DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 17 de outubro de 2023 Páx. 57473

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 4 de outubro de 2023 de emprazamento para o trámite de audiencia do expediente de reposición da legalidade urbanística PON/157/2022-RP1.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase o emprazamento ás persoas interesadas con documento nacional de identidade número 35598013Q e Y0064866C, para o trámite de audiencia do expediente de reposición da legalidade urbanística PON/157/2022-RP1.

O expediente relacionado está á disposición das persoas interesadas na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita na rúa dos Camiños da Vida, s/n, 1º andar, Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

As persoas interesadas disporán dun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación deste anuncio, para alegaren e presentaren os documentos e informacións que consideren pertinentes.

Para que conste e lles sirva de notificación as citadas persoas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2023

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística