DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 23 de outubro de 2023 Páx. 58377

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 10 de outubro de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica as persoas interesadas a resolución do expediente IN407A 2022/019-3 relativo a unha instalación eléctrica no concello de Vilamartín de Valdeorras, na provincia de Ourense.

Mediante a Resolución do 29 de setembro de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, declarouse a desistencia na solicitude da autorización administrativa previa, de construción e de declaración de utilidade pública, dunha instalación eléctrica no concello de Vilamartín de Valdeorras (expediente IN407A 2022/019-3).

Xa que os particulares afectados son descoñecidos, de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio notifícaselles aos titulares do predio que no anexo se relaciona, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma.

As persoas interesadas, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación de Ourense, na rúa Curros Enríquez, nº 1, 3º (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 10 de outubro de 2023

A xefa territorial de Ourense
P.S.L. (Decreto 116/2022, artigo 41.3)
José Luis Prada Suárez
Xefe de Servizo de Industria de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Núm. de expediente: IN407A 2022/019-3.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: instalación de interruptor TC no apoio núm. 44 da LMTA RUA804.

Concello: Vilamartín de Valdeorras.

Predio núm. en proxecto: 1.

Lugar: Cemiterio.

Cultivo: monte alto.

Titulares: herdeiros de Arturo Areas (descoñecidos).

Afección: ocupación de 2 m2 para o apoio núm. 44.