De conformidade coa proposta elevada polas comisións nomeadas para xulgar o concurso para a provisión de prazas dos corpos docentes universitarios, convocados mediante a Resolución desta universidade, do 5 de maio de 2023 (BOE do 17 de maio), e presentada polas persoas interesadas a documentación a que fai referencia a base novena da convocatoria.
Esta reitoría, en uso das atribucións conferidas polo artigo 50 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario (BOE do 23 de marzo), e o artigo 85 dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, aprobados polo Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro (DOG do 12 de febreiro), e demais disposicións concordantes, resolve efectuar o nomeamento das persoas que se relacionan no anexo.
Os citados nomeamentos producirán efectos a partir da correspondente toma de posesión polas persoas interesadas, que se deberá efectuar no prazo máximo de vinte (20) días contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o órgano que ditou o acto, sen que neste caso se poida interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, conforme o previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2023
Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
ANEXO
Nº concurso |
Nome |
Apelidos |
DNI |
Corpo docente |
Área de coñecemento |
Departamento |
Localidade |
Código |
51C/23 |
Óscar Javier |
Cordero Santamaría |
***6715** |
Catedráticas e catedráticos de universidade |
Bioquímica e Bioloxía Molecular |
Bioquímica e Bioloxía Molecular |
Santiago de Compostela |
A00728 |
65C/23 |
Beatriz Loreto |
Prieto Lamas |
***6711** |
Catedráticas e catedráticos de universidade |
Edafoloxía e Química Agrícola |
Edafoloxía e Química Agrícola |
Santiago de Compostela |
A00741 |
88C/23 |
Víctor Manuel |
Longa Martínez |
***7046** |
Catedráticas e catedráticos de universidade |
Lingüística Xeral |
Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral |
Santiago de Compostela |
A00764 |
92C/23 |
María Ángeles |
López Cabarcos |
***1341** |
Catedráticas e catedráticos de universidade |
Organización de Empresas |
Organización de Empresas e Comercialización |
Lugo |
A00768 |
93C/23 |
Adriana |
Gewerc Barujel |
***5729** |
Catedráticas e catedráticos de universidade |
Didáctica e Organización Escolar |
Pedagoxía e Didáctica |
Santiago de Compostela |
A00769 |