DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 23 de outubro de 2023 Páx. 58240

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2023 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior das empresas galegas (Galicia Exporta Empresas e Galicia Exporta Organismos Intermedios), e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG622B).

O Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (en diante, Igape), na súa xuntanza do 27 de setembro de 2023 acordou, por unanimidade dos membros asistentes, aprobar as bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior das empresas galegas (Galicia Exporta Empresas e Galicia Exporta Organismos Intermedios), facultando á persoa titular da Dirección Xeral para a súa convocatoria para o exercicio 2023, a aprobación dos créditos e a publicación no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Publicar as bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior das empresas galegas (Galicia Exporta Empresas e Galicia Exporta Organismos Intermedios), e convocar para o ano 2023 as ditas axudas en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG622B).

Segundo. O prazo de presentación de solicitudes iniciarase o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e será dun mes contado desde as 8.00 horas do día de inicio do prazo e ata as 14.00 horas do día no que se cumpra o devandito prazo dun mes, agás que antes desa data se produza o suposto de esgotamento do crédito.

Terceiro. Os créditos dispoñibles para concesións nesta convocatoria aboaranse con cargo á seguinte aplicación orzamentaria e polo seguinte importe:

Liña

Código de proxecto

Partida orzamentaria

Ano 2023

Exporta empresas

2016 00021

05.A1.741A.7708

2.500.000 euros

Organismos intermedios

2016 00011

05.A1.741A.7814

600.000 euros

Esta convocatoria está financiada con fondos propios da Comunidade Autónoma de Galicia.

A persoa titular da Dirección Xeral do Igape poderá ampliar os créditos, logo da declaración da súa dispoñibilidade, como consecuencia das circunstancias establecidas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, mediante resolución publicada para o efecto.

Cuarto. Prazos de duración do procedemento, de execución do proxecto e para solicitar o cobramento:

O prazo máximo para resolver e notificar a resolución será de tres meses desde a publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, transcorrido o cal se poderá entender desestimada por silencio administrativo a solicitude de concesión de axuda.

O prazo de execución dos proxectos iniciarase o 1 de xaneiro de 2023 e rematará na data establecida na resolución de concesión, sen que poida exceder do 15 de decembro de 2023. Esta data é a última admisible de facturación. Dentro deste prazo de execución deberase presentar a solicitude de cobramento.

Quinto. De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia. A cesión de datos de carácter persoal que debe efectuarse á Intervención Xeral da Administración do Estado para os efectos de publicar as subvencións concedidas na Base de datos nacional de subvencións, non requirirá o consentimento do beneficiario.

Sexto. Os requisitos das letras c), e), f), h), i), k), l), m) e n) do artigo 20.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, Lei 9/2007) indícanse nas bases anexas a esta resolución.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2023

Covadonga Toca Carús
Directora do Instituto Galego de Promoción Económica

anexo

Bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior das empresas galegas (Galicia Exporta Empresas e Galicia Exporta Organismos Intermedios 2023)

A internacionalización, como resultado exitoso do impulso colectivo das empresas da nosa rexión, especialmente para as pemes, supón a confirmación do valor engadido do seu modelo de negocio e, polo tanto, é una fonte de mellora continua da competitividade. Ademais, a internacionalización é expoñente e dinamizadora dos atributos ligados á marca Galicia Calidade.

A internacionalización achega ás empresas a posibilidade de aumentar o seu tamaño e acadar maiores economías de escala, acceder a recursos inaccesibles ou caros no seu mercado de orixe, conseguindo economías de localización, mellorar a notoriedade e a diferenciación dos seus produtos e marcas, entrar en contacto con consumidores máis exixentes e competidores máis eficientes que estimulan a súa innovación e desenvolvemento tecnolóxico e, en definitiva, mellorar a súa eficiencia económica e capacidade competitiva en liña coa estratexia galega de especialización intelixente (RIS3).

A internacionalización do tecido empresarial galego foi e seguirá sendo un dos eixes prioritarios de actuación dentro da política económica da Xunta de Galicia de cara a mellorar a súa competitividade e acadar o crecemento económico. O Goberno galego aposta pola internacionalización das empresas galegas, mediante un modelo facilitador de información, servizos directos nos principais mercados internacionais, financiamento ás empresas para a súa entrada neles, formación e especialización de recursos humanos.

Unha aposta que se plasma na Estratexia da Xunta de Galicia de internacionalización da empresa galega 2021-2025, que inclúe entre os seus obxectivos o de lograr un significativo aumento na cantidade, na calidade e no impacto efectivo das exportacións da empresa galega. Aumento do número de empresas da base exportadora, procura e apertura de novos mercados, apoio na ampliación de cota de mercados con menor presencia e maior potencial de crecemento futuro, e, consolidación de cota nos mercados maduros. En definitiva, esta estratexia persegue unha fase de consolidación dos distintos esforzos e accións emprendidas ao longo dos últimos anos para estimular, fortalecer, expandir e consolidar a internacionalización das pemes galegas e os seus produtos e servizos.

En concreto, estas bases encaixan nos obxectivos dos seguintes eixes da Estratexia de internacionalización da empresa galega 2021-2025:

a) Eixe 3. Acompañamento e dotación de medios. Obxectivo: maior presenza internacional; diversificación de mercados, pero, sobre todo, zonas xeográficas.

A Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Instituto Galego de Promoción Económica, establece no seu artigo 4 como funcións do Igape, entre outras, proporcionar información sobre os mercados e favorecer o desenvolvemento das exportacións e acordos con empresas estranxeiras.

O obxectivo destas bases é facilitar a internacionalización da empresa galega non exportadora ou con escasa internacionalización e apoiar empresas internacionalizadas para que non só non perdan a súa presenza nos mercados exteriores, senón que a incrementen, poñendo ao seu alcance axudas financeiras que apoien a súa presenza exterior, ampliando o número de países e a diversificación dos sectores internacionalizados. Así mesmo, considérase adecuado o apoio ás pemes galegas que, operando en Galicia, pretendan a captación de clientes estranxeiros, incluíndo, polo tanto, as empresas inmersas en procesos de internacionalización inversa como posibles beneficiarios.

Esta liña de axuda compleméntase coas liñas de axuda de Foexga, Sinerxía, Galicia Exporta Dixital e cos servizos do Igape á internacionalización.

A convocatoria desta liña de axudas será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia mediante resolución da directora xeral do Igape. A convocatoria incluirá o procedemento de tramitación, o prazo de presentación de solicitudes e os créditos asignados.

Artigo 1. Obxecto e finalidade

1. Estas axudas teñen como obxecto incentivar a realización de accións de promoción exterior xeradoras de vantaxes competitivas que incidan na proxección e posicionamento das empresas galegas nos mercados internacionais.

Así mesmo, preténdese incentivar a posta en marcha de plans de internacionalización mediante a realización de accións de promoción no exterior de modo conxunto favorecendo a cooperación empresarial e o aproveitamento de sinerxías entre varias empresas.

2. Establécense dúas liñas de axudas:

Galicia Exporta Empresas, dirixida ás pemes galegas.

Galicia Exporta Organismos Intermedios, dirixida a organismos intermedios empresariais de Galicia.

3. Estas dúas liñas de axudas son incompatibles entre si.

Artigo 2. Procedemento e réxime de aplicación

1. O procedemento de concesión destas subvencións tramitárase en réxime de concorrencia non competitiva.

As solicitudes resolveranse atendendo á súa prelación temporal ata o esgotamento do crédito, do cal se dará a correspondente publicidade.

Para os efectos da determinación da prelación temporal, a data para ter en conta será a data e hora de presentación da solicitude. No caso de presentación de achegas ou de que a solicitude requira emenda, terase en conta a data e a hora en que a persoa solicitante presente correctamente toda a documentación e a información requirida. No caso de que máis dunha solicitude teña a mesma data de presentación, prevalecerá a solicitude cuxa data e hora de presentación fose anterior segundo conste no Rexistro Electrónico Xeral e, en último caso, prevalecerá aquela á cal o sistema lle asignase automaticamente o número de entrada máis baixo.

As subvencións serán concedidas ata o esgotamento do crédito orzamentario de acordo co establecido no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A proposta de concesión formularaa o órgano instrutor, que unicamente deberá comprobar a concorrencia dos requisitos exixidos para conceder a subvención. Xustifícase a excepcionalidade porque nestes casos non é necesaria a comparación das solicitudes entre si, polo interese excepcional en promover actuacións que favorezan a internacionalización das pemes galegas.

2. Non se poderán outorgar subvencións por contía superior á que se determine na presente convocatoria, salvo que se realice unha nova convocatoria, ou se produza un incremento de créditos derivados dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito; ou da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo, ao abeiro do disposto no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. As axudas recollidas nesta base incardínanse no réxime de axudas de minimis establecido no Regulamento (UE) nº 1407/2013, da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L 352/1, do 24 de decembro); no Regulamento (CE) nº 717/2014, da Comisión, do 27 de xuño, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da UE ás axudas de minimis no sector da pesca e da acuicultura (DOUE L 190, do 28 de xuño), e no Regulamento 1408/2013, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola (DOUE L 352, do 24 de decembro), modificado polo Regulamento (UE) nº 2019/316 da Comisión do 21 de febreiro de 2019 (DOUE L 51, do 22 de febreiro).

4. As subvencións previstas nestas bases estarán financiadas con fondos propios da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 3. Concorrencia con outras axudas ou subvencións públicas

Estas axudas son compatibles con outras axudas ou subvencións, ingresos ou apoios para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais públicos ou privados sempre que a contía das axudas acumuladas non supere o 100 % do gasto subvencionable ou a intensidade máxima da axuda prevista para a outra subvención.

Ao estar este réxime de axudas suxeito ao réxime de minimis, deberase garantir que de recibir o beneficiario outras axudas baixo o réxime de minimis non se supera o límite de 200.000 euros nun período de tres exercicios fiscais. Para as empresas do sector transporte de mercadorías por estrada este límite redúcese a 100.000 euros. Para as empresas do sector da pesca as axudas de minimis totais que se concedan a unha mesma empresa non poderán superar 30.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais. Para as empresas do sector agrícola o límite de minimis redúcese a 20.000 euros durante calquera período de tres exercicios.

A obtención doutras axudas ou subvencións deberá comunicarse ao Instituto Galego de Promoción Económica tan axiña como se coñeza e, en todo caso, no momento en que se presente a documentación xustificativa do proxecto realizado. En todo caso, antes de conceder e pagar a axuda, requirirase do solicitante unha declaración sobre calquera outra axuda pública ou privada recibida e/ou solicitada para o mesmo proxecto e/ou para os mesmos conceptos para os que solicita esta subvención e sobre calquera outra axuda de minimis recibida e/ou solicitada durante os dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en curso. O incumprimento do disposto neste artigo considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar a un procedemento de reintegro.

Artigo 4. Persoas beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias da Liña Galicia Exporta Empresas:

As empresas, incluídos os autónomos, que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que cumpran coa definición de peme segundo o anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado común en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (Regulamento xeral de exención por categorías).

b) Que teñan algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia, e que conten no devandito centro con polo menos un traballador por conta allea, na data de publicación no DOG destas bases de axudas. Este último requisito non é aplicable ás empresas constituídas con menos de 42 meses de antigüidade na data de publicación das bases de axudas.

c) Que estean dadas de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización con informe positivo emitido a partir do 1 de xaneiro de 2013. A solicitude de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización deberá facerse antes do final do prazo de presentación de solicitudes de axuda a través do procedemento do Igape IG192.

d) Que estean ao día nas súas obrigas coa Facenda Pública estatal, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social.

2. Poderán ser beneficiarias da liña Galicia Exporta Organismos Intermedios:

a) Os organismos intermedios empresariais de Galicia.

Este concepto inclúe as asociacións empresariais, confederacións empresariais (domiciliadas en Galicia), os consellos reguladores de denominacións de orixe protexidas, de indicacións xeográficas protexidas e de agricultura ecolóxica, clústeres empresariais (con personalidade xurídica propia, sen ánimo de lucro e domiciliados en Galicia), que representen un colectivo de empresas galegas, así coma os centros tecnolóxicos e centros de apoio á innovación tecnolóxica domiciliados en Galicia e que estean inscritos con anterioridade ao 31.12.2016 no rexistro establecido para o efecto polo Ministerio de Ciencia e Innovación (Real decreto 2093/2008, do 19 de decembro, polo que se regulan os centros tecnolóxicos e os centros de apoio á innovación tecnolóxica de ámbito estatal e se crea o rexistro de tales centros, BOE núm. 20, do 23 de xaneiro de 2009).

Enténdese por clúster empresarial para os efectos destas bases, as agrupacións empresariais innovadoras que colaboren e desenvolvan plans de internacionalización en cooperación no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e que teñan creada unha entidade con personalidade xurídica propia e sen ánimo de lucro, que xestione a agrupación clúster.

Consideraranse, así mesmo, beneficiarias as empresas –que cumpran a definición de peme segundo o anexo I do Regulamento nº 651/2014 da Comisión e que teñan algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia– que participen directamente nas accións subvencionadas e ás cales se lles imputará a axuda de minimis que lles corresponda segundo o gasto subvencionado. Cada peme participante deberá declarar o cumprimento dos requisitos de peme e as axudas de minimis solicitadas e/ou concedidas nos últimos tres exercicios fiscais.

3. Non poderán ter a condición de persoas beneficiarias:

a) As empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.

b) As empresas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, ou incumpran as obrigas do artigo 11 da citada lei.

c) As agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade (agás empresarios autónomos), que careza de personalidade xurídica propia, aínda que realice actividade empresarial.

d) As empresas que incumpran os prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, para subvencións de importe superior a 30.000 euros, cando os solicitantes sexan unicamente suxeitos incluídos no ámbito de aplicación da citada Lei 3/2004.

Esta circunstancia acreditarase por parte das sociedades que, de acordo coa normativa contable, poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, de conformidade co previsto no artigo 26 do Regulamento desta lei.

Para as sociedades que, de acordo coa normativa contable, non poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada establécese a necesidade de acreditar o cumprimento dos prazos legais de pagamento mediante certificación, emitida por auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, que atenderá ao prazo efectivo dos pagamentos da empresa cliente con independencia de calquera financiamento para a cobranza anticipada da empresa provedora.

As persoas solicitantes da axuda cubrirán no formulario electrónico de solicitude unha declaración responsable de non atoparse en ningunha situación que as exclúa de ser beneficiarias conforme a este artigo.

Artigo 5. Proxectos obxecto de apoio e condicións dos conceptos subvencionables

1. Liña Galicia Exporta Empresas.

Serán subvencionables aqueles gastos que correspondan de xeito indubidable á natureza da actuación subvencionada e resulten estritamente necesarios para o desenvolvemento do plan para o cal foron concibidos.

O gasto mínimo subvencionable do proxecto terá que alcanzar a cantidade de 3.200 euros (IVE excluído).

Os proxectos obxecto de apoio recollerán unha ou varias das seguintes actuacións/accións:

Accións de difusión.

a).1. Campañas de publicidade en prensa, revistas, radio, ou televisión, sempre que a súa difusión se realice no estranxeiro.

Gastos subvencionables:

Só se subvencionarán os gastos de compra de espazos publicitarios e insercións nos medios citados anteriormente.

Non se subvencionarán gastos de deseño e elaboración dos anuncios, gastos de axencia nin outros semellantes, agás os indicados neste punto. As campañas deberán ser realizadas dentro do prazo de execución do proxecto.

Os importes dos incentivos calculáronse tomando como referencia o importe máximo de gasto subvencionable da convocatoria de axudas do ano 2022, nas accións de «campañas publicitarias no estranxeiro», e/ou as accións de «elaboración de material promocional para difusión no estranxeiro», para as que se establecía un límite máximo global de 20.000 euros para distribuír indiferentemente entre as ditas accións. Partindo deste dato histórico, na convocatoria actual, para as accións de «campañas publicitarias» establécense tres tramos de gasto subvencionable, aos cales se lle aplicou unha porcentaxe do 75 %, obtendo tres importes globais que se toman como importes de incentivos, segundo o establecido na táboa do artigo 6.1.a).1.

a).2. Elaboración de catálogos físicos e dixitais para a súa difusión en mercados estranxeiros.

Gastos subvencionables:

Gastos de deseño, elaboración, edición, montaxe, produción, tradución e impresión de catálogos en formato papel e dixital para difusión en mercados estranxeiros.

Quedan excluídos deste punto os carteis, listas de prezos, manuais de instrucións, flyers, displays, roll up, ou outros elementos de similares características.

As accións de difusión recollidas no punto a).2 só poderán ser subvencionadas cando estean vinculadas á execución, polo menos, dunha das accións recollidas no artigo 5.1.b).

Os importes dos incentivos calculáronse tomando como referencia o importe máximo de gasto subvencionable da convocatoria de axudas do ano 2022, nas accións de «campañas publicitarias no estranxeiro», e/ou as accións de «elaboración de material promocional para difusión no estranxeiro», en que se establecía un límite máximo global de 20.000 euros para distribuír indiferentemente entre as ditas accións. Partindo deste dato, na convocatoria actual para as accións de «elaboración de catálogos físicos e dixitais para o estranxeiro» establécense cinco tramos de gasto subvencionable, ao cales se lle aplicou unha porcentaxe do 75 %, obtendo cinco importes globais que se toman como importes de incentivos, segundo o establecido na táboa do artigo 6.1.a).2.

b) Accións de promoción.

b).1. Nesta epígrafe inclúense:

– A participación como expositor en feiras comerciais de carácter internacional organizadas por terceiros, que se celebran no estranxeiro, así como as que teñen lugar en España sempre que estean incluídas no Calendario Oficial de Feiras Comerciais Internacionais aprobado pola Secretaría de Estado de Comercio do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo para os ano 2023 publicadas no Boletín Oficial del Estado.

– A participación como expositor noutros eventos expositivos de carácter internacional e de duración limitada, organizados no estranxeiro por terceiros non vinculados á empresa solicitante nin empresarial nin comercialmente. Quedan incluídos nesta definición actuacións tales como: xornadas técnicas e demostracións, desfiles, participación en concursos ou certames, catas, degustacións, e outras de similar natureza. A presenza como expositor obedecerá a un obxectivo comercial preestablecido ou responderá a unha oportunidade de negocio previamente identificada, relacionadas directamente cos bens ou servizos que produce ou presta o beneficiario.

Non son subvencionables as visitas ás feiras ou aos eventos expositivos.

Gastos subvencionables:

1º. Gastos de viaxe ao destino de celebración da feira ou evento expositivo.

Só son subvencionables os gastos de viaxe correspondentes a billetes de avión, tren e/ou autobús, taxas, seguros de viaxe e comisión da axencia de viaxe.

2º. Aloxamento en destino final, en réxime de aloxamento e almorzo, na cidade de celebración da feira ou evento expositivo ou nos seu arredores.

3º. Gastos de alugamento de espazos e/ou stand, e servizos relacionados coa participación na feira ou evento, por exemplo: dereitos de inscrición, montaxe e desmonte de stand, alugamento de mobiliario e equipamento, alugamento de equipos audiovisuais, participación en actividades paralelas organizadas no marco da feira; contratación de intérpretes, modelos ou de persoal de apoio.

Para ser elixibles, estes servizos deben estar facturados polo organizador da feira ou evento expositivo, ou polas súas empresas provedoras ou colaboradoras. Exceptúanse os gastos de montaxe e desmonte de stand, que poderán ser facturados directamente por unha empresa provedora independente.

Nestes gastos aplícase o método de custos simplificados baseado en sumas a tanto alzado.

Os importes dos incentivos establecidos como sumas a tanto alzado calculáronse mediante un método xusto, equitativo e verificable, tomando como referencia os datos contables históricos facilitados polos beneficiarios relativos aos costes subvencionables pola participación en feiras ou outros eventos expositivos, correspondentes aos expedientes que recibiron subvención nas convocatorias de axudas dos anos 2017, 2018 e 2019. A estes importes incrementóuselles o índice de prezos ao consumo (IPC) correspondente á variación do IPC medio desde febreiro do ano 2022 a agosto do ano 2023 (8,4 %).

Ademais, para os efectos de implementar o disposto na Estratexia de internacionalización de Galicia 2021-2025 resultan de aplicación os índices correctores á suma a tanto alzado fixada (10.436,37 euros), en función das diferentes áreas xeográficas de actuación indicadas na táboa do artigo 6.1.b).1 das bases reguladoras.

b).2. Visitas promocionais á sede da empresa en Galicia: inclúe visitas presenciais de clientes, compradores, importadores, distribuidores, medios de comunicación ou outro tipo de prescriptores con sede no estranxeiro, co obxecto de dar a coñecer ao exterior as posibilidades da empresa e os seus produtos e/ou para sondar posibles fórmulas de cooperación internacional. As viaxes poderán realizarse tanto ás instalacións da empresa en Galicia, como ao lugar de emprazamento en Galicia dun proxecto que a empresa solicitante teña realizado ou estea realizando e que queira mostrar como modelo a clientes potenciais. Tamén poderán incluírse visitas a puntos estratéxicos en Galicia para a exportación da empresa (portos, aeroportos, centros loxísticos, organismos públicos, etc.).

Neste tipo de accións exíxese un mínimo de 2 empresas/prescriptores visitantes.

Gastos subvencionables:

1º. Gastos da viaxe a Galicia das persoas das empresas/prescriptores visitantes, correspondentes a avión, tren e/ou autobús, taxas de visado, seguros de viaxe e comisión da axencia de viaxe.

2º. Gastos de aloxamento en Galicia das persoas das empresas/prescriptores visitantes.

3º. Gastos de desprazamentos en Galicia mediante servizo contratado: autobús, minibús, taxi ou vehículo con condutor.

4º. Gastos de intérpretes.

Os importes dos incentivos calculáronse tomando como referencia os datos da convocatoria 2022 correspondentes ao importe medio de gastos solicitados nas accións do tipo «visitas á sede da empresa en Galicia», aos cales se lles aplicou unha porcentaxe do 70 % que se tomou como importe de incentivo para a convocatoria actual. A este importe de incentivo resultante aplicáronselle índices correctores en función da área xeográfica de actuación, segundo o establecido na táboa correspondente do artigo 6.1.b).2.

No caso de que a visita estea formada por empresas/prescriptores procedentes de varios países, o importe calcularase utilizando os límites da área xeográfica da que procedan a súa maior parte. No caso de que coincida o número de empresas provenientes de varias zonas, tomarase o límite da área xeográfica con maior importe de incentivo.

Só se poderá presentar e aprobar unha solicitude por persoa beneficiaria, na cal se poderán incluír varias accións das mencionadas nas letras a) e b) do punto 1 deste artigo. No caso de presentar máis dunha solicitude entenderase implícita a desistencia ou renuncia da anterior.

2. Liña Galicia Exporta Organismos Intermedios:

Serán subvencionables aqueles gastos que correspondan de xeito indubidable á natureza da actuación subvencionada e resulten estritamente necesarios para o desenvolvemento do plan para o cal foron concibidos.

O gasto mínimo subvencionable do proxecto terá que alcanzar a cantidade de 3.000 euros (IVE excluído).

Existen dúas modalidades de participación nas accións:

Acción sectorial: acción promovida e desenvolta polo organismo intermedio representando a todo o sector ou a todas as empresas asociadas ao dito organismo.

No caso de organismo multisectorial, a acción deberá representar polo menos a dúas empresas galegas do mesmo sector ou sectores complementarios con similares intereses en determinados mercados.

Acción grupal: acción promovida polo organismo intermedio pero realizada directamente polas pemes. Deberán participar ao menos dúas empresas asociadas ao organismo. O organismo pode acompañar ás ditas empresas, nese caso, os gastos en que incorra o persoal deste imputaranse ás pemes participantes na acción. O número máximo de empresas participantes nunha acción grupal será 20, independentemente de que o organismo acompañe a estas.

Os proxectos obxecto de apoio recollerán unha ou varias das seguintes actuacións/accións:

a) Accións de difusión.

a).1. Campañas conxuntas de publicidade en prensa, revistas, radio, televisión, internet, ou outros medios, incluídos os dixitais, sempre que a súa difusión se realice no estranxeiro.

Nestes gastos aplícase o método de custos simplificados baseado en sumas a tanto alzado.

Os importes dos incentivos establecidos como sumas a tanto alzado calculáronse mediante un método xusto, equitativo e verificable, tomando como referencia os datos contables históricos facilitados polos beneficiarios relativos aos costes subvencionables pola realización de campañas conxuntas de publicidade, correspondentes aos expedientes que recibiron subvención nas convocatorias de axudas dos anos 2017, 2018 e 2019. A estes importes incrementóuselles o índice de prezos ao consumo (IPC) correspondente á variación do IPC medio desde febreiro do ano 2022 a agosto do ano 2023 (8,4 %).

Gastos subvencionables:

Só se subvencionarán os gastos de compra de espazos publicitarios e insercións nos medios citados anteriormente, así como os gastos correspondentes a campañas de posicionamento dixital.

As campañas deberán ser realizadas dentro do prazo de execución do proxecto. Admítese unicamente unha acción deste tipo por solicitude, que poderá englobar diferentes campañas para mercados diferenciados.

a).2. Elaboración de material promocional conxunto.

Nestes custos aplícase o método de custos simplificados baseado en sumas a tanto alzado. Os importes dos incentivos establecidos calculáronse mediante un método xusto, equitativo e verificable, tomando como referencia os datos contables históricos facilitados polos beneficiarios relativos aos costes subvencionables pola elaboración de material promocional conxunto, correspondentes aos expedientes que recibiron subvención nas convocatorias de axudas dos anos 2017, 2018 e 2019. A estes importes incrementóuselles a variación do índice de prezos ao consumo (IPC) entre o mes de febreiro de 2022 e o mes de agosto do ano 2023 (8,4 %).

Gastos subvencionables:

Gastos de asistencia externa en orixe ou destino para o deseño, elaboración, edición, montaxe, produción, tradución e impresión do material promocional.

Quedan excluídos deste punto os carteis, listas de prezos, manuais de instrucións, flyers, displays, roll up, ou outros elementos de similares características.

Admítese unicamente unha acción deste tipo por solicitude, que poderá englobar diferente material promocional para mercados diferenciados.

b) Accións de promoción.

b).1. Nesta epígrafe inclúense:

– A participación como expositor en feiras comerciais de carácter internacional organizadas por terceiros que se celebran no estranxeiro, así como as que teñen lugar en España sempre que estean incluídas no Calendario Oficial de Feiras Comerciais Internacionais aprobado pola Secretaría de Estado de Comercio do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo para o ano 2023 publicadas no Boletín Oficial del Estado.

– A participación como expositor noutros eventos expositivos de carácter internacional organizados no estranxeiro por terceiros non vinculados ao organismo nin ás empresas solicitantes nin empresarial nin comercialmente. Quedan incluídos nesta definición actuacións tales como: xornadas técnicas e demostracións, desfiles, participación en concursos ou certames, catas, degustacións, e outras de similar natureza.

Nestes custos aplícase o método de custos simplificados baseado en sumas a tanto alzado. Os importes dos incentivos establecidos como sumas a tanto alzado calculáronse mediante un método xusto, equitativo e verificable, tomando como referencia os datos contables históricos facilitados polos beneficiarios relativos aos custos subvencionables pola participación en feiras ou outros eventos expositivos, correspondentes aos expedientes que recibiron subvención nas convocatorias de axudas dos anos 2017, 2018 e 2019. A estes importes incrementóuselles a variación do índice de prezos ao consumo (IPC) entre o mes de febreiro de 2022 e o mes de agosto do ano 2023 (8,4 %). Ademais, para os efectos de implementar o disposto na Estratexia de internacionalización de Galicia 2021-2025 resultan de aplicación os índices correctores á suma a tanto alzado fixada (5.634,77 euros), en función das diferentes áreas xeográficas de actuación indicadas na táboa do artigo 6.2.b).1 das bases reguladoras.

Gastos subvencionables:

1º. Gastos de viaxe ao destino de celebración da feira ou evento expositivo ou da misión comercial.

Só son subvencionables os gastos de viaxe correspondentes a billetes de avión, tren e/ou autobús, taxas, seguros de viaxe e comisión da axencia de viaxe.

2º. Aloxamento en destino final, en réxime de aloxamento e almorzo, na cidade de celebración da feira ou evento expositivo ou da misión comercial, ou nos seus arredores.

3º. Gastos de alugamento de espazos e/ou stand, e servizos relacionados coa participación na feira ou evento, por exemplo: dereitos de inscrición, montaxe e desmonte de stand, alugamento de mobiliario e equipamento, alugamento de equipos audiovisuais, participación en actividades paralelas organizadas no marco da feira; contratación de intérpretes, modelos ou de persoal de apoio.

Para ser elixibles, estes servizos deben estar facturados polo organizador da feira ou evento expositivo, ou polas súas empresas provedoras ou colaboradoras. Exceptúanse os gastos de montaxe e desmonte de stand, que poderán ser facturados directamente por unha empresa provedora independente.

– A participación en misións comerciais: inclúense tanto misións directas que se desenvolven por medio de visitas e encontros programados con empresas demandantes de bens e servizos, como as visitas conxuntas a feiras ou a outros eventos expositivos con carácter internacional.

Nestes custos aplícase o método de custos simplificados baseado en sumas a tanto alzado. Os importes dos incentivos establecidos como sumas a tanto alzado calculáronse mediante un método xusto, equitativo e verificable, tomando como referencia os datos contables históricos facilitados polos beneficiarios relativos aos costes subvencionables pola participación en feiras ou outros eventos expositivos, correspondentes aos expedientes que recibiron subvención nas convocatorias de axudas dos anos 2017, 2018 e 2019. A estes importes incrementóuselles a variación do índice de prezos ao consumo (IPC) entre o mes de febreiro de 2022 e o mes de agosto do ano 2023 (8,4 %). Ademais, para os efectos de implementar o disposto na Estratexia de internacionalización de Galicia 2021-2025 resultan de aplicación os índices correctores á suma a tanto alzado fixada (1.040,43 euros), en función das diferentes áreas xeográficas de actuación indicadas na táboa do artigo 6.2.b).1 das bases reguladoras.

Gastos subvencionables:

1º. Gastos de viaxe ao destino de celebración da feira ou evento expositivo ou da misión comercial.

Só son subvencionables os gastos de viaxe correspondentes a billetes de avión, tren e/ou autobús, taxas, seguros de viaxe e comisión da axencia de viaxe.

2º. Aloxamento en destino final, en réxime de aloxamento e almorzo, na cidade de celebración da feira ou evento expositivo ou da misión comercial, ou nos seus arredores.

b).2. Misións empresariais inversas: as misións comerciais que reúnen a clientes, compradores, importadores, distribuidores, medios de comunicación ou outro tipo de prescriptores con sede no estranxeiro, co fin de dar a coñecer o organismo intermedio e/ou varias das empresas asociadas ou representadas, e as súas instalacións, presentar os produtos galegos con posibilidades de ser exportados ao mercado de interese e establecer relacións comerciais e/ou sondar posibles fórmulas de cooperación.

As viaxes poderán realizarse tanto ás instalacións do organismo intermedio e/ou das empresas na Comunidade Autónoma de Galicia, como ao lugar/es de localización do/dos proxecto/s que o organismo solicitante e/ou varias das empresas asociadas realizase/n ou estea/n a realizar e que queira/n mostrar como modelo/s a clientes potenciais. Tamén poderán incluírse visitas a puntos estratéxicos en Galicia para a exportación (portos, aeroportos, centros loxísticos, organismos públicos, etc.).

Neste tipo de accións exíxese un mínimo de tres empresas/prescriptores visitantes.

Nestes custos aplícase o método de custos simplificados baseado en sumas a tanto alzado. Os importes dos incentivos establecidos como sumas a tanto alzado calculáronse mediante un método xusto, equitativo e verificable, tomando como referencia os datos contables históricos facilitados polos beneficiarios relativos aos custos subvencionables pola participación en misións inversas, correspondentes aos expedientes que recibiron subvención nas convocatorias de axudas dos anos 2017, 2018 e 2019. A estes importes incrementóuselles a variación do índice de prezos ao consumo (IPC) entre o mes de febreiro de 2022 e o mes de agosto do ano 2023 (8,4 %). Ademais, para os efectos de implementar o disposto na Estratexia de internacionalización de Galicia 2021-2025 resultan de aplicación os índices correctores á suma a tanto alzado fixada (6.918,65 euros), en función das diferentes áreas xeográficas de actuación indicadas na táboa do artigo 6.2.b).2 das bases reguladoras.

Gastos subvencionables:

1º. Gastos da viaxe a Galicia das persoas das empresas/prescriptores visitantes, correspondentes a avión, tren e/ou autobús, taxas de visado, seguros de viaxe e comisión da axencia de viaxe.

2º. Gastos de aloxamento en Galicia das persoas das empresas/prescriptores visitantes.

3º. Gastos de desprazamentos en Galicia mediante servizo contratado: autobús, minibús, taxi ou vehículo con condutor.

4º. Gastos de alugamento de salóns e espazos.

5º. Gastos de intérpretes.

Non se entenderán incluídas como accións de promoción:

– As feiras ou eventos expositivos, de tipo virtual.

– Os mercados de época, os mercados festivos e os mercados artesáns.

– Aqueles espazos expositivos ou promocionais que se utilicen como puntos de venta.

– As xiras, festivais, concertos e outros eventos de similar natureza.

3. Quedan expresamente excluídos do ámbito de aplicación destas bases os seguintes conceptos:

a) Os custos de mailings.

b) Os convites.

c) Os custos de elaboración e posicionamento de páxinas web e redes sociais.

d) Os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación.

e) Folletos, material de papelería, tarxetas, sobres, carpetas, listas de prezos e calquera outro material que non estea dirixido estritamente a fins promocionais.

f) Produtos de merchandising e outros agasallos promocionais.

g) O alugamento de espazos expositivos ou promocionais que se utilicen como puntos de venda directa.

h) Aqueloutros que non estean directamente vinculados coa realización da acción subvencionable.

4. So sé poderá presentar e aprobar unha solicitude por beneficiario e liña, na cal se poderán incluír varias accións das mencionadas. No caso de presentar máis dunha solicitude, entenderase implícita a desistencia ou renuncia da anterior.

5. Os gastos subvencionables serán os realizados pola empresa ou organismo solicitante dentro do prazo de execución e facturados entre o día 1 de xaneiro de 2023 e o 15 de decembro de 2023.

6. A solicitude de axuda poderá incluír accións integramente executadas con anterioridade á súa presentación. Neste caso, xunto coa solicitude achegarase a documentación xustificativa do cumprimento das condicións impostas relacionadas no artigo 17 destas bases. Se a documentación estivese completa, o órgano instrutor resolverá a concesión da axuda, e procederá ao pagamento ao número de conta, con inclusión do IBAN, indicado na solicitude.

Se a solicitude de axuda inclúe accións que se deban executar con posterioridade á data de solicitude, non se poderán incluír accións posteriores ao 15 de decembro de 2023 (data de facturación).

7. Os provedores teñen que ser independentes, non poderán estar asociados nin vinculados entre si nin coa entidade solicitante nin cos seus órganos directivos ou xestores, entendéndose que existe vinculación se se dan as circunstancias previstas no artigo 27.7 da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia e o artigo 43.2 do decreto que desenvolve a citada lei; así mesmo, tomarase en consideración a definición de empresas asociadas ou de empresas vinculadas establecida nos puntos 2 e 3, respectivamente, do artigo 3 do anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.

Non serán admisibles as facturas emitidas por provedores que non teñan a capacidade para a subministración do servizo atendendo ao seu obxecto social e/ou alta en actividade económica compatible cos servizos prestados.

Excepcionalmente, poderase autorizar a contratación con provedores vinculados, con carácter previo á concesión, cando se xustifique a necesidade por parte da persoa solicitante e se acredite que a contratación atende a prezos de mercado.

8. Cando o importe do tipo de gasto subvencionable supere as contías establecidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, para o contrato menor (importe igual ou superior a 15.000 euros no caso de prestación do servizo ou adquisición do ben, no momento de publicar estas bases), a persoa beneficiaria deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á contratación da execución da obra, da prestación do servizo ou da adquisición do ben, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de provedores que as realicen, presten ou subministren, ou salvo que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude de subvención.

As tres ofertas ou orzamentos de provedores deberán reunir, como mínimo, os seguintes requisitos:

a) Comparabilidade: deberán referirse á mesma tipoloxía de elemento obxecto de investimento, con prestacións similares e conter conceptos análogos e comparables e co detalle suficiente para a súa comparación.

b) Non vinculación: os provedores das tres ofertas non poderán ser vinculados entre si nin coa empresa solicitante. Para estes efectos, enténdese que existe vinculación se se dan as circunstancias previstas no artigo 27.7 da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia e o artigo 43.2 do decreto que desenvolve a citada lei; así mesmo, tomarase en consideración a definición de empresas asociadas ou de empresas vinculadas establecida nos puntos 2 e 3, respectivamente, do artigo 3 do anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.

c) Identificación do ofertante e do destinatario: deberán conter a razón social, o domicilio e o número ou código de identificación fiscal. Excepcionalmente, poderán admitirse ofertas ou orzamentos en que se omita algún dos elementos identificativos do emisor ou do destinatario cando, ao criterio dos servizos técnicos do Igape, se considere que están clara e inequivocamente identificados o ofertante e o destinatario.

d) Data e validez: todas as ofertas deberán mostrar unha data de emisión e un prazo de validez. As ofertas non poderán ter un prazo de validez vencido na data de presentación da solicitude.

Non serán admisibles as ofertas emitidas por provedores que non teñan a capacidade para a subministración do ben ou servizo ou que semellen de compracencia (contido e formato idénticos ou extremadamente similares entre ofertas, errores idénticos ou aparencia non habitual, entre outros).

Con carácter xeral, para cada elemento será subvencionable o importe correspondente á oferta de menor prezo de entre as comparables. Excepcionalmente, cando a solicitante non escolla a oferta de menor prezo, poderá considerarse subvencionable o importe da oferta elixida cando acredite que se trata da oferta economicamente máis vantaxosa tras a valoración de diferentes criterios adicionais ao prezo.

9. En ningún caso o custo dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

10. Todos os gastos deben ser facturados á empresa ou organismo intermedio solicitante e pagados directamente por eles. Non se admiten pagamentos en efectivo.

11. Non se subvencionarán os servizos contratados relacionados coa actividade empresarial da persoa solicitante da axuda.

12. Cando a persoa beneficiaria da subvención sexa unha empresa, os gastos subvencionables en que incorrese nas súas operacións comerciais deberán ter sido aboados nos prazos de pagamento previstos na normativa sectorial que lle sexa de aplicación ou, na súa falta, nos establecidos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.

13. No caso dos activos intanxibles, para seren considerados subvencionables deberán cumprir, ademais, todas estas condicións: 1) empregaranse exclusivamente no establecemento beneficiario da axuda; 2) consideraranse activos amortizables; 3) adquiriranse en condicións de mercado a terceiros non relacionados co comprador; 4) deberán incluírse nos activos da empresa beneficiaria e permanecer asociados ao proxecto a que se destina a axuda durante polo menos tres anos.

14. No caso de que o solicitante teña a condición de poder adxudicador nos termos previstos no artigo 3.3.d) da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, deberán presentar, se é o caso, o correspondente expediente de contratación tramitado para o efecto nos termos previstos nos artigos 316 a 320 da dita Lei de contratos do sector público. Será responsabilidade da entidade beneficiaria o cumprimento da citada normativa, e o seu incumprimento poderá dar lugar á perda do dereito ao cobramento total ou parcial e demais responsabilidades previstas na normativa de subvencións públicas.

Conforme o artigo 3.3.d) da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, teñen a consideración de poderes adxudicadores todos os entes, organismos ou entidades con personalidade xurídica propia distintas das administracións públicas, fundacións públicas ou mutuas colaboradoras coa Seguridade Social que fosen creados especificamente para satisfacer necesidades de interese xeral que non teñan carácter industrial ou mercantil, sempre que un ou varios suxeitos que deban considerarse poder adxudicador de acordo cos criterios dese punto 3 financien maioritariamente a súa actividade, controlen a súa xestión, ou nomeen a máis da metade dos membros do seu órgano de administración, dirección ou vixilancia.

Artigo 6. Contía da axuda

1. Liña Galicia Exporta Empresas:

Para as accións incluídas nesta convocatoria o límite máximo de subvención (incentivo) será de 95.000 euros por beneficiario e convocatoria.

Contías de axuda:

a) Accións de difusión:

a).1. Campañas de publicidade en prensa, revistas, radio, ou televisión, sempre que a súa difusión se realice no estranxeiro.

A contía de axuda consistirá nun importe de incentivo que variará en función do importe total do gasto subvencionable da acción, de acordo á seguinte táboa:

Importe de incentivos para campañas publicitarias

Importe do gasto subvencionable

Importe incentivo

Entre 8.001 euros-10.000 euros

6.750,00 euros

Entre 6.000 euros-8.000 euros

5.250,00 euros

Inferior a 6.000 euros

3.750,00 euros

Admítese unicamente unha acción deste tipo por solicitude, que poderá englobar diferentes campañas.

a).2. Elaboración de catálogos físicos e dixitais para a súa difusión en mercados estranxeiros.

A contía de axuda consistirá nun importe de incentivo que variará en función do importe total do gasto subvencionable da acción, de acordo á seguinte táboa:

Importe de incentivos para elaboración de catálogos

Importe do gasto subvencionable

Importe incentivo

Superior a 12.000 euros

9.750,00 euros

Entre 10.001 euros-12.000 euros

8.250,00 euros

Entre 8.001 euros-10.000 euros

6.750,00 euros

Entre 6.000 euros-8.000 euros

5.250,00 euros

Inferior a 6.000 euros

3.750,00 euros

Admítese unicamente unha acción deste tipo por solicitude, que poderá englobar diferentes catálogos para mercados diferenciados.

b) Accións de promoción:

b).1. Participación como expositor en feiras e outros eventos expositivos:

Accións suxeitas ao método de custos simplificados baseado en sumas a tanto alzado. A contía de axuda consistirá nun importe de incentivo que variará en función da área xeográfica en que se desenvolva a acción, de acordo á seguinte táboa:

Importe de incentivo para participación como expositor en feiras e outros eventos expositivos

Área Xeográfica

Límite incentivo

10.436.37 euros

Importe incentivo

España e Portugal

3.130,91 euros

Toda a Unión Europea excepto Finlandia, Suecia, Dinamarca, Estonia, Letonia e Lituania

6.261,82 euros

Finlandia, Suecia, Dinamarca, Estonia, Letonia e Lituania

7.305,46 euros

Todo o resto de Europa fóra da Unión Europea excepto Rusia e Reino Unido

7.305,46 euros

Rusia

8.349,10 euros

Reino Unido

7.827,28 euros

Estados da Costa este de Estados Unidos e de Canadá. Todo México

8.349,10 euros

Estados do centro de EE.UU e de Canadá (non costa)

9.392,74 euros

Estados da Costa Oeste de EE.UU. e de Canadá

9.392,74 euros

Toda América Central e do Sur

8.349,10 euros

China e Xapón

10.436,37 euros

Resto de Asia

8.349,10 euros

Oceanía

9.392,74 euros

África

8.349,10 euros

Non se establecen límites ao número de accións deste tipo por área xeográfica.

b).2. Visitas promocionais á sede da empresa en Galicia:

A contía de axuda consistirá nun importe de incentivo que variará en función da área xeográfica da que procedan as visitas, de acordo á seguinte táboa:

Importe de incentivos para visitas á sede da empresa en Galicia

Área geográfica

Límite incentivo

5.811,00 euros

Importe Incentivo

Portugal

1.743,30 euros

Toda a Unión Europea excepto Finlandia, Suecia, Dinamarca, Estonia, Letonia e Lituania

3.486,60 euros

Finlandia, Suecia, Dinamarca, Estonia, Letonia e Lituania

4.067,70 euros

Todo o resto de Europa fóra da Unión Europea excepto Rusia e Reino Unido

4.067,70 euros

Rusia

4.648,80 euros

Reino Unido

4.358,25 euros

Estados da Costa este de Estados Unidos e de Canadá. Todo México

4.648,80 euros

Estados do centro de EE.UU e de Canadá (non costa)

5.229,90 euros

Estados da Costa Oeste de EE.UU. e de Canadá

5.229,90 euros

Toda América Central e do Sur

4.648,80 euros

China e Xapón

5.811,00 euros

Resto de Asia

4.648,80 euros

Oceanía

5.229,90 euros

África

4.648,80 euros

Non se establecen límites ao número de accións deste tipo por área xeográfica.

2. Liña Galicia Exporta Organismos Intermedios.

Para as accións incluídas nesta convocatoria o límite máximo de subvención será de 400.000 euros por beneficiario e convocatoria.

Contías de axuda:

a) Accións de difusión:

a).1. Campañas conxuntas de publicidade: a contía de axuda é un importe de incentivo fixo de 6.160,70 euros.

a).2. Elaboración de material promocional conxunto para a súa difusión en mercados estranxeiros: a contía de axuda é un importe de incentivo fixo de 7.929,41 euros.

b) Accións de promoción:

b).1. Participación como expositor en feiras ou outros eventos expositivos:

Accións suxeitas ao o método de custos simplificados baseado en sumas a tanto alzado. A contía de axuda consistirá nun importe de incentivo que variará en función da área xeográfica en que se desenvolva a acción, segundo a seguinte táboa:

Importes de incentivos para participación como expositor en feiras e outros eventos expositivos

Área xeográfica

Límite incentivo acción mínima 5.634,77 euros

Importe do incentivo

Importe incentivo por empresa adicional

Importe incentivo máximo por evento

España e Portugal

1.690,43 euros

312,01 euros

7.618,62 euros

Toda a Unión Europea excepto Finlandia, Suecia, Dinamarca, Estonia, Letonia e Lituania

3.380,86 euros

624,02 euros

15.237,24 euros

Finlandia, Suecia, Dinamarca, Estonia, Letonia e Lituania

3.944,34 euros

728,02 euros

17.776,78 euros

Todo o resto de Europa fóra da Unión Europea excepto Rusia e Reino Unido

3.944,34 euros

728,02 euros

17.776,78 euros

Rusia

4.507,82 euros

832,03 euros

20.316,32 euros

Reino Unido

4.226,08 euros

780,02 euros

19.046,55 euros

Estados da Costa este de Estados Unidos e de Canadá. Todo México

4.507,82 euros

832,03 euros

20.316,32 euros

Estados do centro de EE.UU e de Canadá (non costa)

5.071,30 euros

936,03 euros

22.855,86 euros

Estados da costa Oeste de EE.UU. e de Canadá

5.071,30 euros

936,03 euros

22.855,86 euros

Toda América Central e do Sur

4.507,82 euros

832,03 euros

20.316,32 euros

China e Xapón

5.634,77 euros

1.040,03 euros

25.395,40 euros

Resto de Asia

4.507,82 euros

832,03 euros

20.316,32 euros

Oceanía

5.071,30 euros

936,03 euros

22.855,86 euros

África

4.507,82 euros

832,03 euros

20.316,32 euros

Non se establecen límites ao número de accións deste tipo por área xeográfica.

b).1. Participación en misións directas ou visita conxunta a feiras:

Accións suxeitas ao o método de custos simplificados baseado en sumas a tanto alzado. A contía de axuda consistirá nun importe de incentivo que variará en función da área xeográfica en que se desenvolva a acción, segundo a seguinte táboa:

Importes de incentivos para misións directas ou asistencia/visita a feiras e outros eventos expositivos

Área xeográfica

Límite incentivo acción mínima 1.040,43 euros

Importe do incentivo

Importe incentivo por empresa adicional

Importe incentivo máximo por evento

España e Portugal

312,01 euros

312,01 euros

6.240,20 euros

Toda a Unión Europea excepto Finlandia, Suecia, Dinamarca, Estonia, Letonia e Lituania

624,02 euros

624,02 euros

12.480,40 euros

Finlandia, Suecia, Dinamarca, Estonia, Letonia e Lituania

728,02 euros

728,02 euros

14.560,46 euros

Todo o resto de Europa fóra da Unión Europea excepto Rusia e Reino Unido

728,02 euros

728,02 euros

14.560,46 euros

Rusia

832,03 euros

832,03 euros

16.640,53 euros

Reino Unido

780,02 euros

780,02 euros

15.600,49 euros

Estados da Costa este de Estados Unidos e de Canadá. Todo México

832,03 euros

832,03 euros

16.640,53 euros

Estados do centro de EE.UU e de Canadá (non costa)

936,03 euros

936,03 euros

18.720,59 euros

Estados da Costa Oeste de EE.UU. e de Canadá

936,03 euros

936,03 euros

18.720,59 euros

Toda América Central e do Sur

832,03 euros

832,03 euros

16.640,53 euros

China e Xapón

1.040,03 euros

1.040,03 euros

20.800,66 euros

Resto de Asia

832,03 euros

832,03 euros

16.640,53 euros

Oceanía

936,03 euros

936,03 euros

18.720,59 euros

África

832,03 euros

832,03 euros

16.640,53 euros

Non se establecen límites ao número de accións deste tipo por área xeográfica.

b).2. Participación en misións empresariais inversas: accións suxeitas ao o método de custos simplificados baseado en sumas a tanto alzado. A contía de axuda consistirá nun importe de incentivo que variará en función da área xeográfica de procedencia da misión, segundo a seguinte táboa:

Importe de incentivos para misións empresariais inversas

Área xeográfica

Límite de incentivo

6.918,65 euros

Misión procedente de 1 país

Portugal

2.075,60 euros

Toda a Unión Europea excepto Finlandia, Suecia, Dinamarca, Estonia, Letonia e Lituania

4.151,19 euros

Finlandia, Suecia, Dinamarca, Estonia, Letonia e Lituania

4.843,06 euros

Todo o resto de Europa fóra da Unión Europea excepto Rusia e Reino Unido

4.843,06 euros

Rusia

5.534,92 euros

Reino Unido

5.188,99 euros

Estados da Costa este de Estados Unidos e de Canadá. Todo México

5.534,92 euros

Estados do centro de EE.UU e de Canadá (non costa)

6.226,79 euros

Estados de la Costa Oeste de EE.UU. e de Canadá

6.226,79 euros

Toda América Central e do Sur

5.534,92 euros

China e Xapón

6.918,65 euros

Resto de Asia

5.534,92 euros

Oceanía

6.226,79 euros

África

5.534,92 euros

Non se establecen límites ao número de accións deste tipo por área xeográfica.

Exíxese un mínimo tres empresas/prescriptores visitantes.

No caso de que a misión inversa estea formada por empresas/prescriptores de varias áreas ou países, o importe do incentivo calcularase utilizando o límite da área xeográfica da que procedan a meirande parte destes.

No caso de que coincida o número de empresas provenientes de varias zonas, tomarase o importe da área xeográfica co maior importe de incentivo.

Artigo 7. Forma e lugar de presentación das solicitudes

Dentro do prazo establecido na convocatoria para presentar a solicitude de axuda, as persoas interesadas deberán cubrir previamente un formulario electrónico descritivo das circunstancias do solicitante e das accións para as cales solicita a subvención, a través da aplicación establecida no enderezo da internet https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual

Deberán cubrirse necesariamente todos os campos do formulario establecidos como obrigatorios, tras o cal a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico (IDE) que identificará univocamente a solicitude de axuda.

No formulario electrónico o solicitante deberá especificar as accións para as cales solicita subvención que incluirá: os mercados obxecto das accións e, para cada acción, detalle de: tipo, título, descrición, datas de inicio e fin, orzamento e lugar de celebración (se procede).

