DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 3 de outubro de 2023 Páx. 55530

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 29 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, en relación cun incidente de protección de datos persoais.

A Dirección Xeral de Patrimonio Natural informa que recibiu unha comunicación da Amtega mediante a que se traslada que se produciu un incidente de seguridade informática que afectou os datos persoais das persoas titulares de animais de compañía inscritos no Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía de Galicia (Rexiac), dependente da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, que foi creado mediante o Decreto 90/2002, do 28 de febreiro, polo que se regula a tenza de animais potencialmente perigosos na Comunidade Autónoma de Galicia e se crean os rexistros galegos de identificación de Animais de Compañía e Potencialmente Perigosos e de Adestradores Caninos.

Desde este departamento infórmase do incidente ás persoas usuarios do devandito rexistro que poidan verse afectadas e sinálase que se adoptaron as medidas correctoras oportunas para solucionalo co fin minimizar os seus posibles efectos negativos.

A Información está dispoñible no seguinte enderezo:

https://cmatv.xunta.gal/seccion-organizacion/c/CMAOT_DX_Conservacion_Natureza?content=Direccion_Xeral_Conservacion_Natureza/Animais_domesticos_e_salvaxes/seccion.html&std=Identificacion_con_microchips.html

A atención telefónica realizarase no Servizo de Atención á Cidadanía 012.

No seguinte enderezo consta a información sobre o delegado de protección de datos da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda: https://www.xunta.gal/delegados-de-proteccion-de-datos

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2023

Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Patrimonio Natural