DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 3 de outubro de 2023 Páx. 55528

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 21 de setembro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións sobre dereito de asistencia xurídica gratuíta acordadas pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (expediente PR204A 2023/1244-2 e trece máis).

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo, na súa condición de parte contraria no procedemento (interesados), a resolución ditada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo, por non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 de luns a venres).

A resolución que se notifica poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo no prazo de dez días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, 70,1º, Lugo) e será resolta polo xulgado correspondente que poderá impoñer, a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso, unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.

Lugo, 21 de setembro de 2023

Gerardo Criado Guizán
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente

Parte contraria notificada

Resolución notificada

PR204A2023/1244-2

Manuel Prieto Velázquez

Insostibilidade da pretensión

PR204A2023/2413-2

Elis Manuel Abreu López

Desestimatoria do dereito

PR204A2023/3202-2

Sonia Cristina dos Reis Cruz

Recoñecemento do dereito

PR204A2023/3208-2

Comunidade Propietarios Ronda Fontiñas, núm. 156, Lugo

Recoñecemento do dereito

PR204A2023/3221-2

Ayari Yaritza Carvajal Rivas

Recoñecemento do dereito

PR204A2023/3249-2

Filipe Manuel Coutinho Carvallo

Estimada parcial

PR204A2023/3250-2

Luis Alcántara Cruz

Recoñecemento do dereito

PR204A2023/3267-2

Comunidade Propietarios Rúa Chantada 42, Lugo

Recoñecemento do dereito

PR204A2023/3335-2

Pilar Bermúdez Cruz

Recoñecemento do dereito

PR204A2023/3351-2

Pilar Cruz Rubinos

Recoñecemento do dereito

PR204A2023/3504-2

José Ramón Sindin

Recoñecemento do dereito

PR204A2023/3560-2

Fernando Expósito Lence

Desestimatoria do dereito

PR204A2023/3594-2

Feliciano Otero Berdeal

Estimada parcial

PR204A2023/3691-2

Mesón Restaurante Trimaran, S.L.

Recoñecemento do dereito