No dito formulario a entidade solicitante realizará as seguintes declaracións:

a) Que asumirá a aplicación de medidas antifraude eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión, así como o deber de comunicar ao órgano xestor os casos de sospeita de fraude.

b) Que cumprirá a normativa comunitaria, estatal e autonómica de aplicación, en particular, a normativa en materia de subvencións, cando proceda.

c) Que ten capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o que solicita a axuda.

d) De ser o caso, que cumpre os criterios da definición de peme establecidos pola Comisión Europea no Regulamento (UE) nº 651/2014.

A inexactitude, falsidade ou omisión, de carácter esencial, de calquera dato ou información que se incorpore a esta declaración de peme, ou na documentación que fose requirida para acreditala, dará lugar á perda do dereito á cobranza e, de ser o caso, ao reintegro da subvención percibida, constituíndo unha infracción moi grave tal e como establece o artigo 56.a) da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e poderanse impoñer as seguintes sancións:

1. Multa pecuniaria proporcional do dobre ao triplo da cantidade indebidamente obtida.

2. Cando o importe do prexuízo económico correspondente á infracción exceda de 30.000 euros, concorrendo algunha das circunstancias previstas nas letras b) e c) do punto 1 do artigo 58 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, os infractores poderán ser sancionados, ademais, co:

i) A perda durante un prazo de ata cinco anos da posibilidade de obter subvencións, axudas públicas e avais da administración ou outros entes públicos.

ii) A prohibición durante un prazo de ata cinco anos para subscribir contratos coa Administración ou outros entes públicos.

iii) A perda durante un prazo de ata cinco anos da posibilidade de actuar como entidade colaboradora.

O Igape realizará as comprobacións documentais necesarias para garantir que as empresas para as que se propón a concesión da axuda teñen a condición de peme.

e) Que manterá un sistema de contabilidade separada ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados.

f) Que conservará os libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como a documentación xustificativa da realización e aboamento dos gastos subvencionables durante un período de catro anos desde a súa presentación.

g) Para as entidades suxeitas a inscrición no Rexistro Mercantil (persoas xurídicas): que cumpriu coa obrigación de depósito no Rexistro Mercantil das contas anuais correspondentes ao último exercicio coa obrigación de depósito, segundo os artigos 366 e 368 do Regulamento do Rexistro Mercantil (Real decreto 1784/1996, do 19 de xullo), e o artigo 279.1 do texto refundido de Lei de sociedades de capital.

h) Declaración sobre calquera outra axuda pública ou privada recibida e/ou solicitada para o mesmo proxecto e/ou para os mesmos conceptos para os que se solicita esta subvención.

i) Declaración sobre calquera outra axuda de minimis recibida e/ou solicitada durante os dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en curso.

2. A solicitude presentarase obrigatoriamente polos medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación informática https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Será obrigatoria a inclusión dos 40 caracteres alfanuméricos do IDE obtido no paso anterior. As solicitudes que carezan do IDE ou en que este sexa erróneo (sexa porque ten un formato erróneo ou porque non o xerou a aplicación informática) non serán tramitadas, e concederáselles aos solicitantes un prazo de 10 días hábiles para a súa emenda, transcorrido este teráselles por desistidos da súa petición, logo de resolución de arquivamento.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

3. Para poder presentar a solicitude por medios electrónicos, as persoas solicitantes deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación legal da empresa ou entidade solicitante. Esta representación deberá ser individual ou solidaria, de maneira que coa súa firma sexa suficiente para acreditar a vontade do solicitante.

b) A oficina virtual do Igape acepta todos os certificados validados pola plataforma @firma da Administración xeral do Estado, que son os que figuran nesta relación: http://administracionelectronica.gob.es/PAe/aFirma-Anexo-PSC

c) A presentación ante o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia admite a sinatura da solicitude por parte dun único solicitante. No caso de que deba ser asinada por máis dun solicitante (por exemplo, solicitudes con dous asinantes, representación mancomunada, etc.), deberá necesariamente anexar un documento en que se deixe constancia de que todos os asinantes autorizan un deles para presentar a solicitude. Este documento realizarase en papel con sinaturas manuscritas e deberá ser escaneado a formato PDF para ser anexado.

Unha vez asinado o formulario de solicitude co IDE, mediante certificación dixital do presentador, e transferido este ao Igape, procederase á anotación dunha entrada no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia.

No momento da presentación o rexistro expedirá, empregando as características da aplicación telemática, un recibo en que quedará constancia do feito da presentación.

Os solicitantes poderán obter en todo momento un xustificante da recepción por parte do Igape dos termos da súa solicitude contidos no formulario. Deberano solicitar no enderezo de correo electrónico informa@igape.es, indicando os 40 caracteres do IDE e o enderezo de correo electrónico no cal desexan recibir o xustificante.

Artigo 8. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

Liña exporta empresas:

a) Escritura ou documento xuridicamente válido de constitución, estatutos debidamente inscritos no rexistro competente, modificacións posteriores destes e acreditación da representación coa que se actúa, no caso de entidades non inscritas no Rexistro Mercantil.

b) As tres ofertas que, se é o caso, en aplicación do artigo 29.3 da Lei de subvencións de Galicia, deban ter solicitado, de acordo co establecido no artigo 5.8 destas bases reguladoras.

Liña exporta organismos intermedios:

a) Acta e estatutos de constitución, con acreditación da súa inscrición no rexistro correspondente e modificacións posteriores destes e acreditación da representación con que se actúa, no caso de entidades non inscritas no Rexistro Mercantil.

b) Certificado acreditativo da inscrición no Rexistro de Centros de Innovación e Tecnoloxía con anterioridade ao 31 de decembro de 2016, no caso de centros de innovación e tecnoloxía.

c) As tres ofertas que, se é o caso, en aplicación do artigo 29.3 da Lei de subvencións de Galicia, deba ter solicitado, de acordo co establecido no artigo 5.8 das bases reguladoras.

d) Para subvencións de importe superior a 30.000 euros, segundo o establecido no artigo 4.3.d) das bases reguladoras, o beneficiario debe cumprir coa normativa en materia de prazos a provedores, o que se acreditará do seguinte xeito, de acordo co anexo IV destas bases:

i. Para aquelas sociedades que, de acordo coa normativa contable, poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, mediante declaración responsable.

ii. Para aquelas sociedades que, de acordo coa normativa contable, non poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, mediante certificación, emitida por auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, que atenderá ao prazo efectivo dos pagamentos da empresa cliente con independencia de calquera financiamento para a cobranza anticipada da empresa provedora.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os devanditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos u outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, excepto que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa presentación.

2. Naquelas solicitudes en que todas as accións do proxecto estean integramente executadas na data de presentación da solicitude, xunto coa solicitude presentarase a xustificación de acordo co disposto no artigo 17.6.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que se realizou a emenda. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.

Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias presentadas pola persoa interesada, para o cal poderán requirir a exhibición da documentación ou da información orixinal.

Artigo 9. Comprobación dos datos

Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, excepto que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) NIF da entidade solicitante.

d) NIF da entidade representante.

e) Certificado da AEAT da alta no imposto de actividades económicas (IAE).

f) Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa AEAT.

g) Certificado de estar ao día nos pagamentos coa Seguridade Social.

h) Certificado de estar ao día nos pagamentos coa Consellería de Facenda e Administración Pública.

i) Documentación depositada no Rexistro Mercantil segundo o artigo 8 destas bases.

j) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

k) Consulta de concesións pola regra de minimis.

l) Consulta de concesións de subvencións e axudas.

m) Certificado da renda da persoa solicitante (IRPF), do último exercicio económico pechado para o que se cumpriu o prazo de presentación legalmente establecido.

n) Contas anuais depositadas no Rexistro Mercantil do último exercicio económico pechado para o que se cumpriu o prazo de depósito legalmente establecido, incluíndo informe de auditoría, no seu caso.

o) Informes de vida laboral da empresa.

No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberano indicar no cadro correspondente habilitado no formulario de solicitude (anexo I) e presentar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 10. Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán realizarse electronicamente accedendo a través do enderezo da internet https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual

Artigo 11. Órganos competentes

O órgano competente para a instrución do procedemento de concesión da subvención será a Área de Internacionalización do Igape.

A persoa titular da Dirección da Área de Internacionalización do Igape é o órgano competente para resolver o arquivo, as desistencias e a renuncia de dereitos nos expedientes tramitados na súa área, nos casos previstos na lexislación vixente, por delegación do Consello de Dirección.

A competencia para ditar a resolución que poña fin ao procedemento na vía administrativa correspóndelle á persoa titular da Dirección Xeral do Igape, por delegación do Consello de Dirección do Igape.

Artigo 12. Procedemento de concesión, instrución e tramitación

1. As solicitudes de axuda serán avaliadas polos servizos técnicos do Igape en función dos datos relativos á persoa solicitante e dos datos declarados na solicitude de axuda e no formulario electrónico e da documentación presentada.

2. En aplicación dos principios de eficacia e eficiencia na asignación e utilización dos recursos públicos establecidos na Lei de subvencións de Galicia e ao ser unha convocatoria de axudas en concorrencia non competitiva, as axudas resolveranse por orde do rexistro de entrada das solicitudes.

Non obstante, naqueles supostos en que se lles requira aos solicitantes a emenda de erros ou omisións na solicitude ou na documentación presentada, ou se presenten documentos posteriores, entenderase por rexistro de entrada da solicitude a data en que o dito requirimento foi correctamente atendido.

Non perderán o posto obtido no rexistro de entrada aquelas solicitudes que conteñan accións que deban ser executadas con posterioridade á data de presentación sempre que presenten correctamente a documentación requirida no artigo 8 destas bases.

3. De conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, se a solicitude ou o formulario non reúnen algunha da documentación ou información previstas nas bases, requirirase á persoa interesada para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixese, terase por desistido na súa petición e arquivarase o expediente, logo da correspondente resolución.

Instruído o procedemento e inmediatamente antes de ditar proposta de resolución, porase de manifesto ás persoas interesadas para que, no prazo de dez días, poidan alegar e presentar os documentos e xustificacións pertinentes. Non obstante, poderase prescindir deste trámite de audiencia cando non figuren no procedemento nin se teñan en conta na resolución outros feitos, alegacións ou probas que as aducidas polas persoas interesadas.

Artigo 13. Resolución e notificación

1. A Área de Internacionalización ditará proposta de resolución con base neste procedemento, e elevaraa á persoa titular da Dirección xeral do Igape, quen resolverá a concesión das subvencións por delegación do Consello de Dirección do Igape.

A resolución de concesión da subvención comprenderá a identificación da persoa beneficiaria, contía da subvención e obrigas que correspondan á persoa beneficiaria.

2. Na resolución denegatoria de axuda farase constar o motivo da denegación.

3. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución será o establecido na resolución de convocatoria, transcorrido este poderase entender desestimada por silencio administrativo a solicitude de concesión da axuda.

4. As notificacións das resolucións e actos administrativos do procedemento efectuaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. As persoas solicitantes deberán acceder á páxina web do Igape na ligazón tramitación telemática (https://www.igape.gal/es/notificacion-telematica) para recibir as notificacións. O sistema solicitará da persoa interesada o seu certificado dixital en vigor, e a sinatura electrónica dun xustificante de recepción das notificacións (xustificante de recepción telemático).

Artigo 14. Réxime dos recursos

As resolucións ditadas ao abeiro destas bases porán fin á vía administrativa e contra elas poderán interporse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso contencioso-administrativo, ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, ou no prazo de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

b) Potestativamente, recurso previo de reposición, ante a persoa titular da Dirección da Área de Internacionalización, no caso de recursos de reposición contra as resolucións de arquivamento, por delegación do Consello de Dirección do Igape, e ante a persoa titular da Dirección xeral do Igape, no caso de recursos de reposición contra as resolucións de concesión ou denegación das axudas, por delegación do Consello de Dirección do Igape. En ambos os casos, o prazo para interpoñer o recurso será dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo co establecido nestas bases reguladoras, se produza o acto presunto.

Artigo 15. Modificación da resolución

Unha vez ditada resolución de concesión non se admiten modificacións.

Artigo 16. Obrigas das persoas beneficiarias

Son obrigas das persoas beneficiarias:

a) Executar as accións que fundamentan a concesión das subvencións no prazo establecido na resolución de concesión.

b) Xustificar ante o Igape o cumprimento dos requisitos e condicións da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou desfrute da subvención.

c) Someterse ás actuacións de comprobación que efectúe o Igape, ou calquera outra actuación, sexa de comprobación e control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, en especial a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas, e o Consello de Contas.

