DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 13 de outubro de 2023 Páx. 56874

III. Outras disposicións

Augas de Galicia

CORRECIÓN DE ERROS. Resolución do 27 de setembro de 2023 pola que se activa a situación de alerta ou escaseza severa na unidade territorial de escaseza número 11 río Mero, Arteixo e ría da Coruña.

Advertido un erro na citada resolución publicada no Diario Oficial de Galicia número 187, do luns 2 de outubro de 2023, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 55369, no primeiro parágrafo, onde di:

«O 2.6.2021, o Consello da Xunta de Galicia aprobou o Plan especial de seca da demarcación hidrográfica de Galicia Costa, que foi publicado no Diario Oficial de Galicia o 1.7.2021».

Debe dicir:

«O 2.6.2022, o Consello da Xunta de Galicia aprobou o Plan especial de seca da demarcación hidrográfica de Galicia Costa, que foi publicado no Diario Oficial de Galicia o 1.7.2022».