DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 23 de outubro de 2023 Páx. 58343

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

ANUNCIO do 11 de outubro de 2023 polo que se dá publicidade da resolución da mesma data pola que se convoca concurso público para a provisión de prazas de profesorado permanente laboral.

En cumprimento do Acordo do Consello de Goberno desta universidade, do 11 de outubro 2023, esta reitoría fai público que, mediante a Resolución do 11 de outubro de 2023, se convoca concurso público para a contratación de persoal docente e investigador na seguinte categoría:

– Profesoras e profesores permanentes laborais: tres (3) prazas.

A relación de prazas convocadas e as bases completas da convocatoria poden consultarse no taboleiro electrónico da Universidade de Santiago de Compostela https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/inicio.htm e na páxina web https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PDI/convocatorias/pdipermanente

As solicitudes deberán presentarse, a través do procedemento indicado nas bases da convocatoria, no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, segundo proceda de conformidade coas bases, publicaranse no taboleiro electrónico https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/inicio.htm e na páxina web https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PDI/convocatorias/pdipermanente

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2023

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela