DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 5 de outubro de 2023 Páx. 55932

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 14 de setembro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Teo (expediente IN407A 2023/245-1).

Expediente: IN407A 2023/245-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: nova LMTS, CT e conexión con RBT en Vilariño.

Concello: Teo.

1. Características técnicas:

Modificación, sen alterar a súa traza actual, do treito da LMT SNT-813 rexistrado no expediente IN407A 2016/2383-1, de alimentación ao CT Outeiro, de 304,9 metros de lonxitude en condutor tipo LA-30, comprendido entre os apoios existentes nº 58-3-1 (matrícula A8WIKMT7) de formigón tipo A-AG-HV-630/15-CR-6xCA(CS) e nº 58-3-3 (matrícula A908X6M2) metálico tipo A-AG-C-CR-6xCA(CS), consistente na retirada do apoio nº 58-3-2 (matrícula A8XKHV6F) de formigón, que será substituído polo novo apoio metálico A-AL-C-2000/14-H35-6xCA(CS) que se instalará na parcela con referencia catastral 15083C50700361 e no cal se proxecta a instalación dun paso aéreo-soterrado (PA/S) e dun reconectador telecontrolado composto por un equipo interruptor con cámara illada en SF6 e un armario de control.

Instalación dun novo centro de transformación prefabricado de formigón tipo rural fin de liña, compacto de manobra exterior, de 160 kVA de potencia, relación de transformación 20/0,4-0,23 kV e configuración de celas 1L+1P, con cadro de baixa tensión con tres (3) saídas (unha de reserva), para instalar na parcela con referencia catastral 15083A16900079.

Liña eléctrica de media tensión soterrada, a 20 kV, de 1.174 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3 (1 × 150 mm² Al), con orixe no paso aéreo-soterrado (PA/S) para instalar no novo apoio metálico proxectado e remate en cela de liña do CT proxectado.

Reordenación e reforzo da rede de baixa tensión (RDBT) actualmente alimentada polo CT Outeiro (expedientes 51.775 e IN407A 2016/1878-1/matrícula 15AG98), que resultará parcialmente descargado, mediante a instalación de tres (3) novos circuítos soterrados de baixa tensión (RBTS) de 3 × 11 metros de lonxitude en condutor tipo XZ1 0,6/1 kV 4 (1 × 240 mm2 Al), con orixe no cadro de baixa tensión (CBT) do CT proxectado e remate no acoplamento coa rede aérea de baixa tensión existente por realizar nos pasos soterrado-aéreos (PS/A) proxectados en apoio de formigón existente.

2 Lexislación de aplicación:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do Concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e goberno aberto desta consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 14 de setembro de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Expediente: IN407A 2023/245-1. Nova LMTS, CT e conexión con RBT en Vilariño (Teo).

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio (LMT e CT e/ou apoios)

LMT soterrada

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT/Nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Herdeiros de Josefina

Balado Doeyo

15083C50700361

Rubial de Abaixo

Novo apoio

proxectado

2

3,15

9,59

Labor ou labradío de secaño

2

Arcebispado de

Santiago de

Compostela

15083A16900079

Torre

CT e servidume de paso e acceso

19,07

Labor ou labradío de secaño