DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 11 de outubro de 2023 Páx. 56813

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2023 pola que se publica o acordo de aprobación da modificación do novo prego de condicións xerais do servizo portuario especial de practicaxe e o novo prego de condicións xerais do servizo especial de amarre e desamarre de buques do porto de Ribadeo.

O Consello Reitor da Entidade Pública Empresarial (EPE) Portos de Galicia, en sesión ordinaria do 28 de xullo de 2023, de conformidade coas previsións contidas na Lei 6/2017, do 12 de decembro, de Portos de Galicia, á vista da correspondente proposta, acordou aprobar as condicións dos servicios portuarios técnico-náuticos de practicaxe e amarre e desamarre de buques, así como a xestión con limitación de operadores deste servizo de amarre e desamarre por licenza acumulada á do servizo de practicaxe, por razón de rendibilidade e de demanda, de acordo cos artigos 113, 116, 119 e concordantes da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, e aprobouse a modificación e novos pregos de condicións xerais do servizo de practicaxe e acumulado de amarre no referido porto de Ribadeo.

Contra o presente acordo cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación, consonte o establecido nos artigos 25 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan, previa e potestativamente, interpor recursos de reposición ante o Consello Reitor de Portos de Galicia, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación.

O anterior, en cumprimento do expresado acordo, faise público para xeral coñecemento e quedan, ademais, os devanditos pregos ao dispor das persoas interesadas nas oficinas desta EPE Portos de Galicia e na súa páxina web www.portosdegalicia.com

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2023

José Antonio Álvarez Vidal
Presidente de Portos de Galicia

Asunto: trámite de audiencia e consulta da proposta de modificación do prego de practicaxe e amarre do porto de Ribadeo (Lugo)

En agosto de 2022 licitouse a licenza de prestación do servizo de practicaxe e amarre para o porto de Ribadeo. No prego do concurso establecíanse como medios humanos técnicos 1 práctico/a a tempo completo e un segundo práctico ou práctica con dedicación parcial, ademais do resto de medios humanos e materiais necesarios para o servizo.

Desde esas datas, motivado polo crecemento de actividade das principais actividades que realizan operacións no porto, en particular da pasta de papel, incrementouse de maneira substancial o tráfico obxecto de demanda do servizo de practicaxe, ao se pasar de 145 buques ao ano aos 170 actuais, o que eleva as operacións realizadas por todos os servizos de 582 a 702 manobras.

Este maior tráfico require unha mellora ou ampliación dos medios á disposición, en particular da dotación dun 2º práctico ou práctica a tempo completo, co obxectivo de garantir as condicións da súa operativa, tanto por produtividade como por seguridade no servizo. Isto permitiría operar con maior eficiencia.

Cos datos mencionados, e a pesar de que o propio incremento de tráfico achega uns ingresos adicionais ao servizo, que coas tarifas vixentes e o novo prego serían duns 60 mil euros e deixaría a cifra de ingresos totais arredor dos 289.000 €, considérase que poderían ser aínda insuficientes para garantir a completa prestación do servizo.

Así, os custos estimados do servizo, que eran en 2019 de 186.374,00 € e son co novo prego de 2022 de 232.250,00 €, ao incrementar a dotación de medios e incluír a achega completa dun 2º práctico ou práctica veríanse elevados ata 294.320,00 €, que cun beneficio do 6 % chegarían a 312.000 € de cifra de negocio.

Por todo iso, proponse que, dentro do marco da nova licenza que se acaba de outorgar se requira a disposición do/da segundo/a práctico/a pero que iso vaia aparellado ao incremento das tarifas máximas aplicables no servizo nun 8 %.

Todo o mencionado está condicionado á estabilidade ou incremento da demanda. Debería ir, por iso, aparellado en particular coas garantías dun novo convenio que garanta a actividade de transporte de pasta de papel nas toneladas actuais ou maiores.

Por tanto, dáse traslado da proposta, de conformidade co artigo 116.9 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, para que, no prazo de 10 días hábiles desde a notificación, poidan formular as alegacións e/o observacións ou consideracións que se consideren oportunas e conveñan aos seus dereitos e intereses lexítimos.

Prego de prescricións particulares do servizo portuario de amarre e desamarre no porto de Ribadeo

Índice

Sección I. Obxecto e ámbito do servizo

Prescrición 1ª. Obxecto e fundamento legal

Prescrición 2ª. Definición do servizo

Prescrición 3ª. Ámbito xeográfico

Sección II. Licenzas

Prescrición 4ª. Tipos de licenzas

Prescrición 5ª. Prazo

Prescrición 6ª. Outorgamento de licenzas

Prescrición 7ª. Extinción das licenzas

Sección III. Acceso á prestación do servizo

Prescrición 8ª. Requisitos de acceso e réxime de incompatibilidades

Prescrición 9ª. Condicións de solvencia económico-financeira e técnico-profesional

Prescrición 10ª. Medios humanos e materiais mínimos exixidos

Prescrición 11ª. Obrigas de protección ambiental e de contribución á sustentabilidade

Sección IV. Condicións e calidade da prestación do servizo

Prescrición 12ª. Condicións da prestación do servizo

Prescrición 13ª. Calidade da prestación do servicio

Prescrición 14ª. Subministración de información á Autoridade Portuaria

Prescrición 15ª. Garantías

Prescrición 16ª. Penalizacións e réxime sancionador

Sección V. Réxime económico do servizo

Prescrición 17ª. Tarifas pola prestación do servizo

Prescrición 18ª. Tarifas por intervención en situacións de emerxencias, operacións de salvamento, extinción de incendios ou loita contra a contaminación

Prescrición 19ª. Suspensión temporal do servizo a unha persoa usuaria

Sección VI. Entrada en vigor, reclamacións e recursos

Prescrición 20ª. Entrada en vigor destas prescricións particulares

Prescrición 21ª. Reclamacións e recursos

Sección I. Obxecto e ámbito do servizo

Prescrición 1ª. Obxecto e fundamento legal

O obxecto do presente prego de prescricións particulares (en diante, PPP) é a regulación do outorgamento de licenzas e da prestación do servizo portuario de amarre e desamarre de buques no porto de Ribadeo, xestionado pola Autoridade Portuaria Portos de Galicia (en diante, Autoridade Portuaria), conforme a Lei 6/2017, de portos de Galicia.

Prescrición 2ª. Definición do servizo

1. Enténdese por servizo de amarre o servizo cuxo obxecto é recoller as amarras dun buque, portalas e fixalas aos elementos dispostos nos peiraos ou atracadas para este fin, seguindo as instrucións do/da capitán/capitá do buque, no sector de amarre designado pola Autoridade Portuaria, e na orde e coa disposición conveniente, para facilitar as operacións de atracada, desamarre e desatraque.

2. Enténdese por servizo de desamarre aquel cuxo obxecto é o de largar as amarras dun buque dos elementos de fixación a que está amarrado seguindo a secuencia e instrucións do/da capitán/capitá e sen afectar as condicións de amarre dos barcos contiguos.

3. Enténdese por operación de emendada aquela na cal se realizan sucesivamente os dous servizos anteriormente apuntados para cambiar a posición de atracada dun buque dentro dun mesmo peirao.

4. Forma, parte deste servizo a recollida e fixación dos diferentes elementos de amarre (cabos, arames, cadeas…), tanto cando se realice directamente desde a propia estrutura de atracada, peirao, estacada (duque de alba), campo de boias monoboia como cando medie a utilización de embarcación e posterior achegamento ao persoal en peirao ou estrutura de amarre naquelas operacións en que sexa necesario.

