DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 16 de outubro de 2023 Páx. 57285

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 3 de outubro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións ditadas nos procedementos de cancelación individual no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente LU-2022/00037 e cinco máis).

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícanselles ás persoas identificadas no anexo as súas respectivas resolucións de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, ben por resultar descoñecido o seu domicilio, ben porque, logo de dous intentos de notificación, esta non se puido efectuar.

As resolucións foron ditadas pola persoa titular da xefatura territorial, cuxo texto íntegro, así como os seus respectivos expedientes, están á disposición das persoas interesadas na sede da Xefatura Territorial de Lugo, rolda da Muralla, núm. 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

As resolucións mencionadas non poñen fin á vía administrativa, polo que poden ser impugnadas en alzada diante da persoa titular da Dirección Xeral de Xustiza no prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Logo de transcorrer o dito prazo sen que conste a interposición de recurso, as resolucións devirán firmes.

Lugo, 3 de outubro de 2023

Gerardo Criado Guizán
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Núm. expediente

DNI/NIE/pasaporte

Acto notificado

LU-2022/00037

AO8284229/X6697219X

Resolución de cancelación da inscrición

LU-2019/00046

34881797C

Resolución de cancelación da inscrición

LU-2018/00201

33350019L

Resolución de cancelación da inscrición

LU-2018/00117

33555126N

Resolución de cancelación da inscrición

LU-PF-160/2011

SG1501616

Resolución de cancelación da inscrición

LU-PF-107/2011

X5729802L

Resolución de cancelación da inscrición