Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, dáse publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a seguir se indica por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:
1. Poder adxudicador.
1.1. Nome: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.
1.2. Número de identificación fiscal: Q1500378C.
1.3. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal 15781.
1.4. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).
1.5. Código NUTS: ES111 (A Coruña).
1.6. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal
1.7. Fax: 981 95 74 03.
1.8. Teléfono: 981 95 74 01.
1.9. Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/
1.10. Perfil de contratante:
http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216
Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible, así mesmo, no portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/
2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida.
2.1. Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.
2.2. Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.
3. Código/s CPV: 45231300-8 (traballos de construción de tubaxe para auga e augas residuais).
4. Código/s NUTS do emprazamento principal das obras: ES112 Outeiro de Rei (Lugo).
5. Descrición do obxecto da licitación: obra de mellora do sistema de abastecemento de Outeiro de Rei. Fase II. Outeiro de Rei (Lugo). Referencia do expediente: AUG-2023-0010. Clave do proxecto: OH.227.688.
6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, non suxeita a regulación harmonizada, polo trámite ordinario e gasto anticipado.
7. Orzamento base de licitación.
Importe neto: 133.676,83 euros. Importe total: 161.748,96 euros.
8. Valor estimado do contrato: 133.676,83 euros, coincide co orzamento base de licitación sen IVE.
9. Prazo de execución do contrato: 2 meses.
10. Criterios de adxudicación.
10.1. Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e en aplicación destes seleccionouse a mellor oferta por obter a maior puntuación total como resultado da valoración global das proposicións admitidas.
10.2. Criterios de adxudicación: proposición económica (ponderación 41 %), memoria descritiva do proceso de execución da obra (ponderación 17 %), plan de control de calidade da execución da obra (ponderación 14 %), programa de construción da obra (ponderación 12 %), medidas para o impulso demográfico (ponderación 10 %), memoria das condicións ambientais de execución da obra e xestión de residuos (ponderación 4 %) e melloras de índole técnica vinculadas á execución da obra (ponderación 2 %).
11. Data da adxudicación do contrato: 19 de xuño de 2023.
12. Número de ofertas recibidas.
12.1. Ofertas totais: 8.
12.2. Ofertas de pequenas ou medianas empresas: 8.
12.3. Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.
12.4. Ofertas por vía electrónica: si.
13. Data de formalización ou celebración do contrato: 11 de xullo de 2023.
14. Empresa contratista.
14.1. Nome da empresa ou, se é o caso, UTE: Construcciones y Canalizaciones José Saa, S.L.
14.2. NIF: B27156801.
14.3. Enderezo: Costa do Castro 1, portal 1, entreplanta A, 27780 Foz (Lugo).
14.4. Código NUTS: ES112.
14.5. Correo electrónico: rocio@ccjosesaa.com
14.6. Teléfono: 982 13 30 08.
14.7. Pequena ou mediana empresa: si.
15. Valor da oferta seleccionada.
Importe neto: 125.482,44 euros. Importe total: 151.833,75 euros.
16. Información sobre se o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea.
Actuación cofinanciada polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 75 % do gasto elixible, no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) Galicia 2014-2020.
A actuación enmárcase dentro do Programa de desenvolvemento rural na medida 07 Servizos básicos e renovación de poboacións en zonas rurais, submedida 7.2 Apoio aos investimentos na creación, mellora ou ampliación de todo tipo de pequenas infraestruturas, incluídos os investimentos en enerxías renovables e aforro enerxético, e prioridade 6 de desenvolvemento rural Fomentar a inclusión social, a redución da pobreza e o desenvolvemento económico nas zonas rurais. Europa inviste no rural.
O 25 % restante do gasto elixible será cofinanciado pola Xunta de Galicia nun 17,50 % e polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación nun 7,50 %.
Polo que deberán observarse os criterios de elixibilidade, xestión, publicidade e control propios dos documentos de programación e da normativa comunitaria de aplicación ao Feder. Respectaranse, polo tanto, as normas de subvencionabilidade do gasto do programa operativo do citado fondo europeo, así como as normas de información e publicidade establecidas nas guías de publicidade e nas demais normas comunitarias que sexan de aplicación.
17. Servizo do que se poida obter información sobre o contrato formalizado.
17.1. Nome: contratación de Augas de Galicia.
17.2. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.
17.3. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).
17.4. Código postal: 15781.
17.5. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal
17.6. Fax: 981 95 74 03.
17.7. Teléfonos: 981 95 74 01.
18. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: non procede.
19. Información acerca do Acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo Acordo sobre contratación pública.
20. Outras informacións.
– Publicidade do anuncio de licitación no perfil de contratante: 23 de decembro de 2022.
– Publicidade da adxudicación no perfil de contratante: 21 de xuño de 2023.
– Publicidade do contrato formalizado co contratista no perfil de contratante: 12 de xullo de 2023.
– Publicidade do anuncio de formalización do contrato no perfil de contratante: 19 de xullo de 2023.
Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2023
A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia