DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 19 de outubro de 2023 Páx. 57875

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 26 de setembro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello do Saviñao (expediente IN407A 2023/080-2).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica.

Denominación: regulamentación da LAMT CHA 811. O Saviñao 11 entre o apoio 110-35-8 e CT Palomar 110-35-17-CT O Saviñao-Lugo.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

Características técnicas principais:

– Substitución dos apoios de madeira núms. D110-35-10, D110-35-11, D110-35-12, D110-35-13, D110-35-14, D110-35-15 e D110-35-16 da LAMT CHA 811 O Saviñao 11, a 20 kV, por un apoio de chapa tubular de tipo CH-630 R13 e dous apoios de celosía metálica de tipo C-16/2000 e C-14/2000.

– Substitución do condutor LA-30 existente por LA-56 entre os apoios núms. D110-35-8 e o D110-35-17-CT O Saviñao (27C361), cunha lonxitude de 378 m.

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada Lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figura no anexo que se insire xunto con esta resolución.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia de Lugo, rolda da Muralla, 70) referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que consideren oportunas no prazo de trinta días hábiles contados desde o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.

Durante este prazo poderase examinar o proxecto das instalacións nesta xefatura territorial das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, e no seguinte enlace web da Consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-electricas/savinao3

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 27 de xuño).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, (BOE núm. 236, do 2 de outubro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 26 de setembro de 2023

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO I

Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto de regulamentación da LAMT CHA 811 O Saviñao 11 entre o apoio 110-35-8 e o CT Palomar 110-35-17-C (O Saviñao)

Concello: O Saviñao (Lugo).

Expediente: IN407A 2023/80-2.

Predio

Políg.

Parc.

Lugar

Cultivo

Propietario

Apoio
(nº)

Apoio
(m2)

2

118

153

Reguenga

Prados ou pradeiras, matogueiras

Descoñecido

BK6LS2 X9//D110 -35-11

2.0

3

118

181

Lamayán

Prados ou pradeira

Descoñecido

BK5TLK 4E//D110 -35-12

2.0