no artigo 186.1.a) do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro, sométese a información pública durante o prazo de dous meses, contados desde a última publicación no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, estará á disposición na sede electrónica deste concello: https://opino.sedelectronica.gal/info. Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera persoa interesada nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes ou obter copias.

De acordo co disposto no artigo 47.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e no artigo 86.2 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, suspéndese o procedemento de outorgamento de licenzas en todo o ámbito do Plan especial de infraestruturas e dotacións. Esta suspensión terá a mesma duración que a tramitación do expediente de aprobación do plan especial e, en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva deste plan.

Se transcorrido o devandito prazo non se presentaron alegacións, o documento será elevado para a súa aprobación definitiva, se procede.

O Pino, 2 de outubro de 2023

Manuel Taboada Vigo
Alcalde