DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 11 de outubro de 2023 Páx. 56587

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2023 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2023.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade da relación dos convenios suscritos pola Academia Galega de Seguridade Pública nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2023, que se incorpora como anexo a esta resolución.

A Estrada, 3 de outubro de 2023

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Relación de convenios suscritos pola Agasp
no segundo cuadrimestre do ano 2023

Convenio

Data

Achega total da Agasp

Convenio para a asunción pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia da convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso ás diferentes categorías dos corpos de policía local e ás prazas de auxiliares de policía local ou vixiantes municipais entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Cambre.

4.5.2023

Sen achega económica

Convenio para a asunción pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia da convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso ás prazas de auxiliares de policía local entre Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello da Illa de Arousa.

26.5.2023

Sen achega económica

Addenda ao convenio para a asunción pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia da convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso ás diferentes categorías dos corpos de policía local e ás prazas de auxiliares de policía local entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Arzúa.

14.7.2023

Sen achega económica

Addenda ao convenio para a sunción pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia da convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso ás diferentes categorías dos corpos de policía local e ás prazas de auxiliares de policía local entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xusticia e Deportes e o concello de Carral.

21.7.2023

Sen achega económica