DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 23 de outubro de 2023 Páx. 58375

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 9 de outubro de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, polo que se notifica a varias persoas interesadas a Resolución do 21 de abril de 2023 relativa ao parque eólico Alto da Telleira, sito nos concellos de Covelo e da Cañiza (Pontevedra) e promovido por Alto da Telleira, S.L. (IN661A/2011/3-4).

Por Resolución do 21 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, outorgouse autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción ás instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Alto da Telleira, sito nos concellos de Covelo e da Cañiza (Pontevedra) e promovido por Alto da Telleira, S.L. (IN661A/2011/3-4).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse as persoas interesadas que figuran no anexo para seren notificadas por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma, despois dos intentos efectuados.

As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, sita en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2023

Pablo Fernández Vila
Director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais

ANEXO

Persoa interesadas

Acto que se notifica

Álvarez Pérez, José David

Autorización administrativa previa e de construción

De Luxan Vázquez, Noela

Autorización administrativa previa e de construción