DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 4 de outubro de 2023 Páx. 55807

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilaboa

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan especial de infraestruturas e dotacions (PEID) con destino a centro de educación infantil na base General Morillo (Vilaboa).

Logo de aprobar inicialmente o Plan especial de infraestruturas e dotacións (PEID) con destino a centro de educación infantil na base General Morillo (Vilaboa), mediante o Acordo da Xunta de Goberno Local do Concello de Vilaboa, na sesión extraordinaria do 31 de agosto de 2023, de conformidade co artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e co artigo 186.1.a) do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro, sométese a información pública por prazo de dous meses, contados desde a publicación no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, suspéndese o outorgamento de licenzas nas áreas afectadas polo plan especial, segundo a delimitación do ámbito fixada no plano 36058_PEID_202305_AI_PINF_00SIT, de conformidade cos artigos 47 da Lei 2/2016 e 86 do seu regulamento de desenvolvemento. A duración máxima da suspensión é de dous anos e, en todo caso, extinguirase co acordo de aprobación definitiva do planeamento.

Por conseguinte, durante o prazo de dous meses, que comezará a contar desde a data de publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia, o expediente administrativo quedará á disposición de calquera persoa que queira examinalo no Servizo de Urbanismo do concello en horario de atención ao público, así como no taboleiro de anuncios da sede electrónica deste concello (https://vilaboa.sedelectronica.es), para que se formulen as alegacións que se consideren oportunas.

Vilaboa, 6 de setembro de 2023

César Poza González
Alcalde