5. Inclúense os servizos especiais de amarre a bordo dos buques ou artefactos flotantes tipo, gabarras, barcazas, buques abarloados, plataformas, caixóns, etc., así como o amarre destes artefactos flotantes en campos de boias, peirao, estacada (duque de alba) ou calquera outra estrutura de amarre, incluíndo todos os seus elementos de fixación.

6. O servizo de amarre poderá ser obrigatorio para todos os buques independentemente da súa tipoloxía cun arqueo bruto de máis de 500 GT, coas condicións e particularidades que se establezan ou que se poidan establecer nas ordenanzas portuarias aprobadas por Portos de Galicia.

Prescrición 3ª. Ámbito xeográfico

1. O ámbito xeográfico de prestación deste servizo é a área portuaria delimitada pola zona de servizo do porto vixente no momento de aprobación deste PPP, segundo figura na delimitación dos espazos e usos portuarios incluíndo as zonas de fondeadura, ou a que substitúa en diante.

2. No caso de modificacións da zona de servizo, quedarán incorporadas automaticamente ao ámbito xeográfico de prestación do servizo tras a súa comunicación oficial aos prestadores.

Sección II. Licenzas

Prescrición 4ª. Tipos de licenzas

A licenza é única.

Prescrición 5ª. Prazo

1. O prazo máximo de duración das licenzas será de cinco (5) anos.

2. As licenzas poderán renovarse, por unha vez, ata os dez (10) anos, logo de solicitude e acreditación do/da prestador/a do cumprimento dos requisitos previstos na Lei de portos de Galicia e neste PPP.

3. Os titulares da licenza poden renunciar a ela cun aviso previo obrigatorio de seis meses.

Prescrición 6ª. Outorgamento de licenzas

1. O procedemento de outorgamento das licenzas e o seu contido están regulados, con carácter xeral, nos artigos 115 a 122 da Lei de portos de Galicia.

2. As licenzas outorgaranse mediante concurso, de conformidade co establecido no artigo 116 da Lei de portos de Galicia.

Prescrición 7ª. Extinción das licenzas

1. As licenzas poderán extinguirse por algunha das seguintes causas:

1. Polas causas establecidas no artigo 122, da Lei de de portos de Galicia.

2. Polas seguintes causas non asociadas a incumprimento:

a) Por renunciar do/da titular co aviso previo previsto na prescrición 5ª.

b) Por falecemento da persoa titular da licenza, se é persoa física e non existe petición de continuidade por parte dos seus sucesores, no prazo dun ano desde a data de defunción, e log de requirimento da Autoridade Portuaria.

c) Pola liquidación ou extinción da persoa xurídica se fose a titular.

3. Por causa de revogación por incumprimento grave do título da licenza e, en particular, por algunha das seguintes:

a) O incumprimento da obriga de fornecer á Autoridade Portuaria a información que corresponda, así como facilitar información falsa ou de forma incorrecta ou incompleta reiteradamente.

b) O incumprimento por exceso das tarifas do/da prestador/a publicadas e das tarifas máximas, cando sexan de aplicación.

c) A facturación de servizos ou conceptos indebidos ás persoas usuarias ou á Autoridade Portuaria ou o falseamento de datos sobre os servizos prestados.

d) A falta de inicio da actividade no prazo establecido neste PPP.

e) A transmisión da licenza a un terceiro sen a autorización da Autoridade Portuaria.

f) A falta de constitución da garantía ou dos seguros indicados neste PPP no prazo establecido.

g) A falta de reposición ou complemento da garantía logo de requirimento da Autoridade Portuaria nos prazos establecidos para iso.

h) A reiterada prestación deficiente ou con prácticas abusivas do servizo, especialmente se afecta a seguridade.

i) A falta de disposición efectiva dos medios humanos e materiais mínimos establecidos.

j) O incumprimento ou neglixencia grave na conservación dos medios materiais necesarios para a prestación do servizo, sen atender o requirimento previo de corrección da Autoridade Portuaria, ou substitución destes sen a aprobación da Autoridade Portuaria.

k) O abandono da zona de servizo do porto por parte dalgún dos medios materiais adscritos ao servizo sen a autorización previa da Autoridade Portuaria e informe da Capitanía Marítima no que afecte a seguridade marítima, salvo causa de forza maior ou orde da Administración marítima cando se trate dunha emerxencia.

l) O incumprimento das obrigas establecidas neste prego de prescricións particulares e, en particular, o incumprimento da obriga de dispoñibilidade do servizo.

2. As licenzas extinguiranse por acordo do Consello Reitor de Portos de Galicia, logo de audiencia á persoa interesada, á cal se lle outorga un prazo de quince días co fin de que formule as alegacións e fundamentos que considere pertinentes, en defensa dos seus dereitos.

Porén, no caso de que transcorrese o prazo establecido na licenza, a extinción producirase de forma automática, salvo que a Autoridade Portuaria aprobase a súa renovación.

3. No caso de revogación da licenza, aplicarase, se procede, unha penalización equivalente ao total da garantía prestada.

Sección III. Acceso á prestación do servizo

Prescrición 8ª. Requisitos de acceso e réxime de incompatibilidades

a) Requisitos de acceso.

1. O acceso ao mercado para a prestación do servizo estará suxeito ao establecido no artigo 3 do Regulamento (UE) nº 2017/352 e na Lei de portos de Galicia.

2. O acceso á condición de prestador/a do servizo portuario de amarre e desamarre requirirá a obtención da correspondente licenza, que outorgará a Autoridade Portuaria, conforme o disposto na Lei de portos de Galicia e neste PPP.

3. A prestación do servizo rexerase polo sistema de libre concorrencia.

4. Poderán optar a unha licenza para a prestación do servizo as persoas físicas ou xurídicas españolas, doutros países da Unión Europea ou de terceiros países, condicionadas estas últimas á proba de reciprocidade, salvo nos supostos en que os compromisos da Unión Europea coa Organización Mundial do Comercio non exixan o devandito requisito, que teñan plena capacidade de obrar e que non estean incursas en causa de incompatibilidade.

5. O/a empresario/a deberá cumprir co principio de honorabilidade, e poderá non outorgarse a licenza cando existan motivos suficientes para apreciar que non se produce devandito cumprimento. Esta limitación afectará igualmente, calquera persoa física ou xurídica vinculada á primeira ou pertencente ao mesmo grupo empresarial a condición de que contribuíse á realización da conduta en que se aprecia a infracción determinante da falta de honorabilidade.

6. As persoas solicitantes deberán acreditar o cumprimento das obrigas fiscais, laborais e de seguridade social.

7. Os prestadores cumprirán a normativa social e laboral española, incluíndo as disposicións dos convenios colectivos aplicables, os requisitos relativos á tripulación e os requisitos relativos aos períodos de traballo e de descanso da xente de mar, e así como as normas aplicables en materia de inspección de traballo.

8. Acreditarase mediante a presentación de certificados oficiais ou declaración responsable o cumprimento da lexislación de prevención de riscos laborais e seguridade e saúde no traballo e a normativa laboral en canto a xornadas dos traballadores e quendas para a cobertura do servizo.

9. Considerarase que os solicitantes están ao día das obrigas de carácter fiscal e coa Seguridade Social, cando non concorra ningunha das circunstancias previstas nos artigos 71, 72 e 73 da subsección referida ás prohibicións de contratar da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

As condicións de acceso establecidas nesta sección III son de obrigado cumprimento tanto para a obtención da licenza como durante toda a súa vixencia.

b) Réxime de incompatibilidades.

1. Ningunha persoa física ou xurídica que sexa titular dunha licenza deste servizo poderá ter influencia efectiva na xestión do/da titular doutra licenza de idéntico servizo no mesmo porto, nos termos previstos no devandito artigo.

2. As incompatibilidades terán efecto tanto para o outorgamento das licenzas como durante todo o seu prazo de duración.

Prescrición 9ª. Condicións de solvencia económico-financeira e técnico-profesional.

a) Solvencia económico-financeira.

1. O/a solicitante deberá contar para a obtención da licenza, e durante toda a vixencia desta, cun patrimonio neto superior ao 50 % do custo de adquisición dos medios materiais mínimos exixidos para ser titular dunha licenza (que será debidamente xustificado na solicitude) e superior ao 30 % dos activos totais da empresa solicitante.

2. Este requisito poderá acreditarse, entre outros, por algún dos medios seguintes:

a) Informes de institucións financeiras.

b) Presentación das contas anuais auditadas ou extracto delas, no caso de que a publicación destas sexa obrigatoria nos Estados onde aquelas estean establecidas.

c) No caso de empresas de nova creación, os/as solicitantes deberán achegar as escrituras públicas de subscrición e desembolso do capital social.

3. Se, por unha razón xustificada, o/a solicitante non está en condicións de presentar as referencias solicitadas, a Autoridade Portuaria poderá avaliar a súa solvencia económica e financeira por medio de calquera outro documento, dos legalmente establecidos, que considere apropiado.

4. A Autoridade Portuaria pode en todo momento avaliar a situación económico-financeira dos licenciatarios co obxectivo de verificar o mantemento durante o prazo da licenza deste requisito.

b) Solvencia técnico-profesional.

1. A solvencia técnico-profesional do/da solicitante quedará acreditada tendo en conta a súa capacidade para a prestación do servizo nas condicións establecidas na Lei de portos de Galicia e nestas prescricións particulares de maneira simultánea.

a) Cando a empresa acredite dispor dos medios humanos establecidos na prescrición 11ª e que estes teñan a cualificación profesional exixida nela.

b) Cando a empresa acredite dispor dos medios materiais exixidos na prescrición 10ª, e demostre a súa capacidade para manter os devanditos equipamentos nas condicións exixidas nela.

2. Esta solvencia técnico-profesional deberá acreditarse no momento de solicitar a licenza, e manterse ao longo de todo o prazo de vixencia, e poderá ser obxecto de verificación por parte da Autoridade Portuaria en calquera momento.

Prescrición 10ª. Medios humanos e materiais mínimos exixidos

En aplicación do establecido no artigo 120.1.j) da Lei de portos de Galicia, os medios humanos e materiais mínimos exixidos a cada prestador/a para ser titular dunha licenza son os indicados a seguir:

a) Medios humanos mínimos e a súa cualificación exixidos para acceder á prestación do servizo.

1. O/a prestador/a deberá dispor do número de amarradores necesarios, para manter as quendas de servizo con presenza no porto e de dispoñibilidade localizada (retén) para a prestación do servizo nas condicións de seguridade, calidade e eficiencia exixidas neste PPP.

2. As quendas que o/a prestador/a deberá manter para cubrir o servizo estarán formados polo número mínimo de amarradores seguinte:

a) Tres (3) amarradores con presenza permanente no porto, dos cales, polo menos un (1) será patrón para as embarcacións de amarre. Así mesmo, cada quenda deberá contar cun coordinador-amarrador encargado de coordinar a operativa do servizo e a comunicación co buque, o centro de control e outros prestadores.

b) Dous (2) amarradores en dispoñibilidade localizada (retén), dos cales polo menos un (1) será patrón, para atender calquera servizo ou emerxencia que se produza.

3. O/a prestador/a deberá cumprir, no que a xornada de traballo e descansos se refire, coa lexislación laboral vixente. O/a prestador/a do servizo cumprirá a lexislación laboral española vixente en cada momento, en especial os convenios de aplicación e deberá velar por que os traballadores reciban a formación continua necesaria para adquirir os coñecementos esenciais para o exercicio da súa función.

4. O persoal deberá coñecer os medios de que dispón a empresa destinados aos labores de salvamento, extinción de incendios, loita contra a contaminación e á prevención e control de emerxencias, así como a súa localización e estará adestrado para a súa eficaz utilización. Para garantir o compromiso respecto a formación en materia de loita contra a contaminación mariña accidental, a persoa solicitante deberá presentar, xunto coa solicitude de licenza, unha declaración responsable do cumprimento dos requisitos de formación que sexan de aplicación segundo o PIM. Participará, ademais, nos exercicios de simulacro organizados pola Autoridade Portuaria.

b) Medios materiais mínimos exixidos para prestar o servizo.

1. En aplicación do establecido no artigo 120 da Lei de portos de Galicia, os medios materiais mínimos exixidos a cada prestador/a para prestar o servizo son os seguintes:

a ) Unha embarcación para recoller cabos á boia con base permanente no porto.

b) Un vehículo auxiliar.

c) Equipamento de traballo e dispositivos individuais de seguridade e saúde.

2. As embarcacións adscritas ao servizo reunirán as seguintes características: Eslora mínima de 9 metros e francobordo mínimo dun metro.

Potencia mínima de 130 CV.

a) A hélice e o temón deberán estar protexidos para evitar o seu contacto cos cabos de amarre.

b) Cuberta con suficiente plataforma de traballo.

c) O material para o manexo dos cabos de amarre debe ser adecuado e coa resistencia necesaria.

d) Todas as embarcacións auxiliares que se van utilizar deben ter o casco ignifugo e todo o equipo de a bordo debe ser do tipo aprobado para este tipo de operacións, incluíndo os escapes, para evitar fontes de ignición.

e) Defensas adecuadas que ofrezan protección suficiente.

f) Dotación mínima de persoal segundo a normativa da Dirección Xeral da Mariña Mercante e disposición de equipamento VHF de banda mariña.

g) Equipamento suficiente de sirgas e bicheiros para facilitar o manexo de estachas.

h) Equipamentos de comunicacións e navegación:

– VHF de banda mariña de 25 W.

– Sistema de identificación automático (AIS ou SIA) de clase A (estarán exentas deste requisito aquelas embarcacións que carezan de ponte cuberta cando non sexa viable a instalación destes equipamentos a bordo).

i) Aro salvavidas con homologación SOLAS, con rabiza de lonxitude mínima de 30 metros e luz branca flotante.

j) Gancho con disparador ou dispositivo similar que facilite o arrastre de cabos, permitindo o seu zafado rápido baixo tensión e demais elementos auxiliares para o manexo de cabos.

k) Cando unha embarcación vaia a quedar fóra de servizo por operacións de mantemento ou revisión que estean programadas de antemán, deberá pórse ao dispor unha nova de características similares que cubra as necesidades do servizo antes de retirar a afectada, log de informe á Autoridade Portuaria. No caso de que unha embarcación quede fóra de servizo por avaría ou outras circunstancias imprevistas, o prazo para repoñela será de trinta días. En calquera caso, a substitución dunha embarcación deberá realizarse por outra de características similares e deberá ser autorizada previamente pola Autoridade Portuaria.

3. Os vehículos irán provistos de:

a) Gancho con disparador, cabrestante ou dispositivo similar.

b) Un aro salvavidas con luz e rabiza.

c) Foco de iluminación independente.

d) Dispositivo de baixada automática das fiestras.

e) Equipo VHF de banda mariña de 25 W.

5. EPI para cada amarrador, patrón ou mariñeiro:

a) Chaleco salvavidas autoinflable con homologación SOLAS.

b) Casco, calzado de seguridade e luvas de protección.

c) Vestimenta corporativa da empresa de cores vivas con tiras reflectoras.

d) Lanterna ou luz frontal.

6. Equipamentos de comunicacións individuais:

a) VHF portátil para cada amarrador.

b) Teléfono móbil para o coordinador-amarrador.

4. O/a prestador/a deberá contar cos seguintes medios específicos para cooperar nos labores de salvamento, extinción de incendios e loita contra a contaminación, así como a prevención e control de emerxencias:

i. Como elementos de loita contra a contaminación, disporán de dous carreteis de cerco con dispositivo de lanzamento rápido cunha lonxitude de douscentos cincuenta (250) metros cada un. Os cercos deben ser adecuados para a loita contra a contaminación dentro do ámbito destas prescricións.

ii. Os medios anteriormente descritos deberán estar preparados para a súa utilización inminente. A Autoridade Portuaria facilitará, de ser o caso, sen cargo ningún, o espazo necesario para o seu almacenamento.

iii. O/a prestador/a terá a obriga de utilizar os elementos adscritos ao PIM que a Autoridade Portuaria lle entregue para a súa utilización, para o cal deberá aceptar a formación impartida pola Autoridade Portuaria ao seu persoal.

iv. Os medios descritos seguirán un plan de revisión e mantemento periódico. Tras o seu uso, serán revisados e postos a punto, e reporanse aqueles que o requiran.

5. Unha vez finalizado o prazo da licenza, a Autoridade Portuaria non se fará cargo dos medios materiais de que dispoña o/a prestador/a do servizo. O investimento realizado en tales medios durante a vixencia da licenza, e que estea pendente de amortizar ao terminar, non xerará dereito a indemnización ningunha.

6. Se as embarcacións ou os restantes medios materiais adscritos ao servizo portuario non fosen propiedade da empresa titular da licenza, esta última deberá presentar, ademais dos requirimentos antes indicados, os contratos de arrendamento correspondentes, que deberán estar vixentes durante toda a duración da licenza e deberán garantir que o/a prestador/a ten o control operativo total dos devanditos medios.

7. A substitución dun medio material adscrito ao servizo deberá realizarse en todo caso por outro de características similares e deberá ser autorizado previamente pola Autoridade Portuaria.

8. As embarcacións destinadas ao servizo terán necesariamente a súa base no porto e o seu posto base de atracada designarao a Autoridade Portuaria. Os devanditos medios unicamente poderán abandonar a zona de servizo do porto, a autorización previa e expresa da Autoridade Portuaria e informe da Capitanía Marítima no que afecte á seguridade marítima.

Prescrición 11ª. Obrigas de protección ambiental e de contribución á sustentabilidade

1. As empresas prestadoras deberán cumprir a normativa aplicable en materia ambiental, as normas ambientais específicas que, de ser o caso, se establezan no Regulamento de explotación e policía, nas ordenanzas portuarias e nas instrucións que poida ditar a Autoridade Portuaria, así como nos sistemas de xestión ambiental que poida aprobar a Autoridade Portuaria, conforme os obxectivos e indicadores de sustentabilidade ambiental, e serán as responsables de adoptar as medidas necesarias para previr e para paliar os efectos ambientais resultantes da prestación dos servizos.

2. As empresas prestadoras deberán realizar unha avaliación de riscos e proverán as garantías financeiras que, de ser o caso, sexan de aplicación conforme a Lei 26/2007, do 23 de outubro, de responsabilidade ambiental. Estas garantías poderán estar incluídas no seguro de responsabilidade civil.

3. As obrigas de servizo público están reguladas polo artigo 117 da Lei de portos de Galicia.

a) Cobertura universal.

1. O/a prestador/a do servizo estará obrigado a atender toda demanda razoable en condicións non discriminatorias.

2. Non obstante, o anterior, o/a prestador/a do servizo poderá suspender temporalmente a prestación a unha persoa usuaria por falta de pagamento do servizo segundo o establecido nestas prescricións particulares.

b) Regularidade e continuidade dos servizos.

1. Os prestadores estarán obrigados a manter a continuidade e regularidade do servizo en función das características da demanda nas condicións indicadas neste PPP, as vinte e catro horas do día, todos os días do ano e contribuirán á prestación dos servizos mínimos que, de ser o caso, poida establecer a Autoridade Portuaria.

2. Nos casos en que proceda, caberá introducir unha tarifa por dispoñibilidade do servizo portuario.

c) Cooperación nas operacións de salvamento, extinción de incendios, loita contra a contaminación, así como en prevención e control de emerxencias.

1. O/a prestador/a porá ao dispor da autoridade competente que o solicite os medios humanos e materiais adscritos ao servizo. No caso de que o organismo competente solicitante sexa distinto da Autoridade Portuaria, o titular da licenza porá de inmediato en coñecemento desta tal solicitude.

As intervencións realizadas como resultado destas obrigas devindicarán as tarifas establecidas no presente PPP.

2. Os medios humanos e materiais exixidos para a prestación do servizo poranse ao dispor da Autoridade Portuaria para a participación en exercicios e actuacións de simulacros. O número de servizos requiridos poderá ser de ata 4 ao ano e non dará dereito a ningunha compensación económica ao/a prestador/a por parte da Autoridade Portuaria.

2. As obrigas de servizo público, logo de requirimento da Autoridade Portuaria, darán dereito a compensación cando cumpra legalmente.

Sección IV. Condicións e calidade da prestación do servizo

Prescrición 12ª. Condicións da prestación do servizo

a) Xeral.

1. Para realizar operacións de amarre e desamarre será imprescindible ser titular dunha licenza deste servizo en calquera das modalidades definidas neste PPP.

2. O titular de licenza prestará o servizo segundo o previsto na Lei de portos de Galicia, nas condicións establecidas no presente PPP e na licenza outorgada pola Autoridade Portuaria, conforme os principios de obxectividade e non-discriminación, evitando en todo momento incorrer en prácticas anticompetitivas.

3. O/a prestador/a debe notificar toda modificación da súa actividade relativa á prestación do servizo, así como fusións, adquisicións ou cambios na súa composición accionarial que teñan algunha implicación na prestación do servizo ou sobre a situación financeira ou o réxime de incompatibilidades previsto na Lei de portos de Galicia. A Autoridade Portuaria avaliará se ditas modificacións alteran a situación de cumprimento das condicións de solvencia ou incompatibilidade establecidas neste PPP ou na lei.

4. Como garantía da adecuación dos medios humanos e materiais e a súa operatividade, o/a prestador/a deberá achegar anualmente un Plan de organización dos servizos en que se detallen os procedementos implicados, a asignación de recursos humanos, as quendas de traballo e o plan de resposta ás emerxencias.

b) Alcance do servizo.

1. A prestación do servizo realizarase de forma regular e continua, salvo causa de forza maior. Nese caso o/a prestador/a do servizo estará obrigado, sen dereito a indemnización ningunha, a adoptar as medidas razoables para facer fronte ás circunstancias adversas e asegurar o restablecemento inmediato do servizo, sen prexuízo das instrucións que a Autoridade Portuaria ou a Capitanía Marítima poidan impartir por razóns de seguridade do porto e cooperación en emerxencias.

2. Os servizos de amarre e desamarre prestaranse por solicitude das persoas usuarias. A utilización do servizo será obrigatoria nos casos que se establezan no Regulamento de explotación e policía e nas ordenanzas portuarias conforme o establecido na Lei de portos de Galicia. Pola súa vez, por razóns de seguridade marítima, a Capitanía Marítima poderá declarar a obrigatoriedade do devandito servizo.

c) Coordinación do servizo.

1. Durante a realización das manobras, os amarradores seguirán as instrucións procedentes do/da capitán/capitá do buque asistido.

2. Os amarradores deberán permanecer en contacto permanente co buque amarrado, cos outros prestadores dos servizos técnico-náuticos e co Centro de Control de Servizos (CCS), informarán do inicio e finalización de cada servizo, así como das incidencias relevantes acaecidas, seguindo en todo momento as instrucións que desde o buque e o devandito centro ou servizo lle poidan impartir. Para iso, disporá e utilizará os medios de comunicación establecidos e seguirá os procedementos operativos vixentes da Autoridade Portuaria.

d) Condicións operativas.

1. A prestación do servizo realizarase coa debida dilixencia evitando atrasos no inicio, para o que se definen os tempos de resposta máximos admitidos seguintes:

a) Amarradores e patróns con presenza en porto de quenda de garda permanente no porto trinta minutos para o porto interior e sesenta minutos para o porto exterior. Para as operacións de emendada, o tempo máximo de resposta será de sesenta minutos.

b) Amarradores e patróns con dispoñibilidade localizada (retén): dúas horas tanto para o porto interior como o porto exterior.

2. A petición formal e a confirmación da petición do servizo realizaraas o/a consignatario/a, o/a capitán/capitá ou o/a armador/a do buque na aplicación informática habilitada para o efecto cunha antelación mínima de dúas horas, conforme o procedemento establecido pola Autoridade Portuaria.

3. A operación máis complexa esperada consiste no amarre de buques tanques, cunha eslora superior a 200 m, para o cal se necesitará, como mínimo, dúas embarcacións tripuladas de acordo co cadro de tripulación marítima e persoal en terra para poder realizar a manobra de maneira simultánea tanto á proa como á popa. A operación máis simple consistirá na atracada de buques en peiraos comerciais, para o cal se precisará dunha embarcación tripulada de acordo co cadro de tripulación marítima e persoal en terra para poder realizar a manobra de maneira simultánea tanto á proa como á popa.

4. A Autoridade Portuaria fixará a orde de prelación das manobras, tendo en cuenta as prioridades que a Autoridade Marítima poida dispor, de ser o caso, para os efectos de seguridade marítima ou por motivos de explotación portuaria.

5. As navegacións polas augas interiores portuarias das embarcacións destinadas a este servizo non deberán superar a velocidade máxima establecida nas ordenanzas portuarias.

e) Condicións de seguridade laboral e protección portuaria.

1. A empresa prestadora presentará un plan de prevención de riscos conforme o disposto na Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais e na normativa complementaria antes do inicio da prestación do servizo, onde se indiquen as medidas de protección, así como os EPI para adoptar e que deberán empregar os traballadores.

2. A empresa prestadora deberá presentar un plan de medidas de emerxencia antes do inicio da prestación do servizo, co fin de que a Autoridade Portuaria o integran no seu correspondente plan de autoprotección, conforme o establecido no Real decreto 393/2007, do 23 de marzo, polo que se aproba a Norma Básica de autoprotección dos centros, establecementos e dependencias dedicados a actividades que poidan dar orixe a situacións de emerxencia.

3. Os titulares de licenza comprometeranse a cumprir as obrigas ou atender as indicacións relativas á coordinación das actividades empresariais.

f) Risco e ventura. Impostos e gastos derivados da prestación do servizo. Responsabilidade. Seguro de responsabilidade civil.

1. O servizo realizarao o/a titular da licenza baixo o seu exclusivo risco e ventura.

2. Serán por conta do/da titular da licenza todos os impostos, arbitrios ou taxas derivados da prestación do servizo, conforme a lexislación vixente en cada momento; os consumos de combustible, auga e electricidade; así como calquera outro servizo que poida utilizar no porto e todos os demais gastos que ocasione a prestación e que sexan necesarios para o funcionamento do servizo.

3. A Autoridade Portuaria non será responsable, en ningún caso, dos danos producidos a terceiros como consecuencia da prestación do servizo. De ser o caso, serán, responsabilidade do/da titular da licenza os danos e perdas que este poida producir durante o desenvolvemento da actividade. Cando tales danos e perdas fosen ocasionados como consecuencia inmediata e directa dunha orde da Administración, será esta responsable dentro dos límites sinalados nas leis. No caso de que as embarcacións sexan fretadas, o/a licenciatario/a será igualmente responsable fronte a terceiros dos danos ocasionados polas embarcacións.

4. Así mesmo, de conformidade co disposto polo artigo 113.8 do texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (TRLPEMM), incluiranse expresamente nas licenzas do servizo que se outorguen as seguintes cláusulas:

«A Autoridade Portuaria non responderá en ningún caso das obrigas de calquera natureza que correspondan ao/á prestador/a do servizo fronte aos seus traballadores, especialmente as que se refiran a relacións laborais, salario, prevención de riscos ou seguridade social».

«Será obriga do/da prestador/a indemnizar todos os danos e perdas que se causen a terceiros, como consecuencia da prestación do servizo obxecto da licenza. Cando tales danos e perdas fosen ocasionados como consecuencia inmediata e directa dunha orde da Administración, será esta responsable dentro dos límites sinalados nas leis».

5. Antes de comezar a actividade, a empresa prestadora deberá subscribir un seguro de responsabilidade civil que cubra os posibles danos causados durante a prestación do servizo portuario cuxa responsabilidade recaia sobre o/a prestador/a, así como as indemnizacións por riscos profesionais. A contía de devandito seguro debe ser igual ou superior a 1.500.000 euros (un millón cincocentos mil euros). Esta cantidade será actualizada cada cinco anos pola Autoridade Portuaria conforme a variación do IPC. Ademais, as embarcacións deben contar cun seguro de protección e indemnización por danos (P&I).

g) Inicio da prestación do servizo.

1. O servizo comezará a prestarse no prazo máximo dun mes, computado a partir da data de notificación do outorgamento da licenza. Con todo, e no caso de que se trate dunha renovación da licenza, non poderá quedar interrompida a prestación do servizo.

2. Previamente ao comezo da prestación do servizo, a Autoridade Portuaria verificará que tanto todos os medios materiais comprometidos polo/a prestador/a como os medios humanos adscritos ao servizo cumpren os requisitos exixidos no presente prego de prescricións particulares.

Prescrición 13ª. Calidade da prestación do servizo. Indicadores de produtividade, rendemento e de calidade

1. A prestación do servizo realizarase coa debida dilixencia evitando atrasos no inicio e observando as boas prácticas do oficio. O/a prestador/a do servizo deberá desenvolver as operacións de amarre e desamarre nun tempo razoable acorde coas características do buque, as condicións operativas e as condicións de clima marítimo, así como as ordes do/da capitán/capitá do buque asistido.

2. O/a prestador/a manterá os estándares de calidade establecidos pola Autoridade Portuaria neste PPP, e respectaraos, con carácter de mínimos, durante o desenvolvemento das actividades comprendidas na prestación do servizo.

3. Os indicadores de produtividade, rendemento e calidade relacionados a continuación computaranse en períodos anuais, serán excluídas para os efectos de valoración todas aquelas situacións de incumprimento que non fosen imputables ao/a prestador/a:

a) Dispoñibilidade: calcularase como o cociente entre o tempo acumulado (en horas) durante o cal os medios materiais mínimos están en disposición de ser utilizados e o tempo total do período de avaliación. O indicador de dispoñibilidade (D) debe ser superior ao 99 %, onde t é o período de avaliación (en días) e n é o número de medios.

b) Impuntualidade: calcularase como o cociente entre os servizos iniciados con atraso e o total dos servizos prestados, tendo para iso en conta os tempos de resposta establecidos. O indicador de impuntualidade debe ser inferior ao 5 %.

c) Tempo de atraso medio: medirase o tempo de atraso medio como a media dos atrasos que se produzan. O tempo de atraso medio non poderá ser superior a trinta minutos.

d) Accidentalidade: porcentaxe de servizos con accidente. O indicador será o cociente entre o número de servizos con accidentes respecto ao número de servizos prestados. A porcentaxe máxima de referencia será do 0,25 %.

e) Incidentalidade: porcentaxe de servizos con incidente. O indicador será o cociente entre o número de servizos con incidentes e o número de servizos prestados. A porcentaxe máxima admisible será do 0,5 %.

f) Tempo medio de resposta a reclamacións: media entre a diferenza da data de presentación da reclamación e a data de resposta a esta. O indicador de tempo medio de resposta a reclamacións debe ser inferior a sete días.

