DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 20 de outubro de 2023 Páx. 58083

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2023 pola que se aproba e se fai pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico/a de grao medio de investigación (análise instrumental), grupo II, pola quenda de promoción interna.

Mediante a Resolución reitoral do 27 de abril de 2023 (DOG do 10 de maio), convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico/a de grao medio de investigación (análise instrumental), grupo II, pola quenda de promoción interna.

Mediante a Resolución reitoral do 3 de xullo de 2023 (DOG do 13 de xullo), aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivaron a exclusión ou omisión.

Rematado o dito prazo, e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a citada listaxe definitiva está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web:

https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Terceiro. Convocar as persoas aspirantes admitidas para a realización do segundo exercicio da fase de oposición o día 28 de novembro ás 11.30 horas, na sala de reunións da primeira planta do Edificio Cactus-Lugo, Campus de Lugo, s/n. Non se realizará o primeiro exercicio dado que todas as persoas aspirantes acreditan coñecemento de galego.

A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios efectuaraa o tribunal, nos locais onde se realizase a proba anterior, no taboleiro electrónico da Universidade e na web:

https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2023

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela