DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 11 de outubro de 2023 Páx. 56636

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2023 pola que se aproba e se fai pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para o acceso á escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade bibliotecas e especialidade arquivos, subgrupo A1, pola quenda de promoción interna.

Mediante a Resolución reitoral do 25 de agosto de 2023 (DOG do 6 de setembro), convocáronse probas selectivas para cubrir seis prazas da escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade bibliotecas e especialidade arquivos, subgrupo A1, pola quenda de promoción interna. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a citada listaxe provisional está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web:

https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar os defectos que motivaron a exclusión ou a omisión.

Cuarto. Para emendar a exclusión ou omisión cubrirase o formulario de emendas do catálogo de procedementos na seguinte ligazón:

https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/emendaSelecPersoalFuncionario.htm

Quinto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a ser incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.

Sexto. Nomear, en aplicación da base 5.1 da convocatoria, o tribunal do proceso selectivo. Estará composto polas seguintes persoas:

Tribunal titular:

Presidenta:

– María Isabel Casal Reyes, funcionaria de carreira da escala facultativa de arquivos e bibliotecas da USC.

Vogais:

– Desirée María Domínguez Pallas, funcionaria de carreira da escala facultativa de arquivos e bibliotecas (especialidade arquivos) da USC.

– José Rodríguez Dopazo, funcionario de carreira da escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos (especialidade bibliotecas) da USC.

– M. Lourdes Pérez González, funcionaria de carreira da escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos (especialidade bibliotecas) da USC.

Secretario:

– Alberto Mariño Ruza, funcionario de carreira da escala técnica superior da administración da USC, que actuará con voz e voto.

Tribunal suplente:

Presidenta:

– Ana González da Costa, funcionaria de carreira da escala facultativa de arquivos e bibliotecas da USC.

Vogais:

– Gerardo Marraud González, funcionario de carreira da escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos da Universidade de Vigo.

– Elena Rey Sierra, funcionaria de carreira da escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade bibliotecas, da Universidade de Santiago de Compostela.

– Cristina González Novoa, funcionaria de carreira da escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, da Universidade da Coruña.

Secretaria:

– Silvia M. Moreira Figueiras, funcionaria de carreira da escala técnica superior da administración da USC, que actuará con voz e voto.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2023

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela