DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 6 de outubro de 2023 Páx. 56103

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 27 de setembro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, da convocatoria para o levantamento de actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo proxecto dunha instalación eléctrica no concello de Navia de Suarna (expediente IN407A 2022/71-2).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto da seguinte instalación eléctrica adecuación LMTA BCR807 entre apoios nº 120-9 e 120-54, segundo se sinala no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por sí mesmas ou representadas por persoa debidamente autorizada, e exhibirán o seu DNI/NIF, así como os documentos que acrediten a titularidade que invocan.

Lugo, 27 de setembro de 2023

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO I

Denominación: adecuación LMTA BCR807 entre apoios nº 120-9 e nº 120-54.

Convocatoria de levantamento de actas previas: concello de Navia de Suarna.

Expediente: IN407A 2022/71-2.

Predio

Políg.

Parc.

Lugar

Cultivo

Propietario

Apoio nº

Sup. (m2)

Data do acto

Hora

Concello

2

45

38

Barbeito

Monte baixo

Fiscal Audiencia Provincial (representa a José Fernández González)

120-11

6.0

8.11.2023

10.00

Navia de Suarna

11

37

480

Leira da Campa

Prado

Fiscal Audiencia Provincial (representa a descoñecido)

120-27

2.0

8.11.2023

10.00

Navia de Suarna

28

51

360

Valín

Monte alto

Fiscal Audiencia Provincial (representa a hros. de Jesús Amable Gómez)

120-46

2.0

8.11.2023

10.00

Navia de Suarna

32

70

158

Queizada

Monte alto

Fiscal Audiencia Provincial (representa a Raquel Núñez Rodríguez)

120-50

2.0

8.11.2023

10.00

Navia de Suarna