DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 9 de outubro de 2023 Páx. 56230

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca concurso de traslados entre o persoal funcionario dos corpos e escalas de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial da Administración de xustiza.

A Dirección Xeral de Xustiza, coordinadamente co Ministerio de Xustiza, de conformidade co establecido no título VIII da Lei 19/2003, do 23 de decembro, que modifica a Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, e co establecido no artigo 43 e seguintes e na disposición derrogatoria única do Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, aprobado polo Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, dispuxo convocar concurso de traslado para a provisión dos postos de traballo vacantes na Administración de xustiza dos corpos e escalas de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial dotados orzamentariamente no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

En atención ao dito, a cobertura das vacantes que se relacionan no anexo I farase consonte as seguintes bases:

Primeira. Postos que se poden solicitar

1. As funcionarias e os funcionarios participantes poderán solicitar calquera das prazas incluídas no anexo I, sempre que na data de remate do prazo de presentación de solicitudes reúnan as condicións xerais exixidas e os requisitos determinados nesta convocatoria e que os manteñan todos ata a resolución definitiva do concurso, sen ningunha limitación por razón da localidade de destino.

2. As ditas vacantes identificaranse polo número de orde do órgano xudicial. Coa soa solicitude do número de orde dun órgano xudicial enténdense solicitadas todas as prazas vacantes anunciadas para ese número de orde do corpo existentes no dito órgano e, así mesmo, todas as súas posibles resultas, naqueles casos en que se anuncien.

3. Tamén poderán solicitar as prazas que queden vacantes como consecuencia da resolución deste concurso, que se incorporarán en concepto de resultas ás vacantes ofertadas, salvo que estean ocupadas por persoal funcionario titular adscrito provisionalmente, que se pretendan amortizar en virtude de proxecto de modificación do cadro de persoal orgánico, redistribución ou reordenación de efectivos, ou cando a dotación asignada a un órgano xudicial se encontre sobredotada por un ou máis funcionarios/as titulares, casos en que non se xerará ningunha resulta correspondente ás prazas do corpo de que se trate. Tampouco producirá resulta o persoal funcionario que, estando a ocupar unha praza como adscrito provisional, participe neste concurso e obteña unha praza con carácter definitivo. Poderanse solicitar intercaladas vacantes e resultas.

As prazas que se anuncien unicamente en calidade de posibles resultas teñen que identificarse igualmente polo número de orde do órgano xudicial. Coa soa solicitude do número de orde dun órgano xudicial enténdense solicitadas todas as posibles resultas que se poidan producir para ese número de orde do corpo correspondente.

Non teñen a consideración de resultas aquelas prazas que deixe desertas o persoal funcionario participante noutros concursos simultáneos a este.

Co fin de que as persoas participantes no concurso poidan exercer o dereito que se lles recoñece de solicitar as resultas producidas pola súa resolución, desde a data de publicación desta resolución e durante o período de presentación de solicitudes, exporase na páxina web do Ministerio de Xustiza (www.mjusticia.gob.es), así como nos departamentos competentes das consellerías das comunidades autónomas con transferencia de funcións en materia de provisión de medios persoais ao servizo da Administración de xustiza, a relación de órganos xudiciais e fiscais e de servizos da Administración de xustiza da mesma natureza que os convocados que se poden solicitar, con indicación do número de orde dos ditos órganos.

As funcionarias e os funcionarios participantes deberanse asegurar de que os números de orde de convocatoria que especifiquen na súa instancia se corresponden cos publicados para este concurso, tanto no anexo I como nas resultas, co fin de evitar que se indiquen outros códigos correspondentes a outros concursos.

4. A sigla VSM que aparece en determinadas prazas significa que eses órganos xudiciais compatibilizarán as súas funcións correspondentes á orde civil e penal coa materia relativa á violencia sobre a muller, consonte o Acordo do 22 de xuño de 2005 do Pleno do Consello Xeral do Poder Xudicial (BOE do 28 de xuño). O resto de siglas que figuran nas columnas «Denominación» e «ATP» significan o seguinte: AV (asistencia á vítima); CP (centro penitenciario); DE (dedicación especial); GA (gardas); HE (horario especial); ML (medicina legal), PERS. ADTVO. D. PROV. (persoal administrativo en delegacións provinciais).

5. Neste concurso xeral anual e a resultas, o número máximo de órganos xudiciais que se poderá solicitar entre prazas vacantes e resultas non poderá superar os 200 números de orde, entendendo que cada número de orde comprende todas as vacantes anunciadas e as posibles resultas, se for o caso, do órgano xudicial de que se trate. Establécese este límite de acordo coa facultade que permite o artigo 42 do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, co obxecto de axilizar o concurso, dada a participación masiva de funcionarias/os e que se trata dun concurso xeral que afecta os tres corpos ou escalas, e en virtude do disposto no acordo marco subscrito entre o Ministerio de Xustiza e as comunidades autónomas que recibiron o traspaso de competencias de medios persoais e materiais.

6. Non se admitirá ningunha modificación á solicitude de destino formulada unha vez transcorrido o prazo de presentación de instancias. Tampouco se admitirá, unha vez resolto o concurso definitivamente, a renuncia ao destino obtido por ningún motivo alegado, nin tampouco polo feito de se ter equivocado a persoa concursante á hora de cubrir os números de orde da instancia, polo que as persoas interesadas que participen no concurso deberán asegurarse de que todos os números de orde de convocatoria que solicitan se corresponden exactamente coas denominacións dos órganos xudiciais ofertados.

7. Poderase admitir a renuncia á participación no concurso, e para este efecto terase como prazo ata o último día de presentación de alegacións á resolución provisional, naqueles casos debidamente xustificados.

8. Excepcionalmente, poderase eliminar algunha das prazas anunciadas como vacantes ou resultas no caso de que se produza de forma sobrevida algunha circunstancia que obrigue a facelo así.

9. No suposto de que se produza unha separación de xurisdicións nalgún partido xudicial do ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, as prazas afectadas pola dita separación, anunciadas no anexo I desta convocatoria, e as súas respectivas resultas, entenderanse referidas aos órganos xudiciais coa nova denominación.

Segunda. Requisitos e condicións xerais de participación

1. Poderán tomar parte neste concurso e solicitar as vacantes de órganos xudiciais dos corpos ou escalas de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial da Administración de xustiza as funcionarias e os funcionarios pertencentes aos ditos corpos ou escalas, calquera que sexa a súa situación administrativa, agás aquelas persoas que, tras obteren destino en anteriores concursos, non tomasen posesión do destino que lles foi adxudicado; aquelas persoas declaradas en suspensión firme, mentres dure a suspensión, e aquelas sancionadas con traslado forzoso, ata que transcorra un ou tres anos, para obter destino na mesma localidade en que se lles impuxo a sanción, se se trata de falta grave ou moi grave, respectivamente; neste caso, os prazos computaranse de conformidade co previsto no artigo 43.2.c) do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro.

O persoal funcionario en situación de servizo activo deberá manter esta situación ata a resolución definitiva do concurso. Aquelas persoas que se encontren nas situacións de servizos especiais ou excedencia voluntaria por coidado de familiares, no suposto de reingresaren ao posto de traballo reservado, non serán excluídas da participación no concurso. Tampouco será excluído o persoal funcionario en activo que pase á situación de servizos especiais ou de excedencia voluntaria por coidado de familiares.

No caso de que as persoas concursantes que se encontren nas situacións de servizo activo, de servizos especiais ou de excedencia voluntaria por coidado de familiares pasen, durante o proceso de resolución do concurso, ás situacións de excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público, de excedencia voluntaria por interese particular, de excedencia voluntaria por agrupación familiar ou de suspensión definitiva, serán excluídas da participación no concurso.

Se o persoal funcionario en situación de excedencia voluntaria por estar prestando servizos como substituto no corpo de letrados da Administración de xustiza participa no concurso solicitando o reingreso, e ao longo do proceso do concurso é adscrito provisionalmente no corpo de xestión, non se considerará que se modifica a súa situación administrativa para os efectos previstos na base primeira, punto 1. Tampouco sería excluído por motivo de cambio de situación administrativa o persoal funcionario adscrito provisionalmente no corpo de xestión, procedente da situación de excedencia voluntaria por prestar servizos como letrado/a substituto/a se, unha vez transcorrido o prazo de presentación de instancias, volve ser nomeado letrado/a substituto/a.

2. As funcionarias e os funcionarios dos corpos ou escalas de xestión, tramitación e auxilio só poderán participar, para o mesmo corpo ou escala en que están en activo, se na data de remate do prazo de presentación de instancias transcorreu un período de dous anos desde que se ditou a resolución pola que se convocou o concurso de traslados en que o persoal funcionario obtivo o seu último destino definitivo no corpo ou escala desde o cal participa, ou a resolución en que se lle adxudicou destino definitivo, se se trata de persoal funcionario de novo ingreso. Para o cómputo dos anos, considerarase como primeiro ano o ano natural en que se ditaron as resolucións de que se trate, con independencia da súa data, e como segundo ano, o ano natural seguinte (artigo 46.1 do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro).

3. O persoal funcionario reingresado ao servizo activo mediante adscrición provisional (artigo 68.c) do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro), obrigado a participar nos concursos de acordo coa normativa vixente, estará excluído da limitación temporal prevista no punto 2 desta base. Estará obrigado a solicitar todas as prazas vacantes e posibles resultas anunciadas correspondentes ao seu corpo ou escala da provincia onde se encontre adscrito. De non participar no primeiro concurso convocado con posterioridade á adscrición provisional, pasará á situación de excedencia voluntaria por interese particular. No suposto de que, existindo prazas na provincia de adscrición, non solicite todos os postos de traballo ou solicite postos de traballo doutra provincia e non obteña destino, o órgano competente da comunidade autónoma transferida ou do ámbito do ministerio en que estea adscrito adxudicaralle, con carácter definitivo, unha praza no ámbito da provincia en que estea adscrito provisionalmente e, de non a haber, no ámbito da comunidade autónoma.

No caso de non obter destino definitivo e de que se cubrise o posto de traballo que ocupaba provisionalmente, será adscrito de novo de forma provisional a un posto de traballo vacante de calquera oficina xudicial ou centro de destino situado na provincia ou na área territorial en que se agrupasen as vacantes para o efecto de concurso. Se non obtén destino definitivo no seguinte concurso, adxudicaráselle de forma definitiva calquera dos postos de traballo que resulten vacantes no dito concurso en calquera ámbito territorial (artigo 69 do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro). Deberá achegar, canda a súa instancia, o documento F1R polo que foi adscrito provisionalmente á praza en que se encontre desempeñando actualmente as súas funcións.

4. O persoal funcionario que se encontre na situación de excedencia voluntaria establecida no artigo 506.d) da Lei orgánica 19/2003, do 23 de decembro, que modifica a Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial (excedencia por prestación de servizos no sector público), non terá ningunha restrición temporal para reingresar no corpo en que figure na dita situación.

O persoal funcionario que se encontre nas situacións de excedencia voluntaria establecidas no artigo 506, letras e) e f), da Lei orgánica 19/2003, do 23 de decembro, que modifica a Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial (excedencia por interese particular e por agrupación familiar), só poderá participar no concurso se na data de remate do prazo de presentación de solicitudes transcorreron dous anos, como mínimo, desde que foi declarado en tal situación.

5. O persoal funcionario en situación de excedencia para o coidado de familiares ao abeiro do disposto no artigo 509 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, modificada pola Lei orgánica 19/2003, do 23 de decembro, só poderá concursar se xa transcorreron os dous anos establecidos no artigo 46.1 do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro.

6. O persoal funcionario en situación de suspensión definitiva que se encontre adscrito con carácter provisional (artigo 68.e) do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro) deberá participar neste concurso co obxecto de obter un posto de traballo definitivo. De non participar neste concurso ou de non obter o posto de traballo solicitado, será destinado, se for o caso, con carácter definitivo a calquera dos non adxudicados ao resto de persoas concursantes dentro do ámbito territorial correspondente onde se encontre adscrito.

7. O persoal funcionario do corpo de xestión procesual e administrativa que se encontre adscrito provisionalmente por ter cesado como letrado substituto desfrutará de dereito preferente para ocupar, a primeira vez que se anuncien a concurso, postos de traballo xenéricos na localidade onde se encontre adscrito, segundo o establecido no artigo 70.3 do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, e non perderá a preferencia se unha vez transcorrido o prazo de presentación de instancias volve ser nomeado letrado substituto. Se non pode chegar a ocupar tales postos de traballo por concorrer a eles con outro persoal funcionario tamén con dereito preferente, continuará en situación de adscrición provisional ata que se lle poida adxudicar posto de traballo definitivo en virtude da súa participación nos sucesivos concursos, e con solicitude neles de todas as prazas vacantes na localidade de adscrición.

De non pedir a preferencia indicada, non participar no concurso ou non solicitar todas as prazas vacantes do anexo I da localidade en que se encontre adscrito, mesmo cando non fose anunciada a praza en que se ache adscrito provisionalmente, derivando diso a non obtención de posto de traballo, o órgano competente da comunidade autónoma transferida ou do ámbito do ministerio en que estea adscrito destinarao, con carácter definitivo, a calquera dos postos non adxudicados.

Se a dita adscrición provisional se efectuou dentro do prazo de presentación de instancias, non ten obriga de concursar.

8. O persoal funcionario que renunciase a un posto de traballo obtido por concurso específico (artigo 68.a) do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro), e ao cal se lle atribuíuse o desempeño provisional dun posto de traballo, desfrutará de dereito preferente para ocupar, a primeira vez que se anuncie a concurso, un posto de traballo xenérico na mesma localidade onde servía cando se produciu o seu cesamento, e deberá solicitar todos os postos de traballo que se convoquen na dita localidade, segundo o establecido no artigo 54 do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro. De non participar neste concurso, adxudicaráselle con carácter definitivo calquera dos postos non adxudicados.

O persoal funcionario que renunciase ou que fose cesado dun posto de traballo obtido por libre designación (artigos 62 e 68.a) do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro), e ao cal se lle atribuíse o desempeño provisional dun posto de traballo, desfrutará de dereito preferente para ocupar, a primeira vez que se anuncie a concurso, un posto de traballo xenérico na mesma localidade onde servía cando se produciu o seu cesamento, e deberá solicitar todos os postos de traballo que se convoquen na dita localidade. De non participar neste concurso ou de non obter ningún dos destinos solicitados, adxudicaráselle con carácter definitivo calquera dos postos non adxudicados.

9. Regulación do dereito de preferencia á localidade, indicado nos puntos 7 e 8 desta base:

9.1. A preferencia estende os seus efectos a todos os números de orde vacantes dunha localidade determinada, pero isto non implica que se deba adxudicar o primeiro número de orde de preferencia que solicite na súa instancia a persoa interesada, senón que a norma establece que a persoa concursante con este dereito obteña destino en calquera número de orde anunciado como vacante nunha localidade determinada, coas especificacións que se indicarán nos puntos seguintes, polo que, para exercer este dereito, deberá solicitar obrigatoriamente todos os números de orde de convocatoria vacantes do anexo I que se oferten na localidade para a cal se exerce a preferencia, e agrupar estas peticións nos primeiros números de orde de preferencia da solicitude, ordenando o resto dos números de orde de convocatoria pedidos sen preferencia a continuación, entre os cales tamén se poderá solicitar voluntariamente o resto de números de orde de convocatoria a resultas da localidade para a cal se exerce a preferencia. Deberá solicitar igualmente na súa instancia, especificando a localidade do destino onde se encontre adscrito na epígrafe P-1 e achegando o documento acreditativo da dita preferencia (adscrición provisional) segundo o establecido na base cuarta, punto 7.

9.2. De non obter destino coa súa puntuación en ningún dos números de orde de convocatoria solicitados na localidade para a cal se exerceu a preferencia, e de non existir outro persoal funcionario tamén con preferencia para a mesma localidade e con maior puntuación, adxudicaráselle aquel número de orde da dita localidade do anexo I que obtivese a persoa concursante con menor puntuación; en caso de empate entre varias persoas concursantes, dirimirase polo número de escalafón e esta perderá o dereito a obter destino nese número de orde pero poderá optar aos seguintes da súa solicitude de participación.

9.3. Non se terá en conta a preferencia se non cumpre cos seguintes requisitos: solicitar todos os números de orde de convocatoria vacantes do anexo I da localidade de que se trate nos primeiros postos de preferencia da solicitude; facer constar expresamente na epígrafe P-1 do modelo de instancia a localidade para a cal desexa acollerse á preferencia, e achegar o documento aludido no punto 9.1.

10. O persoal funcionario rehabilitado adscrito provisionalmente, a que se refiren o artigo 68.f) e o punto 2 do artigo 72 do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, deberá participar no primeiro concurso de traslado que se convoque, co obxecto de obter un posto de traballo. De non participar neste concurso ou de non obter o posto de traballo solicitado, será destinado, se for o caso, con carácter definitivo, a calquera dos non adxudicados ás outras persoas concursantes en calquera ámbito territorial.

11. O persoal funcionario cuxo posto de traballo lle fose adxudicado de forma forzosa por mor da reordenación de efectivos prevista no artigo 52 do Regulamento orgánico dos corpos de oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza, aprobado polo Real decreto 249/1996, do 16 de febreiro, poderá participar nos concursos de traslados aínda que non transcorrese o prazo legalmente establecido. Así mesmo, terá dereito preferente, por unha soa vez, para obter outro posto do propio centro de traballo (artigo 51 do Real decreto 249/1996, do 16 de febreiro) con ocasión do concurso ordinario en que se ofreza, e tomando parte nel.

Para poder exercer o dito dereito, deberá axustarse ás seguintes especificacións:

– Solicitar nos primeiros lugares de orde de preferencia da solicitude aqueles postos de traballo pertencentes ao centro de traballo para o cal desexa acollerse á citada preferencia.

– Indicar no modelo de instancia marcado como V-3, na epígrafe P-2, o centro de traballo e a localidade para os cales desexa acollerse á preferencia.

– Achegar documento acreditativo do seu nomeamento con carácter forzoso para o centro de traballo e localidade indicados na epígrafe P-2.

No caso de que non sigan as instrucións especificadas nos tres parágrafos anteriores, perderá, para este concurso, o dereito preferente que lle recoñece o citado artigo 52.c).

12. O persoal funcionario cuxo posto de traballo lle fose adxudicado mediante un proceso de reasignación forzosa previsto no artigo 67 do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, poderá participar nos concursos de traslados aínda que non transcorrese o prazo legalmente establecido no artigo 46.1 do mesmo regulamento. Así mesmo, terá dereito preferente para obter un posto de traballo no seu centro de destino de orixe no primeiro concurso de postos xenéricos en que se oferten prazas do dito centro.

Para poder exercer o dito dereito, deberá axustarse ás seguintes especificacións:

– Solicitar nos primeiros lugares da orde de preferencia da solicitude aqueles postos de traballo pertencentes ao centro de destino para o cal desexa acollerse á citada preferencia.

– Indicar no modelo de instancia marcado como V-3, na epígrafe P-2, o centro de traballo e a localidade para os cales desexa acollerse á preferencia.

– Achegar documento acreditativo do seu nomeamento por reasignación forzosa para o centro de destino e localidade indicados na epígrafe P-2.

No caso de que non sigan as instrucións especificadas nos tres parágrafos anteriores, perderá, para este concurso, o dereito preferente que lle recoñece o citado artigo 67.

13. O persoal funcionario que estea a desempeñar un posto singularizado por concurso específico ou por libre designación poderá participar neste concurso sempre que desempeñase o citado posto polo menos durante un ano, contado desde a data da súa toma de posesión (artigo 54 ou 62 do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro).

14. Ao resultaren irrenunciables os destinos obtidos por instancia do persoal funcionario, en caso de a persoa reingresada ao servizo obter destino mediante concurso de traslado, quedará automaticamente en excedencia no corpo en que se encontraba en activo. No obstante, aquelas/es funcionarias/os que obtivesen un posto de traballo por concurso específico poderán renunciar a este se antes da finalización do prazo de toma de posesión obteñen un destino definitivo no presente concurso, caso en que a persoa interesada queda obrigada a comunicarllo ao órgano convocante. De incumprir este deber de comunicación, deberá tomar posesión no primeiro dos destinos adxudicados, segundo o establecido no artigo 53 do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro.

Se o concurso específico se resolve con anterioridade á resolución definitiva do concurso ordinario, prevéndose tamén o transcurso do prazo posesorio daquel, o persoal funcionario afectado deberá tomar posesión do destino obtido no concurso específico, sen ter xa opción para o concurso ordinario. Se o concurso específico se resolve con posterioridade ao concurso ordinario, unha vez transcorrido o prazo posesorio deste, perderá a opción para o concurso específico.

Terceira. Baremos

A valoración de méritos para a adxudicación dos postos de traballo farase de acordo co baremo establecido para valorar a antigüidade (artigo 48.1.a) do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro) e o coñecemento da lingua oficial propia das comunidades autónomas, segundo o establecido na alínea b) do mesmo artigo.

1. Antigüidade. Polos servizos efectivos prestados como funcionario/a de carreira no corpo ou escala para o cal participa outorgaranse dous puntos por cada ano completo de servizos e computaranse proporcionalmente os períodos inferiores (0,00555556 por día). Para estes efectos, os meses consideraranse de trinta días e valorarase ata un máximo de 60 puntos.

2. Coñecemento oral e escrito da lingua oficial propia das comunidades autónomas. Nas prazas radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia, o coñecemento oral e escrito da lingua galega, debidamente acreditado por medio de certificación oficial da Comunidade Autónoma, ou a homologación do título achegado e do nivel a que corresponda o título, supón o recoñecemento, só para estes efectos, de ata doce puntos segundo o nivel de coñecementos acreditado, nos termos seguintes:

1) Certificado Celga 4 ou equivalente: catro puntos.

2) Curso medio de linguaxe xurídica galega: oito puntos.

3) Curso superior de linguaxe xurídica galega: doce puntos.

A achega de documentos acreditativos do coñecemento de idioma realizarase nos casos previstos no punto 3.6 do Manual do asistente de inscrición.

Os méritos valoraranse na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes. Estes certificados non serán acumulativos, polo que, en caso de que a persoa concursante posúa títulos de varios niveis, só se valorará o superior.

Cuarta. Modelos e prazos de presentación de solicitudes

O modelo da solicitude de inscrición é o anexo II que aparece publicado nesta resolución, o cal non ten validez para a súa presentación salvo como dato informativo das epígrafes que contén, xa que se confeccionará e presentará exclusivamente polos medios indicados no punto 7 desta base.

1. Anexo II. Recadro V-1. O persoal funcionario destinado definitivamente en postos de traballo dos corpos e escalas de xestión, tramitación e auxilio, así como o que se encontre en situación de servizos especiais e excedencia por coidado de familiares que teña reservado o seu posto de traballo, e que estea radicado en territorio nacional sen competencias transferidas, cubrirá a súa solicitude sinalando o recadro V-1 do anexo II e enchendo todas as epígrafes que se lle exixan, e presentaraa no prazo comprendido entre os días 10 e 24 de outubro de 2023, ambos incluídos, segundo o mecanismo indicado no punto 7 desta base.

2. Anexo II. Recadro V-2. O persoal funcionario destinado en postos de traballo doutros corpos e escalas da Administración de xustiza ou doutras administracións, que se encontre na excedencia do artigo 506.d) da Lei orgánica 19/2003, do 23 de decembro, que modifica a Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, nos corpos e escalas de xestión, tramitación ou auxilio, que desexe solicitar prazas ofertadas neste concurso, cubrirá a súa solicitude sinalando o recadro V-2 do anexo II e enchendo todas as epígrafes que se lle exixan, e presentaraa no prazo comprendido entre os días 10 e 24 de outubro de 2023, ambos incluídos, segundo o mecanismo indicado no punto 7 desta base.

3. Anexo II. Recadro V-3. As funcionarias e os funcionarios solicitantes que se encontren en calquera das seguintes situacións:

– Excedencia voluntaria por agrupación familiar ou por interese particular.

– Adscrición provisional por teren reingresado desde a situación de suspensión definitiva.

– Adscrición provisional por reingresaren tras ter sido rehabilitadas/os.

– Adscrición provisional por reingresaren ao servizo activo e que non teñan reserva de posto de traballo.

– Adscrición provisional por cesamento ou renuncia dun posto obtido por libre designación ou por teren renunciado a un posto obtido por concurso específico.

– Adscrición provisional por teren reingresado ao cesaren como letradas/os substitutas/os.

– Persoal funcionario incurso na reordenación de efectivos do artigo 52.c) do Real decreto 249/1996, do 16 de febreiro, ou na reasignación forzosa do artigo 67 do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro.

Todas/os elas/es cubrirán a súa solicitude sinalando o recadro V-3 do anexo II e enchendo todas as epígrafes que se lles exixan, e presentarana no prazo comprendido entre os días 10 e 24 de outubro de 2023, ambos incluídos, segundo o mecanismo indicado no punto 7 desta base.

4. O persoal funcionario en situación de excedencia voluntaria por interese particular xuntará á súa solicitude a documentación acreditativa do seu pase á dita situación, así como unha declaración xurada de que non foi separado de ningunha das administracións públicas, ambas nun mesmo documento en formato pdf.

O persoal funcionario en situación de excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público segundo o artigo 506.d) da Lei orgánica do poder xudicial deberá xuntar á súa solicitude de participación no concurso unha declaración xurada de non se encontrar en situación de suspensión firme de funcións.

5. A solicitude para tomar parte neste concurso será única para cada funcionario participante, mesmo que se soliciten prazas radicadas no territorio das comunidades autónomas con competencias transferidas que, polo tanto, figuren nas convocatorias que simultaneamente a esta realicen os gobernos autónomos e se publiquen, así mesmo, nos boletíns oficiais das comunidades autónomas respectivas.

Do mesmo xeito, mediante unha única instancia deberase optar por participar desde o corpo en que a persoa concursante se encontre en activo ou reingresar ao servizo activo noutro corpo do cal forme parte como funcionaria ou funcionario excedente. No caso de presentar dúas instancias solicitando destinos en dous corpos/escalas distintos, serán anuladas as dúas solicitudes, e a persoa interesada quedará, polo tanto, excluída da participación no concurso.

Se algunha persoa concursante desexa rectificar unha instancia xa presentada, poderá cubrir e presentar unha nova solicitude, para o mesmo corpo/escala en que participaba, antes do remate do prazo de presentación de instancias, a cal anulará automaticamente a entregada anteriormente, segundo o indicado no punto 7 desta base.

6. Unha vez finalizado o prazo de presentación de instancias, poderase renunciar á participación no concurso antes da finalización do prazo de alegacións á resolución provisional, segundo o indicado na base primeira, punto 7.

7. Mecanismo de confección e presentación das solicitudes.

A) Confección das solicitudes.

Todas as solicitudes dos modelos V1, V2 e V3 se confeccionarán de forma telemática a través do asistente de inscrición.

Todas as persoas interesadas que participen neste concurso de traslados entre funcionarias e funcionarios dos corpos de xestión, tramitación e auxilio, a nivel nacional, deberán encher a solicitude por medios telemáticos entrando na web do Ministerio de Xustiza, no seguinte enderezo:

https://www.mjusticia.gob.es/es/ciudadania/empleo-publico/concursos-traslados/Concurso-traslados-ordinario-Gestion-Tramitacion-Auxilio-2023

Unha vez que entren na dita páxina, premerán na ligazón que aparece nela co nome «G.T.A. Concurso de traslados», entrarán no asistente de inscrición e o sistema guiaraas na confección da solicitude seguindo as instrucións que se lles irán indicando; para este efecto deberán consultar o Manual do asistente de inscrición web publicado na dita páxina e, se teñen algunha dúbida, poden chamar ao teléfono de atención ao usuario 913 90 46 05.

Con isto conseguirase o obxectivo de evitar erros na transcrición dos códigos, posto que os datos gravados pola persoa concursante quedarán automaticamente almacenados no sistema informático.

As persoas concursantes, previamente á entrada no asistente de inscrición, deberán identificarse electronicamente por algún dos sistemas que ofrece a plataforma Cl@ve:

– DNI electrónico.

– Certificado dixital.

– Cl@ve Pin 24 h.

– Cl@ve permanente.

B) Presentación das solicitudes.

O sistema de presentación baséase nos artigos 10.1, 10.2.c) e 36.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Todas as persoas concursantes de ámbito nacional con modelo de instancia V1, V2 ou V3 gravarán e presentarán as solicitudes de acordo coas instrucións descritas no Manual do asistente de inscrición.

Terán en conta basicamente o seguinte:

– Non se presentará ningunha instancia de participación no concurso en formato papel.

– O uso do asistente de inscrición xa non é só para confeccionar a instancia, senón que é un proceso de inscrición completo, é dicir, que unha vez gravada e confirmada a instancia no dito asistente dentro do prazo establecido, xa estará presentada no departamento correspondente do Ministerio de Xustiza.

– Se algún dos solicitantes quere modificar unha instancia xa confirmada dentro do prazo de presentación de solicitudes, poderá volver xerar e confirmar unha nova a través do asistente de inscrición.

– Dentro do período de inscrición pódense xerar e confirmar tantas instancias como se desexe, tendo en conta que só terá validez no concurso a última instancia presentada, é dicir, que unha vez gravada e confirmada a primeira instancia, cada nova acción realizada (nova instancia gravada e confirmada, ou renuncia á participación no concurso) anulará a acción realizada anteriormente, polo que quedará activa unicamente a última.

– Pódense presentar, canda a instancia, os documentos necesarios nos casos en que se requira.

– Serán rexeitadas aquelas solicitudes que non se confeccionasen telematicamente co dito asistente de inscrición.

C) Renuncias.

Durante o prazo de presentación de instancias, as funcionarias e os funcionarios participantes poderán presentar cantas instancias coiden oportunas, así como renunciar á participación no concurso, manténdose activa unicamente, como xa se indicou na epígrafe B, a última acción realizada.

Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes, poderán renunciar á participación no concurso, segundo o indicado na base primeira, punto 7, pero non se poderá realizar a través do asistente de inscrición, pois xa estará pechado a modificacións, polo que enviarán asinado e escaneado o anexo IV (modelo de alegacións), xunto coa documentación xustificativa da dita renuncia, a través do correo electrónico concursos.admonjusticia@mjusticia.es

Ao enviar o correo electrónico, indicarán na epígrafe «Asunto»: RENUNCIA, e remitirán un único ficheiro, o cal terá a denominación do nome, apelidos, NIF e modelo de instancia da persoa interesada (exemplo: Luis Pérez Pérez 00000000K V1).

Quinta. Peticións condicionadas

No caso de estaren interesadas nas vacantes que se anuncian para un mesmo municipio, partido xudicial ou provincia dúas persoas concursantes do mesmo ou distinto corpo/escala, poderán condicionar a súa petición ao feito de que ambas as dúas obteñan destino no mesmo municipio, partido xudicial ou provincia, entendéndose en caso contrario desistidas das peticións condicionadas efectuadas por ambas. As funcionarias e os funcionarios que se acollan a esta petición condicionada deberán concretalo na súa instancia na epígrafe C, especificando o nome, apelidos e NIF da persoa con quen condicionan. Se algunha das persoas concursantes non o indica na epígrafe C, quedarán anuladas ambas as instancias.

Polo feito de cubrir a epígrafe C da instancia enténdese que se acollen á petición condicionada prevista no artigo 48.2 do Regulamento de ingreso e provisión de postos de traballo en todos os números de orde solicitados.

Sexta. Tramitación

O Ministerio de Xustiza efectuará a baremación en función das bases de datos de antigüidade e idioma existentes nas súas dependencias e dos datos que figuren nas solicitudes, e poderá solicitar información complementaria ás comunidades autónomas con competencias transferidas, se for necesario.

Sétima. Adxudicacións

1. A orde de prioridade para a adxudicación dos postos de traballo virá dada pola puntuación total obtida segundo os baremos establecidos na base terceira desta convocatoria.

2. En caso de empate na puntuación total, incluído o idioma, acudirase para dirimilo á maior antigüidade no corpo de que se trate, e, de persistir o empate, ao número de orde obtido no proceso selectivo de acceso ao dito corpo.

Oitava. Resolución provisional

1. Esta convocatoria será resolta provisionalmente de forma coordinada entre o Ministerio de Xustiza e os órganos competentes das comunidades autónomas con competencias transferidas, de xeito que a resolución provisional se publique simultaneamente no Boletín Oficial del Estado, na páxina web do Ministerio de Xustiza e na páxina web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, así como na intranet da Dirección Xeral de Xustiza da Xunta de Galicia.

2. A resolución provisional porá á disposición das persoas interesadas na páxina web do Ministerio de Xustiza (www.mjusticia.gob.es) e na páxina web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, os anexos III de todas as persoas participantes, así como a relación de persoas excluídas, coas causas de exclusión, e a relación en orde alfabética das adxudicacións.

O anexo III é a solicitude da persoa concursante, con expresión dos seus datos persoais, da súa situación administrativa, do número de orde e da denominación dos destinos gravados no asistente de inscrición, coa preferencia desexada pola persoa interesada; constarán, ademais, a información relativa ao baremo dos méritos, o destino provisionalmente adxudicado, se for o caso, e os números de orde rexeitados e a súa causa. Este anexo III será visible unicamente para cada persoa interesada, pero non para o resto de persoas concursantes, en virtude do dereito fundamental das persoas físicas á protección de datos persoais, amparado polo artigo 18.4 da Constitución española e desenvolvido pola Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, na cal se sinala a obriga de gardar o deber de confidencialidade no tratamento dos datos persoais das persoas físicas.

3. Contra a resolución provisional, o anexo III e a relación de persoas excluídas caberá formular alegacións desde a data que se indique nela e durante o prazo que igualmente se estableza, para o cal deberá achegar no dito prazo o anexo IV expoñendo os motivos, asinado e escaneado, e a proba documental oportuna, de acordo co establecido no artigo 73 da Lei do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través do correo electrónico concursos.admonjusticia@mjusticia.es, indicando na epígrafe «Asunto»: apelidos, nome e NIF. Tanto o anexo IV coma a documentación serán enviados nun único ficheiro co título dos seus apelidos, nome, NIF e modelo de instancia.

De non se reclamar no prazo establecido, entenderase que amosa a súa conformidade e a aceptación dos datos contidos, da súa baremación e do destino provisionalmente adxudicado.

As ditas alegacións serán comprobadas, resolverase o que proceda en dereito e o resultado será reflectido na resolución definitiva do concurso, polo que non lles será notificado persoalmente ás persoas interesadas.

Ao se tratar dun concurso a resultas, os destinos provisionalmente adxudicados poden sufrir modificacións na resolución definitiva como consecuencia das correccións que se poidan producir na xestión das instancias. En calquera caso, os destinos asignados provisionalmente non supoñen expectativa de dereito respecto da resolución definitiva do concurso.

Novena. Resolución definitiva e prazo posesorio

1. Unha vez resoltas as alegacións, esta convocatoria será resolta definitivamente de forma coordinada entre o Ministerio de Xustiza e os órganos competentes das comunidades autónomas con competencias transferidas.

2. As resolucións do concurso poderanse separar por corpos, co fin de que os cesamentos das funcionarias e dos funcionarios concursantes poidan ser graduais no tempo, se a Administración considera que a súa acumulación nunha mesma data pode ser prexudicial para o servizo público.

3. Se non se logra a simultaneidade de publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado, os prazos computaranse desde o día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial del Estado.

4. O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles se non implica cambio de localidade da funcionaria ou funcionario, de oito días hábiles se implica cambio de localidade dentro da comunidade autónoma e de vinte días hábiles se implica cambio de comunidade autónoma, con excepción da Comunidade Autónoma de Canarias, Comunidade Autónoma de Illes Balears, Cidade de Ceuta e Cidade de Melilla, casos estes en que será dun mes tanto se o posto de traballo nas illas ou nas cidades é o de orixe como se é o de destino.

O dito prazo de toma de posesión comezará a contar a partir do día hábil seguinte ao do cesamento, que se deberá efectuar nas datas que se indiquen na resolución definitiva do concurso.

5. O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando rematen as vacacións, permisos ou licenzas de que estea a desfrutar o persoal funcionario, agás que, por circunstancias excepcionais debidamente motivadas, se suspenda ou revogue o seu desfrute.

Décima. Carácter dos destinos adxudicados

1. Os traslados que deriven da resolución deste concurso terán a consideración de voluntarios para os efectos previstos no Real decreto 462/2002, do 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servizo.

2. Os destinos adxudicados na resolución definitiva serán irrenunciables.

Décimo primeira. Limitación para concursar

Quen obteña destino definitivo neste concurso non poderá participar noutro concurso de traslados para o mesmo corpo ou escala ata que non transcorran os prazos establecidos no artigo 529.3 da Lei orgánica 19/2003, do 23 de decembro, que modifica a Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, e no artigo 46.1 do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro.

Décimo segunda. Recursos

Contra esta resolución poderase interpor recurso potestativo de reposición, ante a Dirección Xeral de Xustiza da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, no prazo dun mes, segundo o establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante os xulgados do contencioso-administrativo de Galicia, no prazo de dous meses, segundo o disposto no artigo 9 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ambos os prazos contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2023

José Tronchoni Albert
Director xeral de Xustiza

ANEXO I

Corpo: XESTIÓN P.A.

COMUNIDADES TRANSFERIDAS

GALICIA

Nº orde

Denominación

ATP

Localidade

Provincia

Vacantes

Resultas

Idioma

10023

Xulgado de Paz de Cambre

Xestión P.A.

Cambre

A Coruña

1

 

S

7721

Xulgado de Paz de Cee

Xestión P.A. Secretaría

Cee

A Coruña

1

 

S

162

Tribunal Superior de Xustiza. Sala do Contencioso-Administrativo

Xestión P.A.

Coruña, A

A Coruña

1

X

S

1531

Xulgado de Primeira Instancia nº 5

Xestión P.A.

Coruña, A

A Coruña

1

X

S

1540

Xulgado de Primeira Instancia nº 8

Xestión P.A.

Coruña, A

A Coruña

1

X

S

15450

Xulgado de Primeira Instancia nº 15

Xestión P.A.

Coruña, A

A Coruña

4

 

S

5946

Xulgado do Penal nº 5

Xestión P.A.

Coruña, A

A Coruña

1

X

S

11859

Xulgado de Instrución nº 2 (VSM)

Xestión P.A.

Ferrol

A Coruña

1

X

S

5371

Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1

Xestión P.A.

Ferrol

A Coruña

1

X

S

11208

Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2

Xestión P.A.

Santiago de Compostela

A Coruña

1

X

S

5955

Xulgado do Penal nº 2

Xestión P.A.

Santiago de Compostela

A Coruña

1

X

S

1020

Servizo Común de Notificacións e Embargos

Xestión P.A.

Santiago de Compostela

A Coruña

1

X

S

15447

Xulgado de Primeira Instancia nº 6

Xestión P.A.

Lugo

Lugo

2

 

S

12112

Servizo de Atención ao Cidadán e ás Vítimas

Xestión P.A.

Lugo

Lugo

1

 

S

6881

Xulgado do Social nº 3

Xestión P.A.

Ourense

Ourense

1

X

S

10281

Xulgado de Paz de Bueu

Xestión P.A. Secretaría

Bueu

Pontevedra

1

 

S

4704

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº 1 (VSM)

Xestión P.A.

Ponteareas

Pontevedra

1

X

S

6944

Xulgado do Social nº 2

Xestión P.A.

Pontevedra

Pontevedra

1

X

S

9527

Audiencia Provincial. Oficina de Rexistro e Repartición

Xestión P.A.

Pontevedra

Pontevedra

1

 

S

1077

Oficina do Decanato

Xestión P.A.

Vigo

Pontevedra

1

 

S

708

Audiencia Provincial. Sección nº 6 Civil (despr. de Pontevedra)

Xestión P.A.

Vigo

Pontevedra

1

X

S

15495

Xulgado de Primeira Instancia nº 16

Xestión P.A.

Vigo

Pontevedra

3

 

S

6962

Xulgado do Social nº 5

Xestión P.A.

Vigo

Pontevedra

1

X

S

10955

Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2

Xestión P.A.

Vigo

Pontevedra

1

X

S

12080

Rexistro Civil nº 1

Xestión P.A.

Vigo

Pontevedra

1

X

S

4725

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº 2 (Rex. Civil)

Xestión P.A.

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

1

X

S

Corpo: TRAMITACIÓN P.A.

COMUNIDADES TRANSFERIDAS

GALICIA

Nº orde

Denominación

ATP

Localidade

Provincia

Vacantes

Resultas

Idioma

3811

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº 1 (VSM)

Tramitación P.A.

Corcubión

A Coruña

1

X

S

1015

Oficina do Decanato

Tramitación P.A.

Coruña, A

A Coruña

1

X

S

163

Tribunal Superior de Xustiza. Sala do Contencioso-Administrativo

Tramitación P.A.

Coruña, A

A Coruña

2

X

S

166

Tribunal Superior de Xustiza. Sala do Social

Tramitación P.A.

Coruña, A

A Coruña

1

X

S

1520

Xulgado de Primeira Instancia nº 1

Tramitación P.A.

Coruña, A

A Coruña

1

X

S

15451

Xulgado de Primeira Instancia nº 15

Tramitación P.A.

Coruña, A

A Coruña

4

 

S

6638

Xulgado do Social nº 1

Tramitación P.A.

Coruña, A

A Coruña

1

X

S

5360

Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1

Tramitación P.A.

Coruña, A

A Coruña

1

X

S

5366

Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 3

Tramitación P.A.

Coruña, A

A Coruña

1

X

S

5369

Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 4

Tramitación P.A.

Coruña, A

A Coruña

1

X

S

11983

Fiscalía Provincial

Tramitación P.A. (GA)

Coruña, A

A Coruña

2

X

S

3826

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº 2 (Rex. Civil)

Tramitación P.A.

Noia

A Coruña

1

X

S

11137

Xulgado de Primeira Instancia nº 4

Tramitación P.A.

Santiago de Compostela

A Coruña

1

X

S

12153

Xulgado de Primeira Instancia nº 6 (Familia)

Tramitación P.A.

Santiago de Compostela

A Coruña

1

X

S

6659

Xulgado do Social nº 2

Tramitación P.A.

Santiago de Compostela

A Coruña

1

X

S

13387

Xulgado do Social nº 3

Tramitación P.A.

Santiago de Compostela

A Coruña

1

X

S

5956

Xulgado do Penal nº 2

Tramitación P.A.

Santiago de Compostela

A Coruña

1

X

S

11985

Fiscalía de Área

Tramitación P.A. (GA)

Santiago de Compostela

A Coruña

1

X

S

12111

Servizo de Atención ao Cidadán e ás Vítimas

Tramitación P.A.

Santiago de Compostela

A Coruña

1

 

S

541

Audiencia Provincial. Sección nº 1 Civil (Mercantil)

Tramitación P.A.

Lugo

Lugo

1

X

S

11543

Xulgado de Primeira Instancia nº 2 (Mercantil)

Tramitación P.A.

Lugo

Lugo

1

X

S

15448

Xulgado de Primeira Instancia nº 6

Tramitación P.A.

Lugo

Lugo

4

 

S

11555

Xulgado de Instrución nº 2

Tramitación P.A.

Lugo

Lugo

1

X

S

6033

Xulgado do Penal nº 1

Tramitación P.A.

Lugo

Lugo

1

X

S

11988

Fiscalía Provincial

Tramitación P.A. (GA)

Lugo

Lugo

1

X

S

11069

Instituto de Medicina Legal. Subdirección

Tramitación P.A.

Lugo

Lugo

1

 

S

4135

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº 2 (Rex. Civil)

Tramitación P.A.

Mondoñedo

Lugo

1

X

S

4153

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº 1 (Rex. Civil)

Tramitación P.A.

Viveiro

Lugo

1

X

S

4156

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº 2 (VSM)

Tramitación P.A.

Viveiro

Lugo

1

X

S

9549

Oficinado Decanato

Tramitación P.A.

Ourense

Ourense

1

X

S

645

Audiencia Provincial. Sección nº 1 Civil (VSM)

Tramitación P.A.

Ourense

Ourense

1

X

S

647

Audiencia Provincial. Sección nº 2 Penal (Mercantil)

Tramitación P.A.

Ourense

Ourense

1

X

S

11161

Xulgado de Primeira Instancia nº 2 (Rex. Civil)

Tramitación P.A.

Ourense

Ourense

2

X

S

11990

Fiscalía Provincial

Tramitación P.A. (GA)

Ourense

Ourense

1

X

S

4537

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº 1 (VSM)

Tramitación P.A.

Verín

Ourense

1

X

S

12198

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº 2

Tramitación P.A.

Estrada, A

Pontevedra

1

X

S

6210

Xulgado do Penal nº 3

Tramitación P.A.

Pontevedra

Pontevedra

1

X

S

1930

Xulgado de Primeira Instancia nº 3

Tramitación P.A.

Vigo

Pontevedra

1

X

S

15496

Xulgado de Primeira Instancia nº 16

Tramitación P.A.

Vigo

Pontevedra

4

 

S

2906

Xulgado de Instrución nº 7

Tramitación P.A.

Vigo

Pontevedra

1

X

S

10587

Xulgado de Instrución nº 8

Tramitación P.A.

Vigo

Pontevedra

1

X

S

Corpo: AUXILIO XUDICIAL

COMUNIDADES TRANSFERIDAS

GALICIA

Nº orde

Denominación

ATP

Localidade

Provincia

Vacantes

Resultas

Idioma

15452

Xulgado de Primeira Instancia nº 15

Auxilio xudicial

Coruña, A

A Coruña

1

 

S

2566

Xulgado de Instrución nº 2

Auxilio xudicial

Coruña, A

A Coruña

1

X

S

5942

Xulgado do Penal nº 3

Auxilio xudicial

Coruña, A

A Coruña

1

X

S

5948

Xulgado do Penal nº 5

Auxilio xudicial

Coruña, A

A Coruña

1

 

S

11984

Fiscalía Provincial

Auxilio xudicial (GA)

Coruña, A

A Coruña

1

X

S

10035

Xulgado de Paz de Malpica de Bergantiños

Auxilio xudicial

Malpica de Bergantiños

A Coruña

1

 

S

3827

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº 2 (Rex. Civil)

Auxilio xudicial

Noia

A Coruña

1

 

S

7740

Xulgado de Paz de Rianxo

Auxilio xudicial

Rianxo

A Coruña

1

 

S

5954

Xulgado do Penal nº 1

Auxilio xudicial

Santiago de Compostela

A Coruña

1

X

S

1022

Servizo Común de Notificacións e Embargos

Auxilio xudicial

Santiago de Compostela

A Coruña

1

X

S

10132

Xulgado de Paz de Guitiriz

Auxilio xudicial

Guitiriz

Lugo

1

 

S

11547

Xulgado de Primeira Instancia nº 3 (Rex. Civil)

Auxilio xudicial

Lugo

Lugo

1

X

S

15449

Xulgado de Primeira Instancia nº 6

Auxilio xudicial

Lugo

Lugo

1

 

S

10136

Xulgado de Paz de Quiroga

Auxilio xudicial

Quiroga

Lugo

1

 

S

4520

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº 1 (Rex. Civil)

Auxilio xudicial

Carballiño, O

Ourense

1

X

S

6877

Xulgado do Social nº 1

Auxilio xudicial

Ourense

Ourense

1

X

S

6880

Xulgado do Social nº 2

Auxilio xudicial

Ourense

Ourense

1

X

S

6154

Xulgado do Penal nº 2

Auxilio xudicial

Ourense

Ourense

1

X

S

11994

Fiscalía Provincial

Auxilio xudicial (GA)

Pontevedra

Pontevedra

1

X

S

4718

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº 1 (VSM)

Auxilio xudicial

Tui

Pontevedra

1

X

S

15497

Xulgado de Primeira Instancia nº 16

Auxilio xudicial

Vigo

Pontevedra

1

 

S

2892

Xulgado de Instrución nº 2

Auxilio xudicial

Vigo

Pontevedra

1

X

S

11997

Fiscalía de Área

Auxilio xudicial (GA)

Vigo

Pontevedra

1

X

S

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file