4. Os indicadores anteriores avaliaraos para cada prestador/a de forma independente.

5. O incumprimento dos indicadores anteriores dará lugar á aplicación das penalizacións establecidas no presente PPP. O seu reiterado incumprimento poderá dar lugar á extinción da licenza, sen prexuízo dos efectos que puideren derivar dos devanditos incumprimentos.

6. Rexistrarase adicionalmente o indicador correspondente á conxestión. O indicador de conxestión debe ser inferior ao 2 %. Os prestadores non serán penalizados polo incumprimento deste indicador.

7. No caso de que durante a prestación do servizo se produza unha demora no inicio do servizo ou se reciban reclamacións ou queixas pola prestación insuficiente, deberanse rexistrar as causas que provocaron as desviacións, para coñecemento da Autoridade Portuaria.

Prescrición 14ª. Subministración de información á Autoridade Portuaria

a) Información xeral.

1. O/a prestador/a do servizo deberalle facilitar á Autoridade Portuaria a información detallada que esta precise para exercer a súa responsabilidade de control sobre a correcta prestación do servizo, de forma que poida verificar o cumprimento da Lei de portos de Galicia e deste PPP. Esta información deberá facilitarse no formato e a través dos medios establecidos pola Autoridade Portuaria.

2. O prestador/a do servizo presentará, cando sexa requirido, un informe detallado sobre a prestación do servizo, que será presentado no prazo de quince días.

3. A Autoridade Portuaria respectará o carácter confidencial da información fornecida esta será solicitada aos prestadores de forma transparente e non discriminatoria conforme o establecido na Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, así como na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

b) Información detallada sobre os servizos prestados.

1. Información con frecuencia anual que permita avaliar o cumprimento dos indicadores de calidade e produtividade.

2. O/a prestador/a deberá cubrir documentalmente un rexistro informatizado con datos dos servizos que presta aos buques e pór este ao dispor da Autoridade Portuaria. Cando o acceso a este rexistro non sexa continuo, facilitarase con frecuencia mensual. Este rexistro deberá conter os seguintes datos:

a) Número de escala asignado pola Autoridade Portuaria.

b) Tipo de servizo (amarre, desamarre, emendada…).

c) Data e hora de solicitude do servizo.

d) Data e hora para as cales se solicita o servizo.

e) Data e hora de chegada ao momento de atracada.

f) Data, hora e lugar de finalización do servizo.

g) Nome, bandeira, tipo e tamaño (GT) do buque.

h) Número e tipo de amarras dadas.

i) Número e identificación das embarcacións empregadas no servizo.

j) Incidencias acaecidas durante a prestación do servizo.

k) Cantidade que correspondería facturar por aplicación das tarifas publicadas do/da prestador/a.

l) Calquera outra información que o/a prestador/a considere relevante indicar.

c) Separación contable.

1. De conformidade co disposto na Lei de portos de Galicia, as contas anuais da empresa deberán contar cunha estrita separación contable entre o servizo de amarre e desamarre no porto e outras actividades que poida desenvolver o/a prestador/a.

2. A memoria das contas anuais deberá reflectir por separado a contabilidade da actividade do servizo portuario de amarre e desamarre no porto, e incluirase na devandita memoria auditada unha conta de perdas e ganancias e un estado do capital empregado correspondentes a esta actividade de forma separada á doutras actividades da empresa prestadora. Adicionalmente, deberáselle facilitar á Autoridade Portuaria a información relativa á estrutura de custos do servizo, con suficiente separación conceptual.

Prescrición 15ª. Garantías

1. Co fin de garantir o cumprimento das obrigas derivadas destas prescricións particulares, das sancións que se puidesen impoñer e dos danos e perdas que se puidesen producir, así como o cumprimento da cláusula de aviso previo definida en caso de renuncia á licenza ou en caso de abandono indebido do servizo, o/a prestador/a deberá constituír, antes de iniciar a súa actividade, unha garantía a favor do presidente da Autoridade Portuaria, cuxa contía será de polo menos 65.000 (sesenta e cinco mil) euros.

2. A garantía constituirase en metálico, ou mediante aval bancario ou de compañía de seguros, conforme o modelo que aprobe a Autoridade Portuaria. A garantía, que será solidaria, poderá ser outorgada por persoa ou entidade distinta do/da titular da licenza. Enténdese, en todo caso, que a garantía queda suxeita ás mesmas responsabilidades que se fose constituída por el/ela mesmo/a e sen que poidan utilizarse os beneficios de excusión, división e orde.

3. As garantías anteriores actualizaraas cada cinco anos a Autoridade Portuaria, conforme a evolución acumulada do IPC xeral.

4. A constitución da garantía non supón en ningún caso que a responsabilidade do/da titular da licenza quede limitada ao seu importe.

5. Extinguida a licenza, conforme os supostos previstos nestas prescricións particulares, levará a cabo a devolución da garantía ou a súa cancelación, unha vez satisfeito o pagamento das obrigas pendentes coa Autoridade Portuaria, e sempre que non proceda a perda total ou parcial dela por responsabilidades en que incorrese o/a prestador/a do servizo ou as penalizacións ou sancións que lle fosen impostas e non fosen aboadas.

6. O incumprimento das obrigas económicas e das condicións establecidas neste PPP por parte do/da prestador/a permitirá a execución ou disposición inmediata da garantía constituída.

7. Cando, por aplicación do disposto nos parágrafos anteriores, a Autoridade Portuaria tivese que facer uso da garantía, total ou parcialmente, o/a prestador/a virá obrigado/a a repoñela ou complementala no prazo de 1 (un) mes, contado desde o acto de disposición. Se o/a interesado/a non restituíse ou completase a garantía no referido prazo, a Autoridade Portuaria poderá extinguir a licenza, así como emprender as accións legais que considere oportunas.

Prescrición 16ª. Penalizacións e réxime sancionador

a) Penalizacións.

1. Para garantir un correcto cumprimento destas prescricións e, sen prexuízo da sanción ou da reclamación de danos e perdas que proceda e doutros dereitos e accións que correspondan á Autoridade Portuaria, esta poderá impoñer penalizacións por incumprimento das condicións establecidas neste PPP e dos indicadores de produtividade, rendemento e calidade expostos no presente PPP, sempre que tal incumprimento non sexa sancionado como infracción conforme o réxime sancionador da Lei de portos de Galicia.

2. A seguir, detállanse as penalizacións que se aplicarán como consecuencia do incumprimento dos seguintes indicadores:

a) Dispoñibilidade dos medios: penalización de 500 (cincocentos) euros por cada período de incumprimento.

b) Tempo de atraso medio: penalización de 1.000 (mil) euros por cada período de incumprimento.

c) Impuntualidade: penalización de 3.000 (tres mil) euros por cada período de incumprimento.

d) Incidentalidade: penalización de 2.000 (dous mil) euros por cada período de incumprimento.

e) Tempo medio de resposta a reclamacións: penalización de 1.000 (mil) euros por cada período de incumprimento.

