DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 4 de outubro de 2023 Páx. 55782

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 19 de setembro de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se fai pública a proposta dunha liña de deslindamento con propiedades particulares do monte veciñal en man común Valdegolado, pertencente á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Langullo e Cimadevila, no concello de Manzaneda.

Para os efectos previstos no artigo 54 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, dáselle publicidade á proposta de deslindamento parcial do MVMC (monte veciñal en man común) Valdegolado con propiedades particulares, presentada o 30 de setembro de 2022 pola CMVMC (Comunidade de Montes Veciñais en Man Común) de Langullo e Cimadevila.

Nesa mesma data, a comunidade presentou documentación na cal consta o acordo da asemblea xeral do 28 de maio de 2022 da súa aprobación.

O día 30 de marzo de 2023, o Servizo de Montes de Ourense emitiu un informe favorable ao considerar que non existe unha afección significativa sobre a integridade territorial do monte.

Contra a proposta de deslindamento, no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, as persoas interesadas poderán presentar ante a comunidade propietaria as alegacións e os títulos que acrediten a propiedade ou a posesión dos predios estremeiros.

Durante este prazo, a documentación estará dispoñible no Servizo de Montes de Ourense, na rúa Villaamil e Castro, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da dita proposta.

Ourense, 19 de setembro de 2023

Luis Jorge Álvarez Ferro
Xefe territorial de Ourense