DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 2 de outubro de 2023 Páx. 55395

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 13 de setembro de 2023, do Servizo de Mobilidade de Pontevedra, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente PO-00670-O-2023 e cinco máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra acordou a incoación dos expedientes sancionadores número PO-00670-O-2023 e cinco máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Infórmanse que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra.

Outórgaselles un prazo quince días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

Pontevedra, 13 de setembro de 2023

Joaquín San Martín Zamácola
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF denunciado

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

PO-00670-O-2023

7669-KKJ

54468014N

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

25.7.2022; 07.35.00; AP-9V; 2,3

Art. 141.25 en relación co 140.1 da LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT

801 euros

PO-01199-O-2023

6574-KMB

X9278314E

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

6.9.2022; 08.59.00; AP-9; 137,5

Art. 141.25 en relación co 140.1 da LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT

801 euros

PO-02202-O-2023

2081-BPV

76817697C

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

16.12.2022; 17.00.00; EP-9305; 4,5

Art. 141.25 en relación co 140.1 da LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT

801 euros

PO-02250-O-2023

C-8657-J

Y7285930G

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

27.12.2022; 14.25.00; A-55; 18,3

Art. 141.25 en relación co 140.1 da LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT

801 euros

PO-02322-O-2023

6031-DZY

36057314F

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

12.8.2022; 11.48.00; A-55; 21,0

Art. 141.25 en relación co 140.1 da LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT

801 euros

PO-03282-O-2023

0498-CLN

Y0231982H

Exceso de peso igual ou superior ao 25 %

29.3.2023; 16.10.00; AP-9; 137,5

Art. 140.23 da LOTT Art. 197.26 do ROTT

Art. 143.1.c) da LOTT

Art. 201.h) do ROTT

Art. 143.1da LOTT

2.001 euros