DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 16 de outubro de 2023 Páx. 57284

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2023 pola que se corrixen erros advertidos na Resolución do 15 de setembro de 2023 pola que se convoca concurso de acceso a prazas de corpos docentes universitarios.

Advertidos erros na Resolución do 15 de setembro de 2023, da Universidade da Coruña, pola que se convocan a concurso de acceso a prazas dos corpos docentes universitarios, publicada no DOG número 184, do 27 de setembro, e ao abeiro do establecido no artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese a súa rectificación nos seguintes termos:

Na páxina 54666, no anexo II, na comisión suplente:

Onde di: «Vogal 3ª: López Jiménez, Petra Amparo. Profesora titular de universidade. Universidade Politecnica de Valencia», debe dicir: «Vogal 3ª: López Jiménez, Petra Amparo. Catedrática de universidade. Universidade Politécnica de Valencia».

A Coruña, 6 de outubro de 2023

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña