DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 10 de outubro de 2023 Páx. 56426

IV. Oposicións e concursos

Valedor do Pobo

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2023 pola que se resolve o procedemento de libre designación do posto de xefatura do Servizo Económico-Financeiro, convocado pola Resolución do 20 de xuño de 2023.

Mediante a Resolución da Valedora do Pobo do 20 de xuño de 2023 aprobouse a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo de xefatura do Servizo Económico-Financeiro da Valedora do Pobo.

A convocatoria publicouse no Diario Oficial de Galicia nº 123, do 29 de xuño de 2023, e no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia nº 515 da mesma data.

Finalizada a tramitación do procedemento, no exercicio das funcións que me atribúe a Lei 6/1984, do 5 de xuño, da Valedora do Pobo, e o artigo 7.l) do seu Regulamento de organización e funcionamento,

RESOLVO:

Adscribir a Ramón Aguirre Seoane ao posto de xefe do Servizo Económico-Financeiro da Valedora do Pobo.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Valedora do Pobo, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2023

María Dolores Fernández Galiño
Valedora do Pobo