DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 23 de outubro de 2023 Páx. 58344

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

ANUNCIO do 11 de outubro de 2023 pola que se dá publicidade da resolución da mesma data pola que se convoca concurso de acceso a prazas do corpo docente universitario de profesorado titular de universidade.

En cumprimento do Acordo do Consello de Goberno desta universidade, do 11 de outubro de 2023, esta reitoría fai público que, mediante a Resolución do 11 de outubro de 2023, se convoca concurso de acceso a prazas do corpo docente universitario de:

– Profesoras e profesores titulares de universidade: tres (3) prazas.

A relación de prazas convocadas e as bases completas da convocatoria poden consultarse no taboleiro electrónico da Universidade de Santiago de Compostela https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/inicio.htm e na páxina web https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PDI/convocatorias/pdipermanente

As solicitudes deberán presentarse, a través do procedemento indicado nas bases da convocatoria, no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da Resolución do 11 de outubro de 2023 no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, segundo proceda de conformidade coas bases, publicaranse no taboleiro electrónico https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/inicio.htm e na páxina web https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PDI/convocatorias/pdipermanente

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2023

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela