DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 18 de outubro de 2023 Páx. 57608

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 5 de outubro de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, de notificación da resolución da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural do 25 de agosto de 2023 do proceso de concentración parcelaria da zona do Burgo-Vilamaior-Camba (Castro Caldelas-Ourense).

De conformidade co disposto no artigo 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

No prazo de dez (10) días desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado, a persoa interesada citada no anexo poderá comparecer nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural (rúa Florentino López Cuevillas, nº 4-6, baixo) en Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para coñecer o texto íntegro do acto que se notifica.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación.

Ourense, 5 de outubro de 2023

Luis Jorge Álvarez Ferro
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Propietaria/o

Acto que se notifica

Zona concentración parcelaria

09307146N

Resolución

O Burgo-Vilamaior-Camba

(Castro Caldelas-Ourense)