DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 10 de outubro de 2023 Páx. 56427

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2023 pola que se nomea profesora titular de universidade da área de coñecemento de Enxeñaría Química.

De conformidade coa proposta da Comisión designada para xulgar o concurso de acceso que convocou esta universidade pola Resolución do 7 de xuño de 2023 (BOE do 20 de xuño) para a provisión da praza número 23/017 de profesora titular de universidade da área de coñecemento de Enxeñaría Química, departamento de Química desta universidade, a favor de Almudena Filgueira Vizoso, con DNI núm. ***6940**, e unha vez que a persoa interesada acreditou os requisitos establecidos na convocatoria.

Esta reitoría, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Almudena Filgueira Vizoso, profesora titular de universidade da área de coñecemento de Enxeñaría Química, departamento de Química desta universidade.

No prazo máximo de vinte días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste nomeamento no Boletín Oficial del Estado, a persoa candidata deberá tomar posesión do seu destino.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderá interpoñer un recurso de reposición ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 29 de setembro de 2023

Julio Ernesto Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña