DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 4 de outubro de 2023 Páx. 55783

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 20 de setembro de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo de iniciación do expediente de clasificación dos montes de Pontesampaio, a favor da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Pontesampaio, na parroquia de Pontesampaio, concello de Pontevedra.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, na sesión que tivo lugar o día 10 de agosto de 2020, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do seguinte monte:

Concello: Pontevedra.

Parroquia: Pontesampaio.

Nome do monte: montes de Pontesampaio.

Cabida: 251,75 ha (superficie alegada na solicitude).

Lindes:

Lindeiros

Norte

CMVMC de Baltar (concello de Ponte Caldelas)

CMVMC de Sobreiro (concello de Ponte Caldelas)

CMVMC de Chan do Casal (concello de Ponte Caldelas)

Sur

Estrada asfaltada que vai de Soutomaior (Comboa) a Ponte Sampaio e pista asfaltada do propio monte comunal

Leste

CMVMC de Comboa-Romariz (concello de Soutomaior)

Oeste

CMVMC de Canicouva e estrada PO-264.

O que se pon en coñecemento de todas as persoas interesadas, indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que coiden convenientes, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Pontevedra, 20 de setembro de 2023

Amalia Elsa Pazos Pintos
Instrutora