En cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,
RESOLVO:
Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con cargo á aplicación orzamentaria 11.04.322C.470.6 da Orde do 12 de xaneiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas para a conciliación da persoa traballadora autónoma e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento TR341R).
Na web publicaranse as listaxes de concesión das axudas, con indicación da convocatoria, da persoa beneficiaria, da cantidade concedida da subvención outorgada. As persoas interesadas poden acceder á dita web na seguinte ligazón:
https://empregoeigualdade.xunta.gal/axudas-subvencions/emprego
Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2023
Pablo Fernández López
Secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social