DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 24 de outubro de 2023 Páx. 58513

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 3 de outubro de 2023 pola que se modifica a composición do tribunal cualificador das probas selectivas para cubrir oito prazas da categoría profesional de técnico superior de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións, grupo I, pola quenda de promoción interna.

Advertido erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 195, do 13 de outubro de 2023, procede realizar a seguinte corrección:

No título da resolución, onde di:

«RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2023 pola que se modifica a composición do tribunal cualificador das probas selectivas para cubrir oito prazas da categoría profesional de técnico superior de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións, grupo I, pola quenda de promoción interna».

Debe dicir:

«RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2023 pola que se modifica a composición do tribunal cualificador das probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico/a superior de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións, grupo I, pola quenda de acceso libre, vacante no cadro de persoal laboral».

No primeiro parágrafo, onde di:

«Mediante Resolución reitoral do 25 de abril de 2023, publicada no Diario Oficial de Galicia do 9 de maio de 2023, convócanse probas selectivas para cubrir oito prazas da categoría profesional de técnico superior de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións, grupo I, pola quenda de promoción interna, e mediante Resolución reitoral do 2 de xuño de 2023 (DOG do 14 de xuño) noméase o tribunal cualificador das ditas probas selectivas».

Debe dicir:

«Mediante a Resolución reitoral do 1 de decembro de 2021, publicada no Diario Oficial de Galicia do 17 de decembro de 2023, convócanse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico/a superior de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións, grupo I, pola quenda de acceso libre, vacante no cadro de persoal laboral. No anexo III da resolución noméase o tribunal».

No segundo parágrafo, onde di:

«Na base 5.5 da Resolución do 25 de abril disponse».

Debe dicir:

«Na base 5.5 da Resolución do 1 de decembro de 2021 disponse».