DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 6 de outubro de 2023 Páx. 56102

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 27 de setembro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se lles notifica a varios interesados a solicitude de declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello do Saviñao (expediente IN407A 2023/80-2).

Para cumprir o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícaselles a todas as persoas interesadas a declaración de utilidade pública do proxecto Regulamentación LAMT Chá 811 Saviñao 11 entre apoio 110-35-8 e CT Palomar 110-35-17-CT O Saviñao, Lugo, segundo se sinala no cadro anexo.

Así mesmo, infórmase de que o expediente correspondente á instalación de referencia está á súa disposición durante un prazo de trinta (30) días nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación de Lugo, na rolda da Muralla, 70, 2º, baixo (Servizo de Enerxía e Minas).

O proxecto tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía, Industria e Innovación na seguinte ligazón:

https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-electricas/savinao3

Lugo, 27 de setembro de 2023

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto de Regulamentación LAMT Chá 811 Saviñao 11 entre apoio 110-35-8 e CT Palomar 110-35-17-C (O Saviñao)

Concello: O Saviñao (Lugo).

Expediente: IN407A 2023/80-2.

Predio

Políg.

Parc.

Lugar

Cultivo

Propietario/a

Apoio (nº)

Apoio (m²)

2

118

153

Reguenga

Prados ou pradeiras, matogueira

Descoñecido/a

BK6LS2 X9//D110-35-11

2.0

3

118

181

Lamaián

Prados ou pradeira

Descoñecido/a

BK5TLK 4E//D110-35-12

2.0