DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 5 de outubro de 2023 Páx. 55991

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO do 27 de setembro de 2023, da Xerencia Municipal de Urbanismo, da aprobación definitiva do Plan especial da UE II-04 industrial de Santo André de Comesaña (expediente 16958/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión ordinaria do día 31 de xullo de 2023, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro. Prestar aprobación definitiva ao Plan especial da UE II-04 industrial de Santo André de Comesaña, instrumento urbanístico de iniciativa particular promovido pola entidade Global Fitness Sport, S.L., que inclúe a documentación técnica necesaria para a súa aprobación definitiva, inserida no rexistro electrónico desta xerencia municipal de urbanismo con data do 29.5.2023 (número de documento 230150861 e co cod. sol.: W915714-4096). Foi achegada en soporte dixital, elaborada e asinada dixitalmente polo arquitecto Pedro de la Puente Crespo, en maio de 2023.

Segundo. Ordenar a publicación do presente acordo no DOG (o informe ambiental estratéxico foi publicado no DOG núm. 227, do 10 de novembro de 2020) e, posteriormente, remitir un exemplar do instrumento definitivamente aprobado, en soporte dixital e debidamente dilixenciado, á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para a súa inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia. Recibido o certificado de inscrición, publicarase a normativa no Boletín Oficial de Pontevedra, de conformidade co disposto no artigo 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e artigo 199 do seu regulamento de desenvolvemento.

Terceiro. O contido íntegro do instrumento definitivamente aprobado estará dispoñible no Portal de transparencia e no seguinte enderezo electrónico:

https://hoxe.vigo.org/movemonos/urbanismo_pxom2.php?lang=gal#/

Cuarto. Remitir un exemplar da documentación aprobada definitivamente, debidamente dilixenciada, aos correspondentes organismos da Administración estatal e autonómica, con competencias sectoriais na materia, en atención as consideracións e/ou observacións realizadas nos nomeados informes sectoriais emitidos e que constan incorporados ao expediente de razón.

Quinto. Notificar individualmente o presente acordo na forma prevista no artigo 184.4 in fine do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

Sexto. Contra o presente acordo poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, a partir do día seguinte ao da súa publicación, de acordo co artigo 46.1 da LRXCA, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo do exercicio doutras accións legais que se consideren convenientes».

Vigo, 27 de setembro de 2023

O alcalde
P.D. (Resolución do 4.7.2023)
María José Caride Estévez
Concelleira delegada da Área de Goberno
de Urbanismo e Vivenda