DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 29 de setembro de 2023 Páx. 55201

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 14 de setembro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica o inicio do prazo de 20 días para a presentación da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto Modificación LAT 66 kV Pontesampaio a Lourizán.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, ignórese o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio notifícase o inicio do prazo para a presentación da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Modificación LAT 66 kV Pontesampaio a Lourizán, dos predios que se detallan no cadro anexo, de acordo co artigo 29 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

Os interesados poderán presentar, no prazo de 20 días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, a folla de valoración en que concreten o valor da indemnización que consideren que lle corresponde pola imposición das servidumes de paso dos predios que figuran na relación.

Vigo, 14 de setembro de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2021/18-4.

Entidade beneficiaria: Ence Energía y Celulosa S.A.

Denominación da instalación: modificación LAT 66 kV Pontesampaio a Lourizán.

Concello: Vilaboa.

Predio

Referencia catastral

Titularidade

40

36058A02700272

Nieves Boullosa Boullosa

45

36058A02700278

Mª Luisa Rodríguez Boullosa

62

36058A02500582

Ermitas Juncal Fernández

76

36058A02400347

Mª del Carmen Pérez Rodríguez

69

36058A02400337

Fernando Rodríguez Prieto e outros