Para tal fin, deberá dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como a documentación xustificativa da realización e aboamento dos gastos subvencionables, coa finalidade de garantir o axeitado exercicio das facultades de comprobación e control durante, polo menos, un período de 4 anos desde a súa presentación.

d) Durante o período citado na epígrafe anterior, as empresas estarán obrigadas a subministrar, por requirimento do Igape, os datos relativos á evolución da súa actividade exportadora (volume de facturación, servizos ou produtos exportados, países, etc.) e resultados concretos obtidos, para os efectos de realizar as avaliacións oportunas sobre o resultado das accións financiadas.

e) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados.

f) Comunicar ao Igape a solicitude e/ou obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien os investimentos subvencionados, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, coa solicitude de cobro da subvención. En ningún caso o importe da subvención poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas públicas ou privadas, supere o 100 % dos custos subvencionables aprobados.

g) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007.

h) No caso de non ser quen de realizar o proxecto para o que se concedeu a axuda, comunicar a renuncia ao expediente solicitado no momento en que se produza a certeza da non execución e, en todo caso, sempre con anterioridade ao vencemento do prazo de execución concedido para o proxecto.

i) Todo o anterior sen prexuízo das demais obrigas que resulten do artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 17. Forma de pagamento e xustificación

1. Para o cobramento da subvención concedida, a persoa beneficiaria, dentro do prazo establecido na resolución de convocatoria, deberá cubrir previamente o formulario electrónico de liquidación a través da aplicación establecida no enderezo da internet https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual

Deberá cubrir necesariamente todos os campos establecidos como obrigatorios, tras o cal a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico de liquidación (IDEL) que identificará univocamente a solicitude de cobramento. O dito formulario conterá os requisitos establecidos no artigo 48 do Decreto 11/2009 para a presentación da conta xustificativa, incluíndo unha relación detallada dos outros ingresos ou subvencións que financiasen a actividade subvencionada.

2. A empresa ou o organismo beneficiario deberá presentar a solicitude de cobramento mediante o formulario normalizado (anexo II) que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación informática https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Será obrigatoria a inclusión dos 40 caracteres alfanuméricos do IDEL obtido no paso anterior. As solicitudes de cobramento que carezan do IDEL ou nas que este sexa erróneo (sexa porque ten un formato erróneo ou porque non foi xerado pola aplicación informática) poderán dar lugar á perda do dereito ao cobramento da axuda no caso de non seren corrixidas, logo de requirimento formulado para tal fin.

3. Unha vez xerada a solicitude de cobramento na aplicación informática, o beneficiario deberá presentala obrigatoriamente por vía electrónica.

4. No caso de que a solicitude de cobramento non se presentase en prazo ou a xustificación fose incorrecta, requirirase o beneficiario para que corrixa os erros ou defectos observados no prazo de 10 días hábiles. A falta de presentación da xustificación no prazo improrrogable establecido comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007, segundo o disposto no artigo 45.2 do seu regulamento. A presentación da xustificación neste prazo adicional non eximirá o beneficiario das sancións que, conforme a lei, correspondan. A xustificación cumprirá, en todo caso, os requisitos establecidos nos artigos 28 e 30 da devandita Lei 9/2007.

5. Naquelas solicitudes en que todas as accións do proxecto estean integramente executadas na data de presentación da solicitude, a presentación da xustificación requirida neste precepto realizarase coa solicitude axuda, de acordo co establecido no artigo 8.

6. No resto de solicitudes, deberán achegar a documentación establecida neste punto en función do importe da axuda:

a) Cando o importe solicitado da axuda sexa inferior a 30.000, a entidade beneficiaria poderá xustificar os importes subvencionables mediante a modalidade de conta xustificativa simplificada, regulada no artigo 51.1 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007 de 13 de xuño.

A conta xustificativa simplificada incluirá:

1º. Unha memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condiciones impostas na concesión da subvención, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos, así como acreditar, de ser o caso, o disposto no artigo 29.3 da Lei de subvencións de Galicia (cubrirase o formulario electrónico de liquidación e o modelo do anexo III-informe de execución).

2º. Unha relación clasificada dos gastos e investimentos da actividade, con identificación do acredor e do documento, o seu importe, a data de emisión e a data de pagamento.

3º. O detalle doutros ingresos ou subvencións que teñan financiado a actividade subvencionada, con indicación do seu importe e procedencia.

b) Cando o importe solicitado de axuda sexa igual ou superior a 30.000 euros, xunto coa solicitude de cobramento, o beneficiario da axuda presentará a seguinte documentación:

1º. Para todos os tipos de acción:

i) Memoria de resultados que se deberá cubrir no formulario electrónico de liquidación, en que se expoñan co suficiente grao de detalle as accións desenvolvidas e os resultados ou obxectivos conseguidos e a situación do solicitante de axuda polo que se refire ao/aos mercado/s obxectivo unha vez realizadas as accións.

ii) Anexo III (informe de execución correspondente a cada acción).

iii) Declaración sobre calquera outra axuda recibida e/ou solicitada durante os dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en curso, que se deberá cubrir no formulario electrónico de liquidación.

2º. Para a liña exporta empresas:

i) Nas accións de promoción do artigo 5.1.2.a.1) (campañas de publicidade), o beneficiario da axuda presentará, ademais do indicado no punto 1º do artigo 17.6.b), a seguinte documentación/evidencias:

– Copia de informe de execución (segundo o modelo do anexo III), onde consten os medios, datas das insercións, países, e, se é o caso, fotos das insercións dos anuncios en prensa escrita.

– No caso das cuñas radiofónicas e dos spots, ademais: certificados de emisión destas.

ii) Nas accións de promoción do artigo 5.1.2.a.2) (elaboración de catálogos físicos e dixitais), o beneficiario da axuda presentará ademais do indicado no punto 1º do artigo 17.6.b), a seguinte documentación/evidencias:

– Copia do informe de execución (segundo o modelo do anexo III), onde consten o calendario de difusión, e fotos ou arquivos escaneados de mostras do/s catálogo/s realizado/s.

iii) Nas accións de promoción do artigo 5.1.2.b.1) do tipo «participación como expositor en feiras comerciais internacionais ou outros eventos expositivos de carácter internacional», utilízase o método de custos simplificados baseado en sumas a tanto alzado, polo que o beneficiario da axuda presentará ademais do indicado no apartado 1º do artigo 17.6.b), a seguinte documentación/evidencias:

– Fotografía/s do posto/stand da empresa solicitante na feira ou do espazo no evento expositivo en que se identifique claramente o nome da empresa (incluído no anexo III-informe de execución).

– Fotografía/s do catálogo ou ligazón ao catálogo da feira ou ao evento expositivo en que se mostre o título da feira ou evento expositivo e o nome da empresa solicitante da axuda como expositora (incluído no anexo III-informe de execución).

– No caso doutros eventos expositivos (non feiras): declaración responsable de que o organizador do evento non está vinculado coa empresa solicitante nin empresarial nin comercialmente.

– Adicionalmente deberá xustificar a súa participación, mediante a presentación de, ao menos, 2 das seguintes evidencias (para incluír no anexo III-informe de execución):

Acreditación de participación da empresa (credencial/badge/ou similar) como expositor (identificando o nome da empresa).

Acreditacións persoais do/s participante/s na feira (credencial/badge/ou similar) por parte da empresa solicitante. (identificando o nome da persoa e nome da empresa).

Certificado do organizador do evento expositivo, no cal se especifique o nome da empresa como expositor.

De ser o caso: copia das invitacións ao evento expositivo/desfile, etc.

De ser o caso: copia da difusión do evento expositivo en que figure a participación como expositor da empresa e/ou os seus produtos ou servizos.

Copia das tarxetas de embarque.

iv) Nas accións de promoción do artigo 5.1.b).2 do tipo «Visitas promocionais á sede da empresa en Galicia», o beneficiario da axuda presentará ademais do indicado no punto 1º do artigo 17.6.b), a seguinte documentación/evidencias (para incluír no anexo III-informe de execución):

– Fotos verificadoras da visita das empresas/prescriptores estranxeiros á empresa e/ou ao/s lugar/es do proxecto que se vai amosar (debe amosarse inequivocamente a presenza das empresas ou prescriptores visitantes tanto no interior como no exterior da/s instalación/s da empresa solicitante, ou doutros centros visitados).

– Axenda da visita.

– Adicionalmente deberá xustificar a súa participación, mediante a presentación de, polo menos, unha das seguintes evidencias:

Carta de aceptación da visita das empresas/prescriptores visitantes.

Axenda asinada polas empresas/prescriptores visitantes.

Copia das tarxetas de embarque (excepto para visitas de empresas/prescriptores de Portugal).

3º. Para a Liña exporta organismos intermedios:

i) Polo que respecta ás actuacións do artigo 5.2.a).1 (campañas publicitarias conxuntas), estas corresponden ao método de custos simplificados baseado en sumas a tanto alzado, polo que o beneficiario da axuda presentará, ademais do indicado no punto 1º do artigo 17.6.b), a seguinte documentación/evidencias:

– Copia de informe de execución (segundo o modelo do anexo III), onde consten os medios, datas das insercións, países, e, se é o caso, fotos das insercións dos anuncios en prensa escrita.

– No caso das cuñas radiofónicas e dos spots, ademais: certificados de emisión destas.

ii) Polo que respecta ás actuacións do artigo 5.2.a).2 (elaboración de material promocional conxunto), estas corresponden ao método de custos simplificados baseado en sumas a tanto alzado, polo que o beneficiario da axuda presentará, ademais do indicado no punto 1º do artigo 17.6.b), a seguinte documentación/evidencias:

– Copia do informe de execución (segundo o modelo do anexo III), onde consten o calendario de difusión, e fotos ou arquivos escaneados de mostras do material promocional elaborado.

iii) Polo que respecta a accións do artigo 5.2.b).1 (participación como expositor en feiras e outros eventos expositivos), estas corresponden ao método de custos simplificados baseado en sumas a tanto alzado, polo que o beneficiario da axuda presentará, ademais do indicado no punto 1º do artigo 17.6.b), a seguinte documentación/evidencias (para incluír no anexo III-informe de execución):

– No caso de acción sectorial: fotografías do posto/stand ou espazo expositivo que permitan verificar a presencia do organismo intermedio no evento con stand propio (para incluír no anexo III-informe de execución).

– No caso de acción grupal: fotografías do/dos posto/stand ou espazo expositivo da/s empresa/s participantes na acción grupal conxunta no evento expositivo en que se identifique claramente o/s nome/s da/das ditas empresas (para incluír no anexo III-informe de execución).

– Certificado do organismo intermedio en que se especifiquen os nomes das empresas participantes como expositores na acción, e das persoas participantes por cada empresa, detallando o cargo.

– Adicionalmente, deberá xustificar a súa participación presencial como expositor, mediante a presentación de, polo menos, unha das seguintes evidencias:

Acreditación de participación do organismo intermedio e/ou da/s empresa/s como expositores no evento (identificando o nome da/s empresa/s e organismo).

Acreditacións persoais do/s participante/s como expositores na feira por parte do organismo e por parte da/s empresa/s participantes.

Certificado do organizador do evento expositivo, no cal se especifique o nome do organismo e/ou empresas participantes como expositoras.

Fotografía/s ou ligazón ao catálogo da feira en que se amose o título do evento expositivo e o nome do organismo solicitante da axuda como expositora, ou das empresas participantes na acción como expositoras (para incluír no anexo III-informe de execución).

iv) Polo que respecta a accións do artigo 5.2.b).1 (misións directas e/ou visitas conxuntas feiras e outros eventos expositivos), estas corresponden ao método de custos simplificados baseado en sumas a tanto alzado, polo que o beneficiario da axuda presentará, ademais do indicado no punto 1º do artigo 17.6.b), a seguinte documentación/evidencias (para incluír no anexo III-informe de execución):

– Acción sectorial: fotografías que permitan verificar a presencia do organismo intermedio no evento, tanto no interior como no exterior do/s recinto/s de celebración do evento ou das sedes da/das empresa/s visitada/s (estas incluiranse no anexo III-informe de execución).

– Acción grupal: fotografías que permitan verificar a presenza no evento das empresas participantes na acción grupal conxunta, tanto no interior como no exterior do recinto celebración do evento ou das sedes da/das empresa/s visitada/s (estas incluiranse no anexo III-informe de execución).

– Certificado do organismo intermedio en que se especifiquen os nomes das empresas asistentes ao evento ou misión empresarial, detallando así mesmo o nome e cargo das persoas participantes por cada empresa.

– Adicionalmente, deberá xustificar a súa asistencia presencial, mediante a achega de, polo menos, unha das seguintes evidencias:

Acreditación da asistencia do organismo intermedio e/ou da/s empresa/s como visitante/s no evento (identificando o nome da/s empresa/s e organismo) (evidencia para incluír no anexo III-informe de execución).

Acreditacións persoais do/s participante/s na feira/evento por parte do organismo e por parte da/s empresa/s integrantes da acción conxunta (evidencia para incluír no anexo III-informe de execución).

Certificado do organizador da feira/evento, ou das empresas visitadas en que se especifiquen os nomes do organismo empresarial e as empresas asistentes ao evento ou misión empresarial, detallando así mesmo o nome e cargo das persoas participantes por cada empresa.

Outras evidencias da difusión da misión ou visita: recortes de anuncio en prensa, noticias en internet, convocatoria da misión, copia de inscricións, etc.

v) Polo que respecta ás accións do artigo 5.2.b).2 (Misións inversas), estas corresponden ao método de custos simplificados baseado en sumas a tanto alzado, polo que o beneficiario da axuda presentará, ademais do indicado no punto 1º do artigo 17.6.b), a seguinte documentación/evidencias (para incluír no anexo III-informe de execución):

– Fotografías que permitan verificar inequivocamente a presenza das empresas ou prescriptores visitantes tanto no interior como no exterior da/s instalación/s do organismo intermedio solicitante, ou doutros centros visitados (portos, parques tecnolóxicos, etc.); e, se é o caso, nas sedes das pemes galegas participantes na acción. Deberá identificarse claramente os nomes das empresas/centros ou proxectos visitados.

– Certificado do organismo intermedio en que se especifiquen os nomes e país/es de procedencia das empresas/prescriptores estranxeiras visitantes e das persoas participantes por cada empresa, detallando o cargo. Así mesmo, certificarase a realización da axenda e o detalle desta.

– Certificado de cada unha das empresas galegas receptoras da misión inversa declarando a súa participación se o caso como receptora de empresa/prescriptor estranxeiro visitante, co detalle destes.

7. O beneficiario deberá presentar a documentación xustificativa obrigatoriamente por vía electrónica. O beneficiario responsabilizarase da veracidade dos documentos que presente. A achega das copias dixitalizadas implica a autorización para que a Administración acceda e trate a información persoal contida en tales documentos. Excepcionalmente, o Igape poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

8. En todos os casos, os beneficiarios deberán estar ao día nas súas obrigas coa Facenda Pública estatal, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social. No caso de que o beneficiario se opoña expresamente a que o Igape solicite as certificacións, deberá presentalas xunto co resto da documentación xustificativa.

9. Advírtese que calquera discrepancia entre a documentación xustificativa e as declaracións da solicitude de axuda poderá ser motivo de inicio de expediente de incumprimento que, se é o caso, poderá supoñer a modificación ou revogación da concesión e o reintegro, total ou parcial, das cantidades previamente abonadas.

Artigo 18. Aboamento das axudas

O aboamento das axudas realizarase unha vez que o Igape considere xustificada a realización das accións subvencionadas e o cumprimento das condicións dentro do prazo establecido na resolución de concesión.

Os órganos competentes do Igape poderán solicitar as aclaracións, orixinais da documentación, ou informes relativos á xustificación do proxecto que consideren convenientes. Transcorrido o prazo concedido para o efecto sen que o beneficiario os presentase, o Igape iniciará o correspondente procedemento de incumprimento.

O réxime de pagamento deberá cumprir o establecido no artigo 31 da Lei 9/2007 e no título IV do seu regulamento.

Artigo 19. Perda do dereito á subvención e reintegro

1. Producirase a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención no suposto de falta de xustificación do cumprimento das accións subvencionadas, das condicións impostas na resolución de concesión, das obrigas contidas nestas bases reguladoras, das obrigas contidas no artigo 33 da Lei 9/2007, ou na restante normativa aplicable, o que dará lugar á obriga de reintegrar total ou parcialmente a subvención percibida, así como os intereses de demora correspondentes.

2. O procedemento para declarar a orixe da perda do dereito de cobramento da subvención e para facer efectivo o reintegro a que se refire o punto anterior será o establecido no título II da Lei 9/2007.

3. Procederá a perda total do dereito ao cobramento da axuda concedida, sen prexuízo da incoación do oportuno expediente sancionador, nos seguintes casos:

a) Obter a subvención sen reunir as condicións requiridas.

b) Non xustificar ante o Igape o cumprimento dos requisitos e condicións da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou desfrute da subvención.

c) Non facilitar os datos requiridos sobre a actividade exportadora ou non permitir someterse ás actuacións de comprobación que efectúe o Igape, así como calquera outra actuación, sexa de comprobación ou de control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, nomeadamente a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas.

d) Non dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso.

e) Non acreditar estar ao día nas obrigas fiscais, coa Seguridade Social e coa Comunidade Autónoma.

f) Cando, como consecuencia do incumprimento, o gasto subvencionable quede por debaixo do mínimo establecido nestas bases reguladoras para o acceso ás axudas ou supere os criterios para a determinación de incumprimento parcial establecidos no artigo 19.4.

g) Non comunicar ao Igape a obtención doutras subvencións e axudas públicas ou privadas que financien as actividades subvencionadas.

h) Non comunicar ao Igape a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención.

i) Non manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionables, sen prexuízo das normas xerais de contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados.

4. Incumprimento parcial: sempre que se cumpran os requisitos ou condicións esenciais tomadas en conta na concesión da axuda, o Igape poderá apreciar un incumprimento parcial, debendo resolver sobre o seu alcance, aplicando a mesma ponderación que tivese a condición incumprida e a resolución de concesión e, se é o caso, establecendo a obriga de reintegro cos seguintes criterios:

No caso de condicións referentes á contía ou conceptos da base subvencionable, o alcance do incumprimento determinarase proporcionalmente aos conceptos subvencionables deixados de practicar ou aplicados a outros distintos dos considerados subvencionables, debendo, se é o caso, reintegrarse as cantidades percibidas na devandita proporción.

Con carácter xeral, se o incumprimento supera o 50 % da base subvencionable, entenderase que o dito incumprimento é total, e deben reintegrarse todas as cantidades percibidas e os seus xuros de demora.

Artigo 20. Réxime sancionador

Aos beneficiarios das subvencións reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei 9/2007.

Artigo 21. Fiscalización e control

Os beneficiarios destas subvencións someteranse ás actuacións de control que realice o Igape para o seguimento dos proxectos aprobados e do efectivo cumprimento das obrigas e compromisos do beneficiario fixados no artigo 16, e ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, así como ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.

Artigo 22. Comprobación das subvencións

1. O Igape comprobará a axeitada xustificación da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o desfrute da subvención.

O prazo para a comprobación material de facturas e xustificantes do gasto será de catro anos desde a súa presentación.

2. Para todo o non previsto nos puntos anteriores será aplicable o disposto no artigo 30 da Lei 9/2007 e nos artigos 57 e seguintes do seu regulamento.

Artigo 23. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións teñen a obriga de subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 24. Remisión normativa

Para todo o non previsto nestas bases aplicarase a seguinte normativa:

a) Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de mínimis (DOUE L 352, do 24 de decembro de 2013); Regulamento (CE) nº 717/2014 da Comisión, do 27 de xuño de 2014, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da UE ás axudas de minimis no sector da pesca e da acuicultura (DOUE L 190, do 28.6.2014) e o Regulamento 1408/2013, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola (DOUE L 352, do 24 de decembro de 2013), modificado polo Regulamento (UE) nº 2019/316 da Comisión, do 21 de febreiro de 2019 (DOUE L 51, do 22 de febreiro de 2019).

b) Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento.

c) Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e o seu regulamento, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo.

d) Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións pública.

e) Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais; Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e a libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos e Real decreto 3/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema Nacional de Seguridade no ámbito da Administración electrónica.

f) No resto da normativa que resulte de aplicación.

ANEXO III

Informe de execución

Liña Galicia Exporta Empresas.

A) 1. Accións do artigo 5.1.a).1 Campañas de publicidade en prensa, revistas, televisión (no caso de campañas en distintos medios presentar un informe de execución por cada medio).

Nº expediente:

Solicitante:

Aléganse gastos cun mesmo provedor de importe igual ou superior a 15.000 euros? (si/non)

Título da campaña:

Breve descrición:

Medio/s:

Data inicio:

Data fin:

Calendario das insercións:

País/es de difusión:

Breve resumo da execución:

Fotos das insercións ou ligazóns: (para os efectos de relacionar cada foto coa inserción ou factura correspondente, indicar como título cada factura ou inserción antes de cada foto ou grupo de fotos).

No caso de insercións en televisión ou radio: pode xuntarse ligazón ou copia de arquivo/s dixital co/s vídeos ou cuñas radiofónicas:

A) 2. Accións do artigo 5.1.a).2. Elaboración de catálogos físicos en papel e dixitais para difusión no estranxeiro:

Breve descrición: alcance e interese para a empresa, mercados e sectores aos que se dirixe, obxectivos concretos e resultados esperados.

Breve resumo da execución:

Data inicio da difusión do catálogo:

Data fin:

Calendario da difusión do catálogo:

Número de copias impresas:

Modo de difusión (accións de publicidade ou promoción nas que se utilizou):

País/es de difusión:

Fotos ou link á copia dixital do catálogo: (para os efectos de relacionar cada foto coa factura correspondente, indicar -como título- cada factura antes de cada foto ou grupo de fotos).

B) Accións do artigo 5.1.b).1.

Participación en feiras comerciais de carácter internacional (no caso de participación en varias feiras presentar un informe de execución por cada feira).

Nº de expediente:

Solicitante:

Aléganse gastos cun mesmo provedor de importe igual ou superior a 15.000 euros? (si/non).

Feira 1

Título feira:

Feira incluída na solicitude da axuda (si/non):

Breve descrición da feira: alcance da feira e interese para a empresa, mercados e sectores aos que se dirixe, obxectivos concretos e resultados esperados).

Breve resumo do desenvolvemento e resultados acadados:

Organizador:

Data de inicio:

Data de fin:

País de celebración:

Cidade de celebración:

Nome/s persoa/s que viaxa/n:

Aloxamento:

– Nome hotel:

– Data de entrada:

– Data de saída:

– Cidade hotel:

– Nº pernoctación:

Viaxe:

– Data de saída:

– Data de regreso:

– Cidade orixe:

– Cidade destino:

– Cidade regreso:

Fotografía/s do posto da empresa solicitante na feira comercial: deberá identificarse claramente o nome da empresa e/ou da marca comercial dos produtos ou servizos expostos pola empresa solicitante.

Fotografía/s ou ligazóns do catálogo expositor: (parte que amose o ano e o título da feira comercial e o nome da empresa solicitante da axuda como expositora).

No caso de que o importe de subvención total aprobado do expediente fose igual ou superior a 30.000 euros, ademais:

Evidencias de participación (polo menos 2; xuntar aquí a imaxe):

– Acreditación (credencial/badge) de participación da empresa como expositor (identificando o nome da empresa).

– Acreditacións (credencial/badge) persoais do/s participante/s na feira por parte da empresa solicitante.

– Certificado expedido polo organizador de que a empresa participou como expositor na feira comercial internacional.

– Copia das tarxetas de embarque.

B) Accións do artigo 5.1.b).1.

Participación noutros eventos expositivos internacionais no estranxeiro (no caso de participación en varios eventos, presentar un informe de execución por cada evento).

Nº de expediente:

Solicitante:

Aléganse gastos cun mesmo provedor de importe igual ou superior a 15.000 euros? (si/non).

Evento 1

Tipo de evento expositivo ou (xornada técnica, demostracións, desfile, participación en concurso ou certame, presentación de produtos, cata, degustación):

Título do evento expositivo.

Evento incluído/a na solicitude da axuda (si/non):

Breve descrición do evento: alcance do evento e interese para a empresa, mercados e sectores aos que se dirixe, obxectivos concretos e resultados esperados).

Breve resumo do desenvolvemento e resultados acadados:

Organizador:

Data de inicio:

Data de fin:

País de celebración:

Cidade de celebración:

Nome persoa que viaxa:

Aloxamento:

– Nome do hotel:

– Data de entrada:

– Data de saída:

– Cidade hotel:

– Nº pernoctación:

Viaxe:

– Data de saída:

– Data de regreso:

– Cidade de orixe:

– Cidade de destino:

– Cidade de regreso:

Foto/s do espazo expositivo: deberá identificarse claramente o nome da empresa e/ou da marca comercial ou dos produtos ou servizos expostos pola empresa solicitante.

Fotografía/s ou ligazóns do catálogo expositor: (parte que amose o ano e o título do evento e o nome da empresa solicitante da axuda como expositora).

No caso de que o importe de subvención total aprobado do expediente fose igual ou superior a 30.000 euros, ademais:

Evidencias de participación no evento expositivo (ao menos 2; xuntar aquí a imaxe):

– Acreditación (credencial/badge/ ou similar) de participación da empresa como expositor (identificando o nome da empresa).

– Acreditacións (credencial/badge/ ou similar) persoais da/s persoa/s participante/s no evento expositivo por parte da empresa solicitante.

– Certificado expedido polo organizador de que a empresa participou como expositor no evento expositivo.

– De ser o caso: copia das invitacións ao evento expositivo/desfile, etc.

– De ser o caso: copia da difusión do evento en que figure a participación como expositor da empresa e/ou o seu produto ou servizo.

– Copia das tarxetas de embarque.

B) Accións do artigo 5.1.b).2. Visitas á sede da empresa en Galicia (no caso de varias visitas presentar un informe de execución por cada unha).

Nº de expediente:

Solicitante:

Visita 1

Título:

Breve descrición da visita:

Breve resumo do desenvolvemento e resultados da acción:

Data de inicio:

Data de fin:

País/es de orixe:

Localidade/s galega de destino e/ou visitadas:

Razón social e datos de contacto das empresas estranxeiras visitantes:

Nome das persoas que viaxan e posto nas empresas estranxeiras visitantes:

Aloxamento:

– Nome do hotel

– Data de entrada:

– Data de saída:

– Cidade hotel:

– Nº pernoctación:

Viaxe:

– Data de saída:

– Data de regreso:

– Cidade de orixe:

– Cidade de destino:

– Cidade de regreso:

Fotos verificadoras da visita das empresas/prescriptores estranxeiros á empresa e/ou ao/s lugar/es do proxecto para amosar (debe amosarse inequivocamente a presenza das empresas/prescriptores visitantes tanto no interior como no exterior da/s instalación/s da empresa solicitante, ou doutros centros visitados).

Axenda:

No caso de que o importe de subvención total aprobado do expediente fose igual ou superior a 30.000 euros, ademais:

Evidencias de participación no evento expositivo (ao menos 1, xuntar aquí a imaxe):

– Carta de aceptación da visita das empresas/prescriptores visitantes.

– Axenda asinada polas empresas/prescriptores visitantes.

– Copia das tarxetas de embarque (excepto para visitas de empresas/prescriptores de Portugal).

Liña Galicia Exporta Organismos Intermedios.

A) 1. Accións do artigo 5.2.a).1 Campañas conxuntas de publicidade en prensa, revistas, televisión, ou outros medios (no caso de campañas en distintos medios presentar un informe de execución por cada medio).

Nº de expediente:

Solicitante:

Aléganse gastos cun mesmo provedor de importe igual ou superior a 15.000 euros? (si/non):

Título da campaña:

Breve descrición:

Medio/s:

Data de inicio: Data de fin:

Calendario das insercións:

País/es de difusión:

Breve resumo da execución:

Fotos das insercións ou ligazóns: (para os efectos de relacionar cada foto coa inserción correspondente, cómpre indicar como título cada inserción antes de cada foto ou grupo de fotos).

No caso de insercións en televisión ou radio: pode xuntarse ligazón ou copia de arquivamento dixital/dixitais co/s vídeos ou cuñas radiofónicas.

A) 2. Accións do artigo 5.2.a).2 (elaboración de material promocional conxunto)

Nº de expediente:

Solicitante:

Aléganse gastos cun mesmo provedor de importe igual ou superior a 15.000 euros? (si/non)

Breve descrición (alcance e interese para o organismo e/ou as empresas, mercados e sectores aos cales se dirixe, obxectivos concretos e resultados esperados):

Breve resumo da execución

Data de inicio da difusión do material promocional:

Data de fin:

Calendario da difusión do material promocional:

Modo de difusión (indicar, se é o caso, se se utilizou en accións de publicidade ou, promoción):

País/es de difusión:

Fotos ou link á copia dixital do material promocional: (para os efectos de relacionar cada foto coa factura correspondente, indicar -como título- cada factura antes de cada foto ou grupo de fotos).

B) Accións do artigo 5.2.b).1.

Participación como expositor en feiras comerciais de carácter internacional ou outros eventos expositivos) (no caso de participación en varias feiras/eventos presentar un informe de execución por cada feira/evento).

Nº de expediente:

Solicitante:

Aléganse gastos cun mesmo provedor de importe igual ou superior a 15.000 euros? (si/non)

Feira/evento 1

Título feira/evento expositivo:

Feira/evento incluído na solicitude da axuda (si/non):

Breve descrición feira/evento: alcance do evento e interese para a empresa, mercados e sectores aos que se dirixe, obxectivos concretos e resultados esperados).

Breve resumo do desenvolvemento e resultados da acción:

Organizador:

Data de inicio: Data de fin:

País de celebración:

Cidade de celebración:

(Replicar cando sexa necesario por empresa participante máis organismo).

Razón social empresa/organismo participante na feira ou evento expositivo internacional:

Nome da persoa que viaxa e posto na empresa/organismo: (ou relación con ela/s):

Aloxamento:

– Nome do hotel:

– Data de entrada:

– Data de saída:

– Cidade hotel:

– Nº pernoctación:

Viaxe:

– Data de saída:

– Data de regreso:

– Cidade de orixe:

– Cidade de destino:

– Cidade de regreso:

Foto/s do stand/evento, en que se identifique claramente o nome do organismo intermedio participante e/ou as empresas participantes:

1º. Acción sectorial: fotografías do stand (posto) ou espazo que permitan verificar a presenza do organismo intermedio na feira ou evento con stand.

2º. Acción grupal: fotografías do/s stand ou dos espazos das empresas participantes na acción conxunta na feira ou evento expositivo nas que se identifique claramente os nomes das ditas empresas ou dos seus productos/marcas.

Certificado do organismo intermedio en que se especifiquen os nomes das empresas participantes como expositores na acción, e das persoas participantes por cada empresa, detallando o cargo.

No caso de que o importe de subvención total aprobado do expediente fose igual ou superior a 30.000 euros, ademais:

Evidencias de participación (ao menos 1, xuntar aquí a imaxen):

– Acreditación de participación como expositor do organismo intermedio -acción sectorial- e/ou das empresas -acción grupal-, como expositores no evento (identificando claramente os nomes).

– Acreditacións persoais (badges) como expositor do/s participante/s na feira/evento por parte do organismo e/ou por parte das empresas participantes.

– Certificado do organizador do evento expositivo, no que se especifique o nome do organismo e/ou empresas participantes como expositoras.

– Certificado do organismo intermedio no que se especifiquen os nomes das empresas participantes como expositores na acción, e das persoas participantes por cada empresa, detallando o cargo.

– Fotografía/s ou ligazóns do catálogo expositor: (parte que amose o ano e o título da feira comercial/evento e o nome do organismo intermedio como expositor ou das empresas participantes na acción grupal como expositoras).

B) Accións do artigo 5.2.b).1.

Participación en misións comerciais directas ou visitas conxuntas a feiras e outros eventos expositivos de carácter internacional (no caso de varias misións presentar un informe de execución por cada unha).

Nº de expediente:

Solicitante:

Misión/visita conxunta 1

Título da misión directa ou da feira o evento visitado:

Misión, feira ou evento incluído na solicitude da axuda (si/non):

Breve descrición misión, feira ou evento: alcance da misión, feira ou evento e interese para a empresa, mercados e sectores aos que se dirixe, obxectivos concretos e resultados esperados).

Breve resumo do desenvolvemento e resultados da acción:

Organizador:

Data de inicio: Data de fin:

País de celebración:

Cidade de celebración:

(Replicar cando sexa necesario por empresa participante máis organismo)

Razón social empresa/organismo participante na misión directa empresarial ou na visita á feira/evento:

Nome da persoa que viaxa e posto na empresa/organismo (ou relación coa/s mesma/s):

Se é o caso: razón social e datos de contacto das entidades ou empresas visitadas na misión directa:

Axenda da misión:

–Aloxamento:

– Nome do hotel:

– Data de entrada:

– Data de saída:

– Cidade hotel:

Viaxe:

– Data de saída:

– Data de regreso:

– Cidade de orixe:

– Cidade de destino:

– Cidade de regreso:

Fotos verificadoras da participación na misión directa ou da asistencia como visitante á feira ou evento por parte do organismo intermedio e/ou das empresas asistentes: (exemplo: dossier fotográfico na feira/evento ou das empresas/entidades estranxeiras visitadas na misión, identificando claramente lugares e participantes...).

Certificado do organismo intermedio no que se especifiquen os nomes das empresas asistentes á misión empresarial ou visita conxunta á feira ou evento, detallando así mesmo o nome e cargo das persoas participantes por cada empresa.

No caso de que o importe de subvención total aprobado do expediente fose igual ou superior a 30.000 euros, ademais:

Evidencias de participación, (ao menos 1, xuntar aquí a imaxen):

– Acreditacións personais (badges) como visitantes do/s participante/s na feira/evento por parte do organismo e/ou por parte das empresas participantes (identificando nome de persoa, nome de organismo e/ou empresas).

– Certificado do organizador da feira ou evento expositivo, no que se especifique o nome do organismo e/ou empresas participantes como visitantes.

– Outras evidencias da difusión da misión ou visita: recortes de anuncio en prensa, noticias en internet, convocatoria da misión, copia de inscricións, etc.

B) Accións do artigo 5.2.b).2. (misións inversas) (no caso de varias misións presentar un informe de execución por cada unha):

Nº de expediente:

Solicitante:

Aléganse gastos cun mesmo provedor de importe igual ou superior a 15.000 euros? (si/non)

Misión inversa 1

Título misión inversa:

Breve descrición da misión recibida:

Breve resumo do desenvolvemento e resultados da acción:

Organizador:

Data de inicio:

Data de fin:

País/es de orixe:

Localidade/s galega destino:

Aloxamento:

– Nome do hotel:

– Data de entrada:

– Data de saída:

-– Cidade hotel:

Viaxe:

– Data de saída:

– Data de regreso:

– Cidade orixe:

– Cidade destino:

– Cidade regreso:

(Replicar cando sexa necesario por empresa participante máis organismo)

Razón social empresa/organismo receptor da misión inversa presencial:

Razón social e datos de contacto da empresa/s ou prescritores estranxeiros visitantes na misión inversa:

Nome da persoa que viaxa e posto na empresa/entidade estranxeira visitante:

Axenda da misión inversa realizada:

Fotografías que permitan verificar inequívocamente a presencia da/s empresa/s ou prescriptores visitantes tanto no interior como no exterior da/s instalacións do organismo intermedio solicitante, ou doutros centros visitados (portos, parques tecnolóxicos, etc); e, se é o caso, nas sedes das pemes galegas participantes na acción. Deberá identificarse claramente o/s nome/s do/s empresas/centros ou eventos visitados.

No caso de que o importe de subvención total aprobado do expediente fose igual ou superior a 30.000 euros, ademais:

Evidencias de participación, (xuntar aquí a imaxe):

– Certificado do organismo intermedio no que se especifiquen os nomes e país/es de procedencia das empresas/prescriptores extranxeiras visitantes e das persoas participantes por cada empresa, detallando o cargo. Así mesmo, certificarase a realización da axenda e o detalle desta.

– Certificado de cada unha das empresas galegas receptoras da misión inversa declarando a súa participación, se é o caso, como receptora de empresa/prescriptor extranxeiro visitante, co detalle destes.

ANEXO IV

Acreditación do cumprimento dos prazos establecidos na Lei 3/2004

– No caso das solicitantes que, de acordo coa normativa contable, poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, a través dunha declaración responsable.

– Para as solicitantes que, de acordo coa normativa contable, non poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, mediante certificado emitido por auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas:

• Para o caso en que as contas anuais auditadas de 2022 e exercicios posteriores xa reflictan a nova información requirida pola disposición adicional terceira da Lei 15/2010, do 5 de xullo, de modificación da Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, dáse información da memoria se deduce que a empresa cumpriu ao 100 % cos prazos de pagamento a provedores, abondaría un certificado, emitido polo auditor de contas da sociedade, que indique que no seu traballo de auditoría realizou procedementos para obter evidencia da corrección do contido da memoria das contas anuais cumprindo, polo tanto, o requisito do artigo 13.3.bis da Lei xeral de subvencións. Este certificado resultará válido ata que estean auditadas as contas anuais do exercicio seguinte.

Para o resto de casos en que non sexa posible emitir o certificado anteriormente mencionado (por non existir aínda contas anuais auditadas do exercicio 2022 ou porque estas reflictan unha porcentaxe de cumprimento de prazos de pagamento a provedores inferior ao 100 %), poderá emitirse un certificado de que o requisito se cumpre no momento de solicitude da subvención ou axuda*. A emisión deste certificado de que a sociedade solicitante da subvención está ao día nos pagamentos a provedores estará baseada nun informe de procedementos acordados.

Para emitir o certificado, na data de referencia utilizada, os procedementos acordados incluirán, polo menos, o seguinte, a partir do detalle sobre os pagamentos pendentes a provedores: o auditor comprobará o importe total do detalle facilitado cos rexistros contables, obtendo, de ser o caso, a conciliación oportuna, e tomará unha mostra para comprobar da corrección das facturas seleccionadas en canto a provedor, data de factura, entrega de bens ou prestación de servizos, antigüidade e clasificación. Así mesmo, comprobarase unha mostra de pagamentos realizados con posterioridade á data de referencia co obxectivo de comprobar que non existen facturas adicionais ás recollidas no detalle facilitado pola entidade ou comprobarase, a partir do detalle de facturas de provedores do libro de rexistro de IVE soportado, para unha mostra de facturas, se se atopan pendentes de pagamento e, en tal caso, a súa inclusión no detalle de facturas a data de referencia e, en caso contrario a partir do maior de provedores seleccionarase unha mostra cun grao de confianza suficiente e realizarase confirmación externa con provedores.

Unha vez realizados estes procedementos, entenderase cumprido o requisito do artigo 13.3.bis da Lei xeral de subvencións cando da información proporcionada non se derive que existen facturas pendentes de pagamento cunha antigüidade superior a 60 días.

* O certificado terá unha data de corte, que se considerará data de referencia, anterior á data de emisión do certificado (dun máximo dun mes), posto que o auditor para poder emitir o seu informe a unha data, ten que terminar os procedementos de comprobación antes da data de solicitude da subvención ou axuda.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file