DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 16 de outubro de 2023 Páx. 57329

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Sarria (expediente IN407A 2023/022-2).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: rúa A Batundeira, 2, Velle, Ourense.

Denominación: reforma LMTA SAR804 entre apoio BWWS97Y8 e CT 27CW22 (Sarria).

Situación: concello de Sarria.

Características técnicas principais:

• Instalación dun paso aéreo a soterrado e dunhas autoválvulas no apoio existente BWWS97Y8 tipo C-14/2000.

• LMT soterrada a 20 kV, con orixe no paso aéreo a soterrado proxectado no apoio existente BWWS97Y8 e final nunha cela de liña existente no CT 27CW22, cunha lonxitude de 216 metros en condutor tipo RHZ1-2OL 240 mm.

• LMT soterrada a 20 kV, con orixe nun empalme proxectado na LMTS SAR804 e final nun paso aéreo a soterrado situado no apoio proxectado D71-5, cunha lonxitude de 16 metros en condutor RHZ1-2OL-240 mm.

• LMT aérea a 20 kV, con orixe no apoio proxectado D71-5 tipo C-14/4500 e final no apoio existente D71-6, cunha lonxitude de 57 metros en condutor LA-110 mm existente.

Finalidade da instalación: aumento de potencia.

Orzamento: 44.383,40 euros.

Documentación que se xunta:

• Separata para o Concello de Sarria.

• Separata para a AXI.

Esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería, o Decreto 49/2023, do 19 de maio, polo que se modifica o Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estructura orgánica da Vicepresidencia Primera e Consellería de Economía, Industria e Innovación, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,

RESOLVE:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, supeditada ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.

Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

En relación coa instalación de baixa tensión , deberase seguir o disposto no artigo 18 do Real decreto 842/2002 para a súa posta en servizo, así como na súa instrución ITC-BT-04, e no seu momento deberase achegar a documentación exixida con carácter previo á posta en servizo da instalación, para a súa revisión por esta Administración e posterior inscrición da instalación no correspondente rexistro.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.

Lugo, 22 de setembro de 2023

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo