DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 20 de outubro de 2023 Páx. 58117

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 5 de outubro de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución do 4 de outubro de 2023 relativa á solicitude de revisión de esbozo formulada polos representantes do monte veciñal en man común Comunal de Herosa, pertencente á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Herosa, no concello da Gudiña.

Examinada a solicitude de revisión de esbozo formulada polos representantes do monte veciñal en man común (MVMC) Comunal de Herosa, pertencente á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (CMVMC) de Herosa, no concello da Gudiña, resultan os seguintes

Feitos:

Primeiro. O 16.9.2022 a CMVMC de Herosa presentou unha solicitude (Rexel número 2022/2288564) de revisión de esbozo do MVMC Comunal de Herosa, no concello da Gudiña.

Coa solicitude achegaron a seguinte documentación:

– Certificación do acordo da Asemblea Xeral do 3.9.2022.

– Memoria e planos.

– Arquivos xeográficos en formato vectorial.

Segundo. O Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Ourense emitiu un informe favorable o día 19 de xaneiro de 2023 en relación coa citada solicitude. Nel indícase que o perímetro obxecto de revisión inclúe as partes do perímetro lindeiras con particulares. Non se modifican os límites cos montes veciñais estremeiros.

A superficie do MVMC Comunal de Herosa, unha vez revisado o esbozo, resulta de 1.653,39 ha fronte ás 1.535 ha do acordo de clasificación inicial. Hai, polo tanto, un aumento de superficie dun 7 %. Xa co deslindamento anteriormente aprobado co MVMC Comunal de Parada da Serra o monte chegaba ás 1.600 ha, polo que o aumento respecto a esta medición é dun 3 %.

Tendo en conta o anterior, emítese informe favorable sobre a revisión do esbozo do MVMC Comunal de Herosa.

Consideracións legais e técnicas:

Única A Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, na súa disposición transitoria décimo terceira, establece o procedemento de revisión de esbozos de montes veciñais en man común.

De acordo con ela, os esbozos de montes veciñais integrados nun expediente que, pola súa antigüidade, non reúnan as características de fiabilidade e precisión que exixen as novas técnicas topográficas poderán ser obxecto de revisión, e axustaranse e completaranse con aqueles datos e documentos que se consideren necesarios, en particular os requiridos para a súa inmatriculación no Rexistro da Propiedade.

De acordo cos feitos e fundamentos de dereito expostos, e tendo en conta o informe favorable do Servizo de Montes do día 19 de xaneiro de 2023, o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común acordou por unanimidade o día 17 de abril de 2023:

Aprobar a proposta de revisión de esbozo do MVMC Comunal de Herosa, pertencente á CMVMC de Herosa, no concello da Gudiña.

Ourense, 5 de outubro de 2023

Luis Jorge Álvarez Ferro
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Ourense