DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 20 de outubro de 2023 Páx. 58031

III. Outras disposicións

Axencia de Turismo de Galicia

EXTRACTO da Resolución do 17 de outubro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, do programa #DescubreGaliciaenOutono a través dos bonos turísticos, se convocan para o ano 2023 e se abre o prazo para a adhesión dos establecementos de aloxamento turístico e das axencias de viaxes (código de procedemento TU985F).

BDNS (Identif.): 721836.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias das axudas as persoas físicas maiores de idade e residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo. Obxecto

O obxecto é a concesión de axudas do programa #DescubreGaliciaenOutono a través dos bonos turísticos.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 17 de outubro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, do programa #DescubreGaliciaenOutono a través dos bonos turísticos, se convocan para o ano 2023 e se abre o prazo para a adhesión dos establecementos de aloxamento turístico e das axencias de viaxes (código de procedemento TU985F).

Cuarto. Importe

Para a concesión destas axudas destínase un crédito de 1.000.000 € con cargo á aplicación orzamentaria 04.A2.761A.480.0, proxecto 2015 00006, dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para 2023.

Quinto. Data de activación dos bonos

Os bonos estarán dispoñibles na web www.bonoturismo.gal para a súa descarga por parte das persoas usuarias desde as 9.00 horas do día 27 de outubro ata o 15 de decembro de 2023, e a súa validez estenderase ata o 25 de decembro de 2023.

Mediante resolución da Axencia de Turismo de Galicia poderanse modificar as anteditas datas se razóns organizativas así o aconsellasen, e daráselle a oportuna publicidade.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2023

José Manuel Merelles Remy
Director da Axencia de Turismo de Galicia