DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 6 de outubro de 2023 Páx. 56048

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

EXTRACTO da Orde do 2 de outubro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas ao desenvolvemento de áreas de estacionamento seguras e protexidas para vehículos de transporte de mercadorías (AESP) na Comunidade Autónoma de Galicia, e se convocan para as anualidades 2023 e 2024 (código de procedemento IF313A).

BDNS (Identif): 719545.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas xurídicas e as persoas traballadoras autónomas que cumpran os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Segundo. Obxecto

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas ao desenvolvemento de áreas de estacionamento seguras e protexidas para vehículos de transporte de mercadorías (AESP) na Comunidade Autónoma de Galicia, e convocalas para as anualidades 2023 e 2024 (código de procedemento IF313A).

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 2 de outubro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas ao desenvolvemento de áreas de estacionamento seguras e protexidas para vehículos de transporte de mercadorías (AESP) na Comunidade Autónoma de Galicia, e se convocan para as anualidades 2023 e 2024 (código de procedemento IF313A).

Cuarto. Importe

1. As subvencións que se concedan financiaranse con cargo aos orzamentos da Dirección Xeral de Mobilidade para os exercicios 2023 e 2024 e imputaranse ás aplicacións orzamentarias 09.02.512A.770.0 e 09.02.512A.780.1, consonte o seguinte réxime e distribución:

Aplicación

Anualidade 2023

Anualidade 2024

Total

09.02.512A.770.0

50.000 €

350.000 €

400.000 €

09.02.512A.780.1

0 €

100.000 €

100.000 €

Total

50.000 €

450.000 €

500.000 €

2. A contía da subvención calcularase en función do número de prazas de aparcadoiro da área de estacionamento que cumpran os requisitos exixidos nestas bases. A contía por praza de aparcadoiro é de 2.000 euros. O importe máximo por solicitude é de 120.000 euros.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes é dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2023

Ethel María Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade