DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 24 de outubro de 2023 Páx. 58543

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2023 pola que se autoriza a permuta de puntos de ancoraxe entre os viveiros de cultivos mariños Lozano III e Balbina I.

Antecedentes:

1. Mediante escrito do 7 de setembro de 2023, Francisco Calvo Cerqueiro (***8468**) e Jesús Portela e Hijos, S.L. (B36064400) solicitaron permiso para a permuta de puntos de ancoraxe entre as bateas denominadas Lozano III e Balbina I.

2. Os interesados achegaron a documentación requirida para a tramitación deste tipo de procedementos.

3. No expediente constan os informes técnicos preceptivos.

Consideración legais e técnicas:

1. Este órgano é competente para resolver o expediente consonte a Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG núm. 243, do 15 de decembro), e coa Orde do 21 de febreiro de 2022 sobre delegación de competencias en diversos órganos de dirección da Consellería do Mar e na Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia (DOG núm. 41, do 1 de marzo).

2. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 228, do 21 de novembro) e na Orde do 18 de abril de 2001 pola que se regula o procedemento que rexerá a permuta de puntos de ancoraxe e os cambios de sistema, localización e cultivo nos viveiros de cultivos mariños (DOG núm. 83, do 30 de abril).

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Autorizar a Francisco Calvo Cerqueiro e a Jesús Portela e Hijos, S.L. a permuta dos puntos de ancoraxe e os artefactos das seguintes concesións:

Subtipo: batea.

Nome: Lozano III.

Especies: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Localización:

Cuadrícula nº: 29.

Polígono: G.

Distrito: Cangas (Pontevedra).

Titular: Francisco Calvo Cerqueiro (***8468**).

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Subtipo: batea.

Nome: Balbina I.

Especies: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Localización:

Cuadrícula nº: 31.

Polígono: C.

Distrito: Cangas (Pontevedra).

Titular: Jesús Portela e Hijos, S.L. (B36064400).

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. Como consecuencia da permuta, modifícase a localización dos títulos habilitantes, que quedan como se indica:

Subtipo: batea.

Nome: Lozano III.

Especies: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Localización:

Cuadrícula nº: 31.

Polígono: C.

Distrito: Cangas (Pontevedra).

Subtipo: batea.

Nome: Balbina I.

Especies: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Localización:

Cuadrícula nº: 29.

Polígono: G.

Distrito: Cangas (Pontevedra).

Segunda. As bateas afectadas deberán adaptarse ás condicións dos polígonos de destino.

Terceira. A permuta realizarase no prazo máximo de tres (3) meses, contados desde o día seguinte ao da publicación no DOG desta resolución. Rematado o prazo indicado para a realización da permuta sen que esta se levase a cabo, a autorización quedará sen efecto.

Cuarta. As bateas contarán coa pertinente autorización dos organismos competentes na materia para o traslado á nova localización.

Quinta. As datas de ancoraxe deberán ser comunicadas con antelación suficiente, mediante escrito dirixido á Xefatura Territorial da Consellería do Mar en Vigo, para os efectos de que se realicen baixo a supervisión e o control de persoal técnico do Servizo de Gardacostas de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante a persoa titular da Consellería do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 29 de setembro de 2023

O conselleiro do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
A xefa territorial de Vigo
Por suplencia (Resolución do 7.4.2022)
Carmen de Benito Caula
Xefa do Servizo de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica