DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 5 de outubro de 2023 Páx. 55922

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 28 de agosto de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de transporte de enerxía eléctrica no concello de Abegondo (expediente IN407A 2023/59-1).

Para os efectos do establecido nos artigos 53.1, 54 e 55 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), nos artigos 122, 125, 130, 131, 143 e 144 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro), modificado polo Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e noutros ámbitos para a reactivación económica (BOE núm. 175, do 24 de xuño), e no artigo 83 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sométese ao trámite de información pública, de xeito conxunto, a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, do proxecto de características:

Expediente: IN407A 2023/59-1.

Solicitante: Red Eléctrica de España, S.A.U.

Denominación: nova subestación 220 kV Abegondo (parque de 220 kV da nova subestación eléctrica 400/220 kV Abegondo).

Situación: concello de Abegondo.

Obxecto da instalación:

A instalación, que formará parte da rede de transporte secundario de enerxía eléctrica nos termos establecidos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, ten por obxecto facilitar o acceso á rede de transporte de enerxía eléctrica da xeración de enerxía renovable prevista na zona, tal e como se recolle no Plan de desenvolvemento da rede de transporte de enerxía eléctrica 2021-2026, aprobado polo Acordo do Consello de Ministros do 22.3.2022 e publicada no BOE núm. 93, do 19.4.2022, pola Resolución do 8.4.2022, da Secretaría de Estado de Enerxía.

Órgano substantivo:

De conformidade co artigo 3.13 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e coa disposición derradeira segunda da dita lei, segundo o disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), o órgano substantivo competente para resolver a solicitude feita por Red Eléctrica de España, S.A.U. é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Consellería de Economía, Industria e Innovación, correspondéndolle a condición de unidade tramitadora á Xefatura Territorial da Coruña da dita consellería.

Características técnicas:

– Implantación do parque 220 kV da subestación 400/220 kV Abegondo, convencional de intemperie, que responde ás seguintes especificacións:

– Nivel de tensión nominal: 220 kV.

– Nivel de tensión máis elevada para o material: 245 kV.

– Tecnoloxía: AIS.

– Configuración: dobre barra con acoplamento.

– Intensidade de curtocircuíto de curta duración: 40 kA.

Disposición xeral da instalación: farase mediante a construción e dotación eléctrica dos espazos necesarios para o funcionamento da subestación que posibiliten a evacuación da produción de enerxía eléctrica dos promotores eólicos que dispoñen de permiso de acceso nesta nova subestación planificada e a proxección dos espazos previstos para o futuro mallado coa rede de transporte de enerxía eléctrica existente.

A dotación eléctrica do parque 220 kV estará constituída pola instalación de tres (3) novas posicións de interruptor que se identifican como:

– Posición P3: posición de transformador ATP-1 (debandado secundario de 220 kV do transformador 400/220/33 kV do parque de 400 kV).

– Posición P5: de acoplamento de barras.

– Posición P7: para a chegada da LAT 220 kV para a conexión de instalacións de xeración renovable á rede de transporte no nó Abegondo 220 kV.

– Rede de terras inferiores: mediante un mallado soterrado en condutor de cobre que se estenderá por todos os terreos da subestación, incluíndo cimentacións, edificios e cerramento.

– Rede de terras superiores: conectada coa anterior a través de elementos metálicos, terá como finalidade protexer os equipamentos de descargas atmosféricas directas.

– Sistemas de control, protección (específicos para cada tipo de aparello), telecontrol e comunicacións (sistemas telexestionados) e servizos auxiliares da subestación.

Localización das instalacións: subestación 400/220 kV Abegondo, lugar de Carpián. Termo municipal de Abegondo. A plataforma da subestación proxéctase na poligonal delimitada polos seguintes puntos:

Punto

Coordenadas UTM (ETRS89-fuso 29)

X

Y

A

555.545,0556

4.782.210,7808

B

555.479,1702

4.782.229,8876

C

555.446,828

4.782.117,5173

D

555.512,4682

4.782.098,4106

Orzamento de execución material: 3.048.203 € (segundo o proxecto).

O parque de 220 kV, obxecto do presente procedemento, formará parte da subestación Abegondo xunto co parque de 400 kV. A conexión da subestación coa rede de transporte farase a través das infraestruturas de transporte proxectadas LAT DC 400 kV, de entrada e saída da subestación 400 kV Abegondo da liña Mesón do Vento-Pontes de García Rodríguez. O órgano substantivo competente para resolver a autorización administrativa previa e de construción, e a declaración de utilidade pública das instalacións do nivel de tensión 400 kV, é a Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, correspondéndolle a condición de unidade tramitadora á Área Funcional de Industria e Enerxía da Delegación do Goberno en Galicia.

Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e noutros ámbitos para a reactivación económica (BOE núm. 175, do 24 de xuño).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

Isto faise público para coñecemento xeral, das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais e/ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Coa finalidade de poder consultar a documentación, todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente nas seguintes dependencias:

Concello de Abegondo.

Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña) das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

De ser o caso, poderán presentar as alegacións ou observacións que consideren pertinentes, no prazo de trinta (30) días contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Por outra banda, infórmase que para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre predios afectados sexan descoñecidas, a notificación farase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 28 de agosto de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

– Denominación da instalación: nova subestación 220 kV Abegondo (parque de 220 kV da nova subestación eléctrica 400/220 kV Abegondo)

– Situación: concello de Abegondo.

Parcela

proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Superficie

parcela (m2)

Ocupación pleno

dominio-subestación (m2)

Ocupación pleno

dominio-acceso (m2)

Ocupación

temporal (m2)

Reposición

de camiño (m2)

Natureza

do terreo

1

Red Eléctrica

de España, S.A.U.

15001A03400116

6.061

101

- - -

132

- - -

Eucalipto

2

Red Eléctrica

de España, S.A.U.

15001A03400117

2.656

611

- - -

283

- - -

Matogueira

3

Red Eléctrica

de España, S.A.U.

15001A03400118

6.597

2.650

- - -

216

98

Matogueira

4

José Lagares Souto

15001A03400119

3.847

2.220

- - -

- - -

132

Matogueira

5

Herdeiros de

María Vidal Pérez

15001A03400122

1.488

923

- - -

- - -

40

Matogueira

6

María Concepción Rodríguez Mazás

15001A03400123

992

586

- - -

- - -

25

Matogueira

7

José Bahamonde

Insua

15001A03400124

1.058

600

- - -

- - -

26

Matogueira

8

Red Eléctrica

de España, S.A.U.

15001A03400125

568

72

- - -

- - -

- - -

Matogueira

9

Manuel Codesal Blanco

15001A03400126

1.237

750

- - -

- - -

- - -

Matogueira

10

Teresa Gómez Bello

15001A03400127

2.232

1.287

- - -

- - -

- - -

Matogueira

Relación de bens e dereitos afectados

Denominación da instalación: nova subestación 220 kV Abegondo.

Situación: concello de Abegondo.

Parcela

proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Superficie

parcela (m2)

Ocupación pleno

Dominio-subestación (m2)

Ocupación pleno

Dominio-acceso (m2)

Ocupación

temporal (m2)

Reposición

de camiño (m2)

Natureza

do terreo

11

Isabel Vázquez

Castro

15001A03400128

6.470

3.779

- - -

- - -

- - -

Matogueira

12

Manuel Louzán

Rodríguez

15001A03400139

2.440

1.748

- - -

- - -

- - -

Matogueira

13

Red Eléctrica

de España, S.A.U.

15001A03400140

2.172

1.571

- - -

- - -

- - -

Matogueira

14

Red Eléctrica

de España, S.A.U.

15001A03400141

5.144

3.824

- - -

379

- - -

Matogueira

15

Red Eléctrica

de España, S.A.U.

15001A03400570

587

578

- - -

- - -

9

Matogueira