DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 4 de outubro de 2023 Páx. 55699

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2023 pola que se dá publicidade aos convenios e protocolos de colaboración subscritos por este organismo no segundo cuadrimestre do ano 2023.

En virtude do establecido no artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG nº 30, do 15 de febreiro).

DISPOÑO:

Darlle publicidade á relación dos convenios e protocolos subscritos pola Escola Galega de Administración Pública referida aos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2023, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2023

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO

Convenios e protocolos de colaboración subscritos pola Escola Galega de Administración Pública nos meses de maio, xuño, xullo e agosto de 2023

Convenio

Data de sinatura

Importe

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e a Universidade de Vigo para o desenvolvemento de actividades de formación

12.5.2023

Sen achega económica por parte da EGAP

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Escola Galega de Administración Pública para a organización do Plan de formación do Servizo Público de Emprego de Galicia do ano 2023 no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia – financiado pola Unión Europea – Nextgenerationeu

30.5.2023

Sen achega económica por parte da EGAP

Acordo de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, a Consellería de Facenda e Administración Pública e a Escola Galega de Administración Pública para desenvolver medidas de formación en materia de igualdade, prevención e loita contra a violencia de xénero con cargo aos Fondos Finalistas do Estado para a loita contra a violencia de xénero

9.6.2023

Sen achega económica por parte da EGAP

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e as universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo para o desenvolvemento de actividades de formación

26.6.2023

66.480 €

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e a Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. para o desenvolvemento de actividades de formación

6.7.2023

Sen achega económica por parte da EGAP

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, para a convocatoria e o desenvolvemento de actividades de formación no marco galego de competencias dixitais COMDIX no ámbito do persoal empregado público no ano 2023

18.8.2023

Sen achega económica por parte da EGAP