3. Polo incumprimento dos prazos sinalados nas distintas epígrafes do presente PPP establecerase unha penalización de 50 (cincuenta) euros por cada día de atraso en cada un dos documentos que o/a prestador/a está obrigado/a a fornecer á Autoridade Portuaria.

4. Ademais, establécese unha penalización de 1.000 (mil) euros anuais por non incorporar na Memoria das contas anuais a separación contable.

5. Estas penalizacións só serán de aplicación cando os incumprimentos sexan imputables ao/a prestador/a do servizo, logo de audiencia a este e mediante a correspondente resolución motivada, e daranlle dereito á Autoridade Portuaria a incautar a cantidade correspondente da garantía, a cal deberá ser reposta polo prestador/a no prazo indicado neste PPP.

6. As penalizacións referidas non exclúen as indemnizacións ás que poidan ter dereito a Autoridade Portuaria, en persoas usuarias ou terceiros, polos danos ou perdas ocasionados polo/pola prestador/a do servizo, nin a revogación da licenza de acordo co establecido nas prescricións deste PPP.

b) Réxime sancionador.

1. Observarase, en materia de infraccións e sancións, o disposto a Lei de portos de Galicia, demais lexislación autonómica e no artigo 19 do Regulamento (UE) nº 2017/352.

2. Para os efectos de imposición de sancións, recursos e suspensións cautelares das posibles sancións, rexerase polas regras de procedemento administrativo común, e serán susceptibles de recorrer contra elas ante a xurisdición contencioso-administrativa competente.

Sección V. Réxime económico do servizo

Prescrición 17ª. Tarifas pola prestación do servizo. Exercicio da potestade tarifaria, criterios de actualización e revisión

a) Exercicio da potestade tarifaria.

O exercicio da potestade tarifaria require a acreditación previa de que se dan os requisitos habilitantes para iso, en virtude do disposto no Regulamento (UE) nº 2017/352.

b) Estrutura tarifaria.

1. As tarifas, devindicadas pola prestación efectiva do servizo de amarre e desamarre portuario, comprenderán os gastos ou custos necesarios para prestar o servizo. Estas tarifas serán transparentes, equitativas e non discriminatorias, tendo a consideración de máximas. O/a prestador/a publicará as súas tarifas oficiais e porá ao dispor dos usuarios do porto información adecuada sobre a natureza e nivel conforme o establecido no artigo 15.3 do Regulamento (UE) nº 2017/352.

2. As tarifas terán, con carácter xeral, como base o sistema de medición do buque utilizado nos convenios internacionais de arqueo, actualmente o arqueo bruto ou «GT», coas correccións establecidas legalmente. O arqueo dos buques medirase conforme o Convenio de Londres de 1969.

3. Así mesmo, deberá garantirse que, no exercicio desa potestade tarifaria, as tarifas por servizos portuarios se fixen de maneira transparente, obxectiva e non discriminatoria e de forma que sexan proporcionais ao custo do servizo realmente prestado.

4. A/o cliente (usuario/a do porto) debe coñecer de maneira accesible, sinxela, transparente e predeterminada a tarifa aplicable, así como os criterios para a súa cuantificación e fixación.

5. Non serán admisibles sobrecustos ou custos diferenciados en función do día ou da hora en que ten lugar a prestación.

6. Esta estrutura tarifaria será de aplicación obrigatoria e sustentarase nun estudo económico-financeiro, debidamente fundamentado e detallado, que permitirá definir as tarifas máximas do PPP.

c) Tarifas máximas.

Estas tarifas máximas serán de aplicación cando o número de prestadores do servizo se encontre limitado ou sexa insuficiente para garantir a competencia, unha vez que sexan aprobadas polo Consello Reitor de Portos de Galicia conforme o disposto no a Lei de portos de Galicia.

d) Criterios de actualización de tarifas.

A) Criterios de actualización de tarifas máximas:

1. Portos de Galicia actualizará as tarifas máximas como consecuencia exclusivamente das variacións de custos que se poidan producir conforme os criterios indicados nesta epígrafe.

2. Conforme o establecido na Lei 2/2015, de desindexación da economía española, e no Real decreto 55/2017 que a desenvolve, estas actualizacións terán carácter de revisión periódica non predeterminada.

3. Para realizar estas actualizacións, teranse en conta os seguintes índices de variación de prezos obxectivos e públicos dos elementos de custo máis significativos do servizo:

a) Índice de variación do prezo do custo laboral:

i. Con base nos datos publicados polo INE no seu punto «50. Transporte Marítimo e por vías navegables interiores», considerando a media dos últimos catro trimestres respecto da media dos trimestres 5 a 8 anteriores.

ii. O incremento repercutible polos custos de man de obra non poderá ser maior do incremento experimentado pola retribución do persoal ao servizo do sector público, conforme ás leis de orzamentos xerais do Estado.

iii. O peso deste factor de custo laboral respecto do custo total que resultou da estrutura de custos analizada para determinar as tarifas é de 0,76.

b) Índice de variación do prezo do combustible utilizado polas embarcacións:

i. Tomarase como referencia o índice de variación do prezo do gasóleo de automoción publicado polo ministerio competente en materias de enerxía nos seus informes anuais denominados «Prezos carburantes. Comparación 20XX-20XX», ou informe similar que o substitúa.

ii. O peso do custo do combustible na estrutura de custos do servizo é de 0,02.

c) Índice de variación do prezo das operacións de mantemento e reparacións no sector naval:

i. Obterase da variación anual do índice «3315. Reparación e mantemento naval», publicado polo INE na epígrafe «Índice de prezos industriais».

ii. O peso dos custos de mantemento e reparacións respecto dos custos totais da estrutura de custos do servizo é de 0,02.

d) Índice de variación anual do prezo dos seguros:

i. Obterase da variación anual do índice «Seguros relacionados co transporte» publicado polo INE na epígrafe «Índice de prezos de consumo».

ii. O peso do custo dos seguros respecto dos custos totais da estrutura de custos do servizo é de 0,01.

4. Todos os índices de prezos que se utilicen corrixiranse excluíndo as variacións impositivas, no caso de que existan.

e) Parte do índice de invariable: considérase que existe unha parte equivalente ao 0,19 do índice que se mantén invariable ao corresponder con amortizacións e elementos de custo non actualizable.

5. No caso de que non se empregue esta metodoloxía de actualización, a actualización das tarifas máximas considerarase revisión extraordinaria, e realizaranse con idénticos trámites que os seguidos para a aprobación deste PPP.

6. En cumprimento do establecido no Real decreto 55/2017, polo que se desenvolve a Lei 2/2015, de desindexación da economía española, o expediente de actualización de tarifas máximas debe incluír unha memoria xustificativa para cuxa elaboración o/a prestador/a deberá achegar a Portos de Galicia a información necesaria.

B) Revisión extraordinaria.

Cando os ingresos percibidos polos servizos de practicaxe ou servizos auxiliares a estes sexan inferiores ao 50 % do valor do contrato, permitiráselle ao/á prestador/a do servizo solicitar o reequilibrio tarifario para adaptarse á situación sobrevinda ou a renuncia da prestación. A dita comunicación de renuncia, de producirse, farase con 3 meses de antelación.

Prescrición 18ª. Tarifas por intervención en situacións de emerxencias, operacións de salvamento, extinción de incendios ou loita contra a contaminación

1. As intervencións directas en resposta a solicitudes da autoridade competente en situacións de emerxencias, operacións de salvamento, extinción de incendios ou loita contra a contaminación que ocasionen custos puntuais identificables, darán lugar ao pagamento das tarifas indicadas a continuación:

a) Cada embarcación adscrita ao servizo, coa súa tripulación correspondente: 360 €/hora.

b) Cada vehículo adscrito ao servizo, con dous amarradores: 150 €/hora.

c) Por intervención de amarrador suplementario: 60 €/hora.

d) Cerco anticontaminante de 250 m, incluído o estendido deste, a retirada e a súa limpeza 1.000 euros/día.

2. Para estes efectos, considerarase como inicio de servizo o posicionamento dos medios materiais ao costado do buque ou no punto de intervención na emerxencia e como fin do servizo, a orde dada pola autoridade competente de fin da operación.

3. Todo iso sen prexuízo do que sexa de aplicación en virtude do sinalado no capítulo III (Do salvamento) da Lei 14/2014, do 24 de xullo, de navegación marítima e na Lei 60/1962, de auxilios e salvamentos, sen que se poida producir a cobranza duplicada das intervencións.

4. A esta tarifa aplicaráselle a mesma actualización que se aplique ás tarifas máximas por concepto de variación de custos.

5. A participación en simulacros e exercicios, cun máximo de 2 anuais, non xerará cargo ningún para a Autoridade Portuaria.

Prescrición 19ª. Suspensión temporal do servizo a un/unha usuario/a

1. O/a prestador/a do servizo poderá suspender temporalmente a prestación a un/unha usuario/a cando transcorrese polo menos un mes desde que se lle requiriu o pagamento das tarifas, sen que este se fixese efectivo ou fose garantido específica e suficientemente. O requirimento efectuarao o/a prestador/a acredor/a por calquera medio que permita ter constancia por parte do/da usuario/a do acto e data de recepción.

2. A suspensión do servizo por falta de pagamento só poderá exercerse logo de autorización da Autoridade Portuaria e sempre que non o impidan razóns de seguridade.

3. A Autoridade Portuaria resolverá sobre a suspensión no prazo máximo de quince días desde a solicitude do/da prestador/a e poderá acordar, ata a resolución que ditamine a suspensión do servizo, a constitución por parte da persoa usuaria dun depósito previo e específico que garanta a contía das tarifas para devindicar.

4. A posibilidade de suspensión deberá ser obxecto de publicidade, de modo que o/a usuario/a poida ter acceso a esta información.

5. Unha vez realizado o pagamento do debido polo/a usuario/a suspendido do servizo, este restablecerase en condicións de normalidade.

6. Informarase da suspensión do servizo á Capitanía Marítima.

Sección VI. Entrada en vigor, reclamacións e recursos

Prescrición 20ª. Entrada en vigor destas prescricións particulares

Este prego de prescricións particulares será de aplicación aos tres meses da súa publicación no DOG.

Prescrición 21ª. Reclamacións e recursos

1. Calquera persoa interesada poderá presentar as reclamacións que considere, conforme o procedemento de tramitación de reclamacións que se determine.

2. Contra o presente prego poderanse interpor as accións legais oportunas, de conformidade co ordenamento xurídico vixente. Se o órgano a que se recorre non ten carácter xurisdicional, este motivará por escrito as súas decisións.

3. Conforme o establecido no artigo 16.7 do Regulamento (UE) nº 2017/352, o procedemento para tramitar as reclamacións e recursos por supostos incumprimentos do devandito regulamento será o procedemento contencioso-administrativo regulado pola Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. As autoridades competentes para resolver as devanditas reclamacións son os órganos xurisdicionais da orde contencioso-administrativa.

ANEXO I

Tarifas para aplicar. Importe estimado do contrato

Previsión tarifas do porto de Ribadeo para o ano 2022 co réxime vixente.

Ano 2022

Estimado

232.250,00 €

 

comp. máx

90.081,00 €

 

 

 

 

 

Tarifas

Practicaxe

Movemento

Amarre

 

Recargas

0

1500

244,00 €

244,00 €

227,00 €

 

Sábados

40 %

1500

2500

315,00 €

296,00 €

261,00 €

 

Domingos

50 %

2500

3500

374,00 €

335,00 €

308,00 €

 

Nocturnos

40 %

3500

5000

393,00 €

383,00 €

348,00 €

 

+

1000

53,00 €

53,00 €

32,00 €

 

Buques

Practicaxe

Movemento

Amarre

Total

0

1500

10

0

10

20

1500

2500

92

10

92

194

2500

3500

220

22

220

462

3500

5000

12

2

12

26

+

1000

0

0

0

0

334

34

334

702

Importes

Practicaxe

Movemento

Amarre

Total

Recargas

Previsión

0

1500

2.440,00 €

- €

2.270,00 €

4.710,00 €

27 %

 

1500

2500

28.980,00 €

2.960,00 €

24.012,00 €

55.952,00 €

 

2500

3500

82.280,00 €

7.370,00 €

67.760,00 €

157.410,00 €

 

3500

5000

4.716,00 €

766,00 €

4.176,00 €

9.658,00 €

 

+

1000

- €

- €

- €

- €

 

118.416,00 €

11.096,00 €

98.218,00 €

227.730,00 €

61.487,10 €

289.217,10 €

Tarifas 2022. Tráfico 2022

Previsión da variación das tarifas do porto de Ribadeo para o ano 2023 co réxime proposto.

Ano 2023

Estimado

294.320,00 €

 

Incremento de tarifas

8,00 %

 

comp. máx

90.081,00 €

 

Incremento de tráfico

0,00 %

 

Tarifas

Practicaxe

Movemento

Amarre

 

Recargas

0

1500

263,52 €

263,52 €

245,16 €

 

Sábados

40 %

1500

2500

340,20 €

319,68 €

281,88 €

 

Domingos

50 %

2500

3500

403,92 €

361,80 €

332,64 €

 

Nocturnos

40 %

3500

5000

424,44 €

413,64 €

375,84 €

 

+

1000

57,24 €

57,24 €

34,56 €

 

Buques

Practicaxe

Movemento

Amarre

Total

0

1500

10

0

10

20

1500

2500

92

10

92

194

2500

3500

220

22

220

462

3500

5000

12

2

12

26

+

1000

0

0

0

0

334

34

334

702

Importes

Practicaxe

Movemento

Amarre

Total

Recargas

Previsión

0

1500

2.635,20 €

- €

2.451,60 €

5.086,80 €

27,00 %

 

1500

2500

31.298,40 €

3.196,80 €

25.932,96 €

60.428,16 €

 

2500

3500

88.862,40 €

7.959,60 €

73.180,80 €

170.002,80 €

 

3500

5000

5.093,28 €

827,28 €

4.510,08 €

10.430,64 €

 

+

1000

- €

- €

- €

- €

 

127.889,28 €

11.983,68 €

106.075,44 €

245.948,40 €

66.406,07 €

312.354,47 €

Tarifas 2023. Tráfico 2022

Estimado do contrato sobre o cal se realizará compensación no caso de non chegarse a el:

294.320,00 €

ANEXO II

Custos estimados do servizo

Custos estimados cun 2º práctico/a a tempo completo.

Ano de compra

Importe

Amortización

Importe anual

Custos estimados-practicaxe

2023

 

 

294.320,00 €

Medios humanos

 

 

 

251.035,00 €

Práctico/a

80.000,00 €

1

80.000,00 €

Práctico/a auxiliar

80.000,00 €

1

80.000,00 €

SS práctico/a

16.200,00 €

1

16.200,00 €

SS práctico/a auxiliar

16.200,00 €

1

16.200,00 €

Mariñeiría e outros

58.635,00 €

1

58.635,00 €

Medios materiais

 

 

10

29.945,00 €

Servizos externos

 

 

1

13.340,00 €

Custos + beneficio (6 %)

2023

 

 

311.979,20 €