DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 23 de outubro de 2023 Páx. 58406

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 9 de outubro de 2023 polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente de denuncia en materia de dominio público hidráulico de clave DH.D15.92681.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, emprázase a persoa titular do NIF 32300180S para ser notificada por comparecencia no expediente de denuncia en materia de dominio público hidráulico de clave DH.D15.92681.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, o interesado poderá comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico tramitaciondph.augas@xunta.gal ou nos teléfonos 981 54 41 41 e 981 54 50 87.

Así mesmo, indícase que poderá presentar alegacións perante a Demarcación Hidrográfica Galicia-Centro de Augas de Galicia, no prazo de 15 días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta notificación.

Santiago de Compostela, 9 de Outubro de 2023

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia