DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 5 de outubro de 2023 Páx. 55940

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 14 de setembro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Aranga (expediente IN407A 2023/363-1).

Expediente: IN407A 2023/363-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT Negrelle II.

Concello: Aranga.

1. Características técnicas:

Desconexión e desmonte (peche e desmantelamento) do CT tipo intemperie Negrelle (expedientes 32.339 e IN407A 2016/590-1/matrícula 15A429), pertencente á arquitectura do treito da LMT PED-706 autorizado no expediente 32.339, de 100 kVA de potencia e relación de transformación 15/0,4-0,23 kV, instalado no apoio de formigón nº 132-12-11-CT (matrícula B3KRIM0J), que se mantén.

Modificación, respectando a súa localización actual, do antedito apoio nº 132-12-11-CT, consistente na instalación dun paso aéreo-soterrado (PA/S) dotado de xogo de pararraios autoválvulas e de novos elementos de protección e manobra tipo XS.

Instalación, na parcela con referencia catastral 15003A501021180000QE sita no lugar de Negrelle (Cambás), dun novo centro de transformación prefabricado de formigón tipo rural fin de liña, compacto de manobra exterior, de 160 kVA de potencia, relación de transformación 15/0,4-0,23 kV e configuración de celas 1L+1P, con cadro de baixa tensión con tres (3) saídas (unha de reserva).

Nova liña eléctrica de media tensión soterrada, a 15 kV, de 146 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3 (1 × 150 mm² Al), con orixe no paso aéreo-soterrado (PA/S) para instalar apoio nº 132-12-11-CT modificado e remate en cela de liña do CT proxectado.

Reordenación da rede de baixa tensión (RDBT) actualmente alimentada polo CT Negrelle por desmantelar (expedientes 32.339 e IN407A 2016/590-1/matrícula 15A429), mediante a desmonte de 1.192 metros da rede aérea de baixa tensión (RBTA) existente que será substituída por nova rede aérea de 1.005 metros de lonxitude en condutores tipo RZ
3 (1 × 25/54,6 Al/Alm), RZ 3 (1 × 95/54,6 Al/Alm) e RZ 3 (1 × 150/54,6 Al/Alm), a instalación de dous (2) novos circuítos soterrados de baixa tensión (RBTS) de 150 e 100 metros de lonxitude en condutor tipo XZ1 0,6/1 kV 4 (1 × 150 mm2 Al), con orixe no cadro de baixa tensión (CBT) do CT proxectado e remate, respectivamente, nos acoplamentos coa rede aérea de baixa tensión existente por realizar nos pasos soterrado-aéreos (PS/A) proxectados en apoios de formigón tipo HV-400/9 e HV-630/11 existentes e o tendido dun novo ramal soterrado de 52 metros de lonxitude en condutor tipo XZ1 0,6/1 kV 4 (1 × 150 mm2 Al), con orixe no empalme por realizar sobre o novo circuíto que vai cara ao apoio tipo HV-630/11 anterior e remate no paso soterrado-aéreo (PS/A) proxectado en apoio de formigón tipo HV-400/9 existente.

2. Lexislación de aplicación:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará a disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 as 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do Concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e goberno aberto desta consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 14 de setembro de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Expediente: IN407A 2023/363-1. LMT, CT e RBT Negrelle II (Aranga).

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio (LMT e CT e/ou apoios)

LMT soterrada

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT/Nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Jesús Ángel Roca Díaz

15003A501021180000QE

Lugar de Castro

(Rexeo)

CT e acceso

34,12

Prados ou praderías