DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 17 de outubro de 2023 Páx. 57511

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribadeo

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e intentada a notificación á persoa responsable, sen que fose posible efectuala por causas non imputables ao Concello de Ribadeo, por este anuncio ponse de manifesto o incumprimento por parte das persoas responsables que a seguir se indican da obriga de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas en relación coas parcelas que se describen, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

Data da acta de inspección

Ref. catastral

Localización/polígono/parcela

Persoa responsable

26.5.2022

27051A02000074

Ove (San Xoán), Ribadeo, Lugo

020

00074

76558584W; 76546749N; 76564985D

25.5.2022

27051A02100143

Ove (San Xoán), Ribadeo, Lugo

021

00143

76531545B

25.5.2022

27051A02100166

Ove (San Xoán), Ribadeo, Lugo

021

00166

76546883P; 33765294Y

25.5.2022

27051A02100168

Ove (San Xoán), Ribadeo, Lugo

021

00168

11321123V

25.5.2022

27051A02100169

Ove (San Xoán), Ribadeo, Lugo

021

00169

76546883P; 33765294Y

25.5.2022

27051A02600360

Ove (San Xoán), Ribadeo, Lugo

026

00360

33993690N; 77592682C; 33765286K

25.5.2022

27051J00300246

Ove (San Xoán), Ribadeo, Lugo

003

00246

76558335Y

24.5.2022

7129314PJ5272N

Ove (San Xoán), Ribadeo, Lugo

-

7129314

33686357M

24.5.2022

7329001PJ5272N

Ove (San Xoán), Ribadeo, Lugo

-

7329001

33686357M

24.5.2022

7329002PJ5272N

Ove (San Xoán), Ribadeo, Lugo

-

7329002

33836899N; 76558581E; 33686610M; 76565323W

27.5.2022

7329003PJ5272N

Ove (San Xoán), Ribadeo, Lugo

-

7329003

33808051Y

24.5.2022

7329007PJ5272N

Ove (San Xoán), Ribadeo, Lugo

-

7329007

33686357M

24.5.2022

7329017PJ5272N

Ove (San Xoán), Ribadeo, Lugo

-

7329017

33808051Y

1º. En virtude do que antecede, comunícaselles que nas actas de inspección indicadas se comprobou que nas referidas parcelas se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto dispoñen dun prazo máximo de quince (15) días naturais para o cumprimento voluntario para xestionar a biomasa nas parcelas citadas, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.

2º. En caso de persistencia no incumprimento transcorrido o dito prazo, poderanse impoñer multas coercitivas reiteradas cada tres (3) meses, cuxa contía será de 900 euros por hectáreas de superficie de parcela non xestionada, ou a parte proporcional se a área for inferior, mentres persista o incumprimento, ou ben proceder á execución subsidiaria a través da realización por parte da Administración das actuacións materiais necesarias, con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, de ser o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas neste aspecto. En todo caso, a contía mínima que se vai impoñer por multa coercitiva será de 100 euros, con independencia das hectáreas que integren a superficie da parcela non xestionada, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da dita Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda. As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o acceso necesario para a realización dos traballos de xestión da biomasa e de retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.

3º. No caso de proceder á execución subsidiaria, o inicio das actuacións materiais necesarias por parte da Administración poderase verificar en calquera momento transcorrido o prazo máximo concedido, dentro dos catro anos posteriores, atendidas as súas posibilidades materiais e orzamentarias de actuación, sempre que se manteña o incumprimento. O Concello procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción desde o momento en que se verifique o incumprimento da obriga de xestión da biomasa nos prazos sinalados no artigo 22 da Lei 3/2007, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos, de ser o caso. A liquidación definitiva aprobarase unha vez finalizados os traballos de execución subsidiaria pola Administración actuante que desenvolva as actuacións materiais de execución subsidiaria, e será notificada á persoa responsable para o seu pagamento.

Neste caso, a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa nas faixas secundarias establécese nunha cantidade estimada que se mostra na seguinte táboa:

Nº de expediente

Ref. catastral

ha afectadas por execución subsidiaria

Estimación prezo por ha

Liquidación provisional

2022/27051A02000074

27051A02000074

0,1602

2.056,00 €

329,45 €

2022/27051A02100143

27051A02100143

0,0080

2.056,00 €

16,47 €

2022/27051A02100166

27051A02100166

0,1041

2.056,00 €

214,06 €

2022/27051A02100168

27051A02100168

0,0635

2.056,00 €

130,60 €

2022/27051A02100169

27051A02100169

0,0309

2.056,00 €

63,44 €

2022/27051A02600360

27051A02600360

0,0198

2.056,00 €

40,74 €

2022/27051J00300246

27051J00300246

0,0132

2.056,00 €

27,22 €

2022/7129314PJ5272N

7129314PJ5272N

0,0848

1.688,89 €

143,19 €

2022/7329001PJ5272N

7329001PJ5272N

0,0291

1.688,89 €

49,09 €

2022/7329002PJ5272N

7329002PJ5272N

0,0432

1.688,89 €

73,03 €

2022/7329003PJ5272N

7329003PJ5272N

0,0037

1.688,89 €

6,31 €

2022/7329007PJ5272N

7329007PJ5272N

0,0087

1.688,89 €

14,78 €

2022/7329017PJ5272N

7329017PJ5272N

0,0415

1.688,89 €

70,13 €

4º. A falta de cumprimento das obrigas indicadas é constitutiva de infracción administrativa, polo que dará lugar ao comezo do procedemento sancionador que corresponda, no cal se poderán adoptar medidas de carácter provisional, consistentes en traballos preventivos de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas co obxectivo de evitar os incendios forestais e o comiso das indicadas especies, segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007.

a) Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007):

1. Será competente para incoar o procedemento sancionador para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal a persoa titular da xefatura territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada.

2. Serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:

a) A persoa titular da xefatura territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.

b) O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.

c) A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.

3. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei, por ausencia de ordenanzas municipais ao respecto, para as infraccións cometidas en solo urbano, de núcleo rural e urbanizable será competencia do correspondente concello. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves, graves e moi graves corresponderalle á persoa titular da Alcaldía, de conformidade co establecido no número 3 do artigo 21.ter.

b) Cualificación da infracción: infracción leve (artigo 51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia), sen prexuízo do establecido no artigo 51.2 g) para as faltas graves.

c) Contía máxima da sanción pecuniaria que se pode impor no caso de infracción leve: 1.000,00 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007. No caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000,00 € (artigo 74.b).

d) Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co establecido no artigo 22.2 da Lei 3/2007.

5º. O texto íntegro da comunicación estará ao dispor das persoas destinatarias na sede electrónica do concello actuante.

Ribadeo, 28 de setembro de 2023

Daniel Vega Pérez
Alcalde