DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 4 de outubro de 2023 Páx. 55792

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 22 de setembro de 2023 polo que se notifica a resolución da liquidación definitiva dos gastos de execución subsidiaria da orde de demolición (expediente IU3/110/2011).

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, mediante a Resolución do 4 de setembro de 2023, aprobou a liquidación definitiva correspondente aos gastos de execución subsidiaria das obras de demolición de construción de tipoloxía de vivenda unifamiliar, no termo municipal de Pantón, Lugo, e requiriuse a persoa con DNI 34212376Z para que proceda ao pagamento da cantidade indicada na resolución derivada da execución subsidiaria das obras de demolición.

Ao non poderse realizar a notificación persoal á mencionada persoa, mediante este anuncio e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada o devandito requirimento, por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á persoa interesada, que o texto íntegro da resolución que se notifica, atópase á súa disposición nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Indicáselle que contra a presente resolución poderá interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Dirección da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no prazo dun (1) mes desde a súa notificación, ou recurso contencioso-administrativo ante xulgado competente de acordo co establecido na Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte á recepción desta notificación. Se optase por interpor o recurso de reposición potestativo non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata a resolución expresa daquel ou ata a súa desestimación por silencio administrativo. Todo isto, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.

Para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2023

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística