DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 6 de outubro de 2023 Páx. 56082

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2023 pola que se aproba e se fai pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico/a de grao medio de investigación (óptica e optometría), grupo II, pola quenda de promoción interna.

Mediante a Resolución reitoral do 23 de agosto de 2023 (DOG do 5 de setembro), convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico/a de grao medio de investigación (óptica e optometría), grupo II, pola quenda de promoción interna. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a listaxe provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web:

https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar os defectos que motivasen a exclusión ou a omisión.

Cuarto. Para emendar a exclusión ou omisión cubrirase o formulario de emendas do catálogo de procedementos na seguinte ligazón:

https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/emendaSelecPersoalLaboral.htm

Quinto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a ser incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.

Sexto. Nomear, en aplicación da base 5.1 da convocatoria, o tribunal do proceso selectivo. Estará composto polas seguintes persoas:

Tribunal titular:

Presidenta:

– Eva Yebra-Pimentel Vilar, catedrática de escola universitaria da USC.

Vogais:

– María Jesús Giráldez Fernández, profesora titular de universidade da USC.

– Alejandra Martínez Maquieira, persoal laboral fixo do grupo I da USC.

– Juan Ignacio Rodríguez Martínez, titular de escola universitaria da USC.

Secretario:

– Rubén Regueira Gay, persoal directivo profesional da USC, que actuará con voz e voto.

Tribunal suplente:

Presidente:

– Carlos García Resúa, profesor contratado doutor da USC.

Vogais:

– Luz M. Gigirey Prieto, profesora contratada doutora da USC.

– María José Pazos Guldrís, persoal laboral fixo do grupo I da USC.

– José Antonio Antelo Castelo, persoal laboral fixo do grupo II da USC.

Secretaria:

– Sara López González, funcionaria de carreira da escala de xestión da USC, que actuará con voz e voto.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2023

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela