DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 11 de outubro de 2023 Páx. 56700

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 2 de outubro de 2023 polo que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador DH.D36.86674.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa titular do NIF 35382204-Q a proposta de resolución do expediente sancionador do 4 de setembro de 2023 ditada no procedemento de denuncia en materia de vertidos DH.D36.86674.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, o interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), para coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico tramitaciondph.augas@xunta.gal ou nos teléfonos 981 54 41 41 e 981 54 50 87.

Así mesmo, indícase que poderá presentar alegacións, perante a Área de Vertidos de Augas de Galicia, no prazo de quince días contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2023

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia