DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 2 de outubro de 2023 Páx. 55367

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

EXTRACTO da Orde do 22 de setembro de 2023 pola que se regulan as bases e a convocatoria para o ano 2023 das axudas, en réxime de concorrencia competitiva ás persoas armadoras e non competitiva ás persoas tripulantes, por paralización temporal da actividade percebeira das embarcacións afectadas pola veda temporal dos bancos marisqueiros incluídos no Plan de xestión de percebe desde embarcación da Confraría de Bueu (cofinanciada ao 50 % polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca) (códigos de procedemento PE406C e PE406D).

BDNS (Identif.:): 718627.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das axudas por paralización temporal da actividade percebeira dos bancos marisqueiros incluídos no Plan de xestión de percebe desde embarcación da Confraría de Bueu, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases reguladoras, as persoas que teñan a condición de persoas armadoras e persoas tripulantes dunha embarcación afectada pola paralización temporal da actividade percebeira.

Segundo. Finalidade

Esta orde ten por finalidade compensar os efectos da medida de conservación da veda temporal de extracción do percebe desde embarcación nos bancos marisqueiros incluídos no Plan de xestión de percebe desde embarcación da Confraría de Bueu.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 22 de setembro de 2023 de pola que se regulan as bases e a convocatoria para o ano 2023 das axudas, en réxime de concorrencia competitiva ás persoas armadoras e non competitiva ás persoas tripulantes, por paralización temporal da actividade percebeira das embarcacións afectadas pola veda temporal dos bancos marisqueiros incluídos no Plan de xestión de percebe desde embarcación da Confraría de Bueu (cofinanciada ao 50 % polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca) (códigos de procedemento PE406C e PE406D).

Cuarto. Importe

Para o ano 2023 as axudas concederanse con cargo á seguinte aplicación orzamentaria, que figura dotada no orzamento de gastos da Consellería do Mar para o ano 2023, e o importe total máximo das subvencións que se concedan no dito exercicio orzamentario é o seguinte:

– Aplicación orzamentaria: 15.02.723A.770.0.

– Código de proxecto 2023.00185, para paralización temporal da actividade pesqueira.

– Importe total: 170.000,00 €, segundo as seguintes contías por liña de axuda:

PE406C, axudas pola paralización temporal da actividade percebeira das embarcacións afectadas-persoas armadoras: 107.000 €.

PE406D, axudas pola paralización temporal da actividade percebeira das embarcacións afectadas-persoas tripulantes: 63.000 €.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2023

Silvia Cortiñas Fernández
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar