DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 6 de outubro de 2023 Páx. 56080

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2023, da Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de persoal licenciado sanitario de xefatura de servizo en Atención Primaria.

Mediante a Resolución do 31 de maio de 2023, da Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés (DOG núm. 113, do 15 de xuño), convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de persoal licenciado sanitario de xefatura de servizo en Atención Primaria.

En virtude das competencias atribuídas polo Decreto 134/2019, do 10 de outubro, polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia (DOG núm. 204, do 25 de outubro), esta xerencia

RESOLVE:

Primeiro. Declarar resolta a convocatoria e adxudicar os postos de xefatura de servizo en Atención Primaria que se relacionan no anexo I.

Segundo. Os/as aspirantes deberán cesar na praza que desempeñen dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos dous días hábiles seguintes ao do cesamento.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do/da interesado/a, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a condición de servizo activo e os correspondentes haberes percibiranse de conformidade co que estableza a orde sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado/a nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Terceiro. Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, segundo o establecido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Pontevedra, 19 de setembro de 2023

José Manuel Flores Arias
Xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

ANEXO I

Adxudicación das prazas

Apelidos e nome

DNI

Código

Denominación da praza

Servizo/Unidade

Gómez Cerqueiro, Teresa del Carmen

***4028**

SF-A1-250

Xefe/a de servizo Atención Primaria

Atención Primaria Marín

Iglesias Raposeiras, María Betsabé

***2586**

SF-A1-250

Xefe/a de servizo Atención Primaria

Atención Primaria

Poio-Anafáns

Regueiro Martínez, Antonio Ángel

***4678**

SF-A1-250

Xefe/a de servizo Atención Primaria

Atención Primaria Vilanova de Arousa