DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 24 de outubro de 2023 Páx. 58532

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada recuamento da LMT BAL705, BAL703 e BAL701 e substitución CTI Alvite por CTC, no concello de Vigo, do que resulta como beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2022/429-4).

A instalación denominada recuamento da LMT BAL705, BAL703 e BAL701 e substitución CTI Alvite por CTC foi declarada de utilidade pública mediante a Resolución do 19 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, e ten a condición de beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 26 de xaneiro de 2024, a partir das 11.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do Concello de Vigo.

As persoas interesadas recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, na cal se lles comunicará a data e a hora en que deberán presentarse nos seus predios. Nela informaráselles que poderán ir acompañadas por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, de acordo co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 2 de outubro de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Recuamento da LMT BAL705, BAL703 e BAL701
e substitución CTI Alvite por CTC

Referencia catastral

Lugar

Titular

Nº de apoio

m² solo

ml aéreo

ml sub.

m² aéreo

m² sub.

1

54057A091000620000AX

Pereiró

Comunidade de Bens Irmáns Iglesias Millares

1

1,44

7,67

20,67

2

54057A091000670000AZ

Pereiró

Ángel García Pérez

2

1,44

3

54057A091003170000AJ

Pereiró

Lucía Artos Alonso

4,01

3,34

4

54057A091003180000AE

Pereiró

Herdeiros Losada Artos

4,64

6,73

5

54057A091000690000AH

Pereiró

Descoñecido

3,31

6,67

6

54057A091000700000AZ

Pereiró

Descoñecido

8,95

25,68

7

54057A091000710000AU

Pereiró

Descoñecido

6,44

25,45

8

54057A091000720000AH

Pereiró

Descoñecido

11,05

57,25

9

54057A091000760000AY

Pereiró

Castor Álvarez Domínguez

3,99

25,04

10

54057A091000770000AG

Pereiró

Descoñecido

6,26

44

11

54057A091000800000AG

Gabariz

Descoñecido

5,85

47,25

12

54057A091000810000AQ

Campo de Abaixo

Descoñecido

3,71

32,66

13

54057A091000820000AP

Gabariz

Descoñecido

4,13

38,55

14

54057A091000860000AM

Gabariz

Descoñecido

4,49

41,93

15

54057A091000870000AO

Gabariz

Descoñecido

5,21

54,73

16

54057A091000880000AK

Gabariz

Descoñecido

3,17

37,05

17

54057A091000910000AK

Gabariz

Mª del Carmen Martínez Fernández

3

1,44

4,59

55,15

18

54057A091000920000AR

Gabariz

Descoñecido

3,82

40,55

19

54057A091000930000AD

Gabariz

Descoñecido

4,77

32,36

20

54057A091000950000AI

Gabariz

Descoñecido

3,29

6,64

21

54057A091001070000AG

Castro

Mª del Carmen Martínez Fenández

4

0,62

22

54057A091001060000AY

Gabariz

Mª del Carmen Martínez Fenández

4

0,59

23

54057A091002620000AU

Pousa

Antonio Castro Alonso

5

4,1

5,74

17,21

24

54057A090001240000AU

Carapoucha

Carmen González Alonso

CT

12,67

6,6

7,78

25

54057A090001260000AW

Paramos

Julio Vila Iglesias

CT

4,14

6,